jueves, octubre 01, 2009

A Xunta adxudica contratos abertos sen abrir as ofertas en presenza dos licitadores

Xesús Pérez Varela cabalga de novo. A unha das empresas coas que está relacionado, Plexus, S.L., a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Xunta de Galicia, acaba de adxudicarlle o desenvolvemento e mantemento da súa web por un importe de 138.020 euros, mediante un acto administrativo ao que non foron convocadas as once empresas admitidas ao procedemento aberto de contratación do total das dazoito que se presentaron.
O 11 de agosto de 2009, Ignacio Santos Cidrás, director xerente do Xacobeo 2010, convocou oficialmente esta licitación, mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto, marcando o prezo de adxudicación en 238.960 euros, IVE incluído, e un límite de presentación de ofertas no 8 de setembro. Este mesmo día, asinou unha resolución nomeando presidenta da Mesa de Contratación a Camino Trigueiro, directora de Recursos Humanos e Supervisión da Contratación, e vocais da mesma a Cloria Sallent Roig, en calidade de experta en comunicación; Ana Piñeiro Fuentes, responsábel do departamento de contabilidade, e a Xosé Patiño López. Como scretaria da Mesa designou a Esmeralda Pazo Esparís, responsábel do departamento xurídico.
O martes 29 de setembro reuniuse a Mesa para abrir as ofertas económicas presentadas, sen presenza das empresas licitadoras, que non foron convocadas como marca a normativa vixente e como prometía a propia conovocatoria do concurso no seu apartado 9d: “Comunicaráselle aos licitadores vía Fax, e-mail ou teléfono”. Non deixaron pasar nin 24 horas e no día seguinte, 30 de setembro, procederon a adxudicarlle a contratación a Plexus, S.L., empresa moi coñecida por xirar na órbita de Pérez Varela.
Sen máis comentarios de momento que o de reparar que a recente modificación experimentada pola web do Xacobeo 2010 presenta características similares ás que se estabrecían no prego decondicións da convocatoria. ¿Sería feita xa pola empresa que agora foi beneficiada coa adxudicación ortórgándolle 91,82 puntos sobre un máximo de 100?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Sóname a min que o presidente FeijOO9 vai facer o que Fraga, vender a súa imaxe de integridade e mirar para outro lado, como si non fora a súa responsabilidade coidar de que os de sempre non volvan a meter a man onde non deben.
O Pérez Varela, que nin está nin se lle espera, goberna dendo o seu pazo da Estrada todo un conglomerado empresarial. Esto que don Perfeuto conta non é mais que un exemplo das mañas e maneiras que van guiar as contratacións da nova Xunta.

Anónimo dijo...

Sí, tiene gracia la evaluación técnica de 10 puntos en casi todo mientras que el resto de empresas con proyectos consolidados en la misma plataforma no pasó de 3 puntos.
Querrá decir eso algo?
Lo mejor de todo es que al día siguiente de "adjudicarselo" publican una oferta en infojobs para contratar los perfiles que han ofertado.
Seguro que el portal del Xacobeo nos deparará sorpresas a lo largo del año que viene.
Otro trapicheo más de Plexus.

Anónimo dijo...

Cando o autor do blog di que "sen abrir as oferetas en presenza dos licitadores" entendo eu que debería dicir "sen convocar a apertura de oferta a todolos licitadores". Os membros da mesa non poder ter constancia de que todos os licitadores foron convocados. O anónimo que suscribre sabe de qué fala.

Anónimo dijo...

Xa sabe canto traballou Plexus co bipartito, verdade Sr. Perfeuto?

E coas concellarías nacionalistas do Concello de Vigo?

E canto durante o paso de Carlos Negreira pola Autoridade Portuaria da Coruña?

É verdade iso de que a política fai estraños (e perigosos) compañeiros de viaxe...

Anónimo dijo...

Secundo lo 'dudoso' de este procedimiento. Apuntar, también, que muchas pequeñas empresas fueron excluídas (y otras ni siquiera se presentaron) por poco volumen de negocio y la oferta final es alrededor de un 40% inferior al precio de licitación.

Anónimo dijo...

¡ Un 40% de baja !

Que brutos! ¿Eso no es baja temeraria? ¿alguna otra empresa presupuestó todavía menos?

Una anotación. La web anterior del Xacobeo ya había sido realizada y mantenida por Plexus (eso ponía el meta 'author' en el html), y supongo que la están modificando con Ivar Rekve de asesor, el mismo que les ayudó a redactar el concurso.

A todo esto, supongo que ya la han estado modificando para ir adelantando trabajo antes de resolver el concurso, ya que si esperaban a resolver para empezar solo les quedarían diez días antes de la primera entrega, donde los contenidos principales tienen que estar ya metidos (para el 15 de este mes). Veremos si se cumplen los plazos.

¿Apostamos a que el día 15 no habrá cambio de página?

Antes de resolver el concurso la página ya había mutado a Wordpress (véase el html) lo cual era exigencia de los pliegos.

Sonche cousas de meijas, oes!