viernes, octubre 09, 2009

O Gurkel gurka

Alberto Núñez Feijóo está desvelándose como un político correoso e teimudo que non se sabe ben a onde pode chegar. Acaba de dicir que lle gustaría saber se hai algún contrato entre as empresas implicadas no caso Gurkel e o goberno bipartito que o precedeu na Xunta. A expresión de tal desexo, na boca de calquera comentarista, non pasaría de ser un recurso máis da polémica, pero que o presidente da Xunta ande especulando sobre materia tan peliaguda non deixa de ser importante.
A ver, a estas alturas, Feijóo ten que saber se houbo ou non eses contratos. En que consistiron e quen os firmou. A máxima autoridade política do goberno galego non debería andar no arre e só destas cousas. Ou hai algo ou non hai nada, e non vale botar pelotas fóra do campo para entreter o graderío. Ou para disimular a lama que pisa o equipo no que xoga.
Aínda así, a súa argucia ten a algo de importancia. Agora tamén me pregunto eu se algunha desas empresas, a construtora Hispánica, por exemplo, non andou en tratos con gobernos municipais e deputacións gobernadas coaligadamente polo PSdeG-PSOE e o BNG. Non vaia ser que o Gurkel ese remate sendo un gurka coa daga posta no pescozo de máis xente que a do PP.

6 comentarios:

Mestre Armeiro dijo...

Non sei que xogo de verbas querería facer co seu titular, pero é caso "Gürtel" (cinturón, correa en alemán). Gurka en sueco é "pepino". E se lle mete un hache polo medio, é un pobo moi guerrilleiro do Nepal que traballou de mercenario para a raíña inglesa e para India.
No tocante ao artigo, véxoo moi tibio, don Perfecto. E con esta xente as medias tintas non sirven. Máis cando negan a maior, como Telmo Martín hoxe en Galicia Confidencial.

Anónimo dijo...

Unha boa contribución para enlamar definitivamente o terreo de xogo

Anónimo dijo...

Hispánica andou, don Perfecto, tamén co bipartito, e tamén está publicado
http://www.anosaterra.org/nova/35489/feixoo-revelara-obras-do-bipartito-con-firmas-do-guumlrtel.html

outroanónimo dijo...

Non se pode ser un lendoiro da vida, andar anegando o campo e logo protestar por ter un lameiro...

Anónimo dijo...

Don Perfecto, sáenlle a vostede admiradores por todos os lados..http://www.vieiros.com/opinions/opinion/991/iste-vaise-aquel-vaise-e

Anónimo dijo...

Peréceme moi ben que teña moitos admiradores pero semella que chegou canso da Bretaña.