viernes, octubre 02, 2009

Tudo bem... para Lula

O soño de Madrid caeu nun dos buratos que abriu Alberto Ruíz Gallardón na capital de España. Lula comeulle as papas a Zapatero. Río de Janeiro meteunos 66 goles contra 32. E non precisamente porque a nosa candidatura xogase o seu mellor partido.
Visto o resultado, hai que analizar algunhas cousas que pasaron. Na miña opinión, a primeira é que non se pode andar polo mundo pedindo esmola. Eu levei as mans á cabeza cando lle escoitei a Samaranch pedirlles aos seus queridos “amigos” do COI que lle fixesen, antes de morrer, o gran favor da súa vida: regalarlle unha Olimpiada a Madrid. Tamén me pareceu extemporáneo o argumento utilizado polo Rei cando utilizou o argumento de que na súa Casa Real hai cinco olímpicos. O raro sería que houbese cinco premios Nobel de Medicina ou de Física, por exemplo.
O que non se pode é andar polo mundo con estas argalladas de andar pola casa. Todo isto pode valer para resolver unhas eleccións de casino de provincias, pero ata pode ser catastrófico cando se quere inducir a vontade dun Comité Olímpico Internacional que xa tivo que suspender a un dos seus membros, o surcoreano Un Yong Kim, por pertender que lle enchera o cazo a multinacional Samsung entregándolle 500.000 dólares para a súa campaña persoal pola que pretendeu presidir o COI.
Cando nin sequera a presencia en Copenhague do presidente da maior potencia do mundo, Barack Obama, acompañado pola súa muller, non valeu para inclinar o vaso cara a súa cidade, ¿podía esperarse que a imploración mendicante de Samaranch ou a actitude aínda ben presumida do monarca español ían facer milagres? O resultado final das votacións di que non.
Gañou Brasil en boa lide, aínda que non me alegro, como é lóxico, polo que significa que perdese España. O país de Lula xa pinta algo máis no mundo actual, seguindo a corrente ascendente que está levando en moitos sentidos.

3 comentarios:

Anxo dijo...

Pois a min madrí "te me la trae al pairo", que queres que che diga. Galiza ten moito máis que gañar coas Olimpiadas en Rio que en Madri. Cando menos, a Galiza que eu quero, non a provincia que queren Feijoo e acólitos.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
reis dijo...

é raro que se repita no continente. Paris retirouse iste ano.
Apresentavase Brazil, como representante de América do sur, nom era Río, é uma vitoria que sintem por primeira vez em América. Pois logo tem vista e nom te presentes.
Espanha tem hoxe moi gasto público e ainda o comprometido cos AVES que faltam, nom sabemos como evoluirá esta crise, parece-me uma temeridade botar-se assim.
Isso de que estam feitas as instalacoes, todo ja feito , nom o creio. Isso de que era a melhor preparada tampouco, e a infantilada de que era a melhor presentaçom, para fazer chorar, como se disso dependera a eleçcom, isso só se da en Espanha.
A cidadania de Chicago e Tokio, nom queriam os jogos pelo gasto que ia significar.
Eiqui disparavase com a pólvora do rei, o dinheiro público, por uma cabezonada, e um luzimento.
Madrid e que mais dinheiro público recive, isso ia repercutir em negativo para os que necesitamos mais inversions.
Grazas a deus que a levou Rió, porque parece-me uma chorrada.
Gosto de que o brasileiro tm perto de nos poida ouvirse no mundo dumas olimpiadas, um bo momento para a lusofonía.