miércoles, diciembre 02, 2009

Estalles ben

Sigo sostendo que a manoseada fusión das caixas de aforro é algo que só ten verdadeira importancia para os que agarran a tixola polo mango e o mango tamén, como dicía Moncho Alpuente nas súa famosa Catañuela 70. Aínda así, estou empezando a decatarme de que por fin hai un presidente na Xunta que, polo menos neste caso, errado ou sen ferrar, xa me entenden, está metendo as mans no lume.
Non me estraña, polo tanto, que agora mesmo o seu mellor aliado estea sendo o BNG e non o esvaradizo PSOE que, por non saber, non se sabe se anda por Vigo, A Coruña ou Coirós de Enriba nesta materia. Feijóo ten un plan e parece estar disposto a acometelo por riba do que pensen Méndez na Coruña e Gayoso en Vigo ou Xosé Blanco (e mesmo Rajoy) en Madrid. Por primeira vez, parece haber un executivo galego disposto a romper ou que lle rompan a cara nun tema que considera de importancia vital para o futuro de Galicia.
O que dá mágoa é ver que o que non se está tratando é de reformular o papel das caixas dentro dunha economía galega cada vez máis dependente e fráxil no mundo no que vivimos. É unha asignatura que non souberon ou non quixeron aprobar os do bipartito, e que agora lles toca secundar nunha realidade política protagonizada pola dereita. Se eu fose Touriño ou Quintana, agora estariame caendo a cara de vergonza e o que non me atrevería é a saír á palestra dicindo como hai que facer o que eles non fixeron. Estalles ben.

5 comentarios:

Xaime dijo...

Eu non vou opinar que logo ven o listillo en ponnos a parir

luisnogs dijo...

Eu que nunca votei a dereita, que me considero de esquedas, e que nunca votei o PP, penso que Feijoo está levando ben o tema das fusión das caixas. Alédome que a súa decisión final fora a da fusión entre ambalas dúas galegas, e non cunha foránea. De todolos xeitos opino que aínda que debe manterse a galeguidade das caixas, tamén hai que estudar con rigor a viabilidade da fusión, o seu endeudamento, etc. Non pode ser un tema tratado á lixeira.
Por outra banda, as caixas deberían estar menos politizadas, e con isto non digo que deixen de ser públicas. Pero coido que deberían ser máis independentes, e podemolo ver estes días, nos que Feijoo recalcou que pode presentar un veto ás decisións das caixas no caso de que sigan o seu plan.
Veña, un saúdo!

Vicente Araguas dijo...

"Y además tienen la sartén, la sartén por el mango y el mango también". Pero non se cantaba en Castañuela 70, que risa, e como deron cabo dela os cabuxos dos fachas chimpando octavillas pretendidamente de ultraesquerda. Cantábase na versión do "Tartufo" de Enrique Llovet.
Sígote lendo con cariño admirativo. Agardando un novo encontro. En Xuvia ou n´o Instrumento. Bicos.

Perfecto Conde dijo...

Grazas, Vicente. Tes razón. Era no Tartufo. Lendo a túa puntualización, que che agradezo, recupero ben a memoria daqueles tempos.
Un abrazo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,