sábado, mayo 29, 2010

El llano en llamas de Vicente Araguas


Escribe hoxe Xosé Carlos Caneiro sobre a permanencia de Compostela nun artigo que aparece no suplemento Culturas de La Voz de Galicia. E, tirando do fío, coloca o seguinte párrafo: “Vén Compostela na memoria, e ignoro o motivo, cando o gozo impulsa a lectura de cada relato do novo libro de Vicente Araguas, Xubia-Neda, tan ben escrito que un sabe rapidamente que detrás de cada liña está un dos poetas máis excelsos, de porte diccional anglosaxón (enténdanme os que coñecen a Yeats ou Eliot), que deu a nosa literatura”.
E canta razón ten o novelista de Verín. Hai pouquísimos libros de relatos cos que eu me metera na cama sen durmirme dende a primeira ata derradeira páxina. Xubia-Neda é o último que me produciu ese pracer da lectura. Nas páxinas deste volume hai narracións curtas realmente extraordinarias. Tanto, que había moito tempo que un escritor galego non me regalaba o regusto de lembrarme da primeira vez que lin a Juan Rulfo nas páxinas de El llano en llamas. “Como las vi se las endoso”, escribía daquela o mexicano. E así escribe agora Vicente Araguas.

12 comentarios:

detective crepuscular dijo...

Non pode ser, non dou crédito, ten que ser o cava ou calquer outro líquido "brut" que me sai polas orellas: Alguén que fai referencia a un artigo de Caneiro e non precisamente para falar mal do artigo nen do autor. Vostede é consciente da mensaxe que ven de publicar, Don Perfeuto? Pois saiba que acaba de cometer un dos "pecados" mais noxentos que pode cometer un home: Non falar mal de alguén do que case todo o mundo, por non estendelo á totalidade, fala mal. "Canta razón ten o novelista de Verín". Como? Pero o novelista de Verín ten razón algunha vez? Xa me fixera á idea que non, que nunca tiña razón no que dicía, e ven vostede e afirma que tamén pode ter razón. Incríbel. Síntoo por vostede, Don Perfeuto, porque a partir de agora vai ter que apandar coa culpa de ter referenciado un artigo do de Verín para salvalo da queima e non pólo a feder; nen para chamarlle traidor, mal escritor e inimigo radical do GRAN ESCRITOR NACIONAL GALEGO QUE É O NOSO SIMPÁTICO E PREZADO JAUREGUIZAR. Ese si que é grande escritor, digno de respeito literario, Jaureguizar, quero dicer, que non pode viver sen meterse co de Verín e dicerlle ao mundo inteiro das letras e das artes que el si que sabe escreber e non ese cursi e relambido poeta EBÓRICO que habita nas terras de ÉBORA. E aproveito unha vez mais para dicerlle aos de La Voz de Galicia, se é que anda alguén por aí que poda recoller a queixa, que aquí, a Barcelona, xa hai anos que non chega o suplemento Culturas do sábado. Para unha vez á semana que podía comprar La Voz... Pois nada, despois das referencias de Don Caeiro e Don Perfeuto, haberá que comprar o libro do Araguas, do que non sabía nada e que agora que o penso antonte non vin en Sargadelos. Aínda debe estar quente do forno, digo eu.

Anónimo dijo...

Parabéns a Vicente Araguas polo seu libro. Por certo, quen é ese Sr. Caneiro? Por casualidade, non será o mesmo que a principios deste inverno aparecía nunha reportaxe dun xornal afectado pola Gripe Suína que din en portugués?

Vicente Araguas dijo...

Agradezo inmenso a Don Perfeuto, amigo de sempre, pero intelixente abondo como para distinguir entre libros e afectos, as súas palabras. Así calquera. Mais, de paso, alá vai tamén o meu agradecemento a Caneiro, un dos nosos grandes: home con siso e criterio, o que me fai aprezar con meirande estima o que di de mín. As loanzas, xa saben, de quen veñan. As críticas, por suposto, tamén.

María Inés dijo...

Ten razón Don Perfeuto. "Xuvia-Neda" é un libro-esencia, se cadra tamén esencial. Proba de que o Araguas deu atopado unha mina en canto leva vivido. Tamén de que vai para enriba. O conto agora é que estabilice o voo.

MS dijo...

Pois se don Perefeuto e Caneiro falan ben do libro de relatos de Vicente Araguas, haberá que compralo.

Polo que se ve ten dúas características ben raras de atopar na narrativa galega:
1) está ben escrito: moitos narradores "tropezan" coa lingua e confunden o "showing" co "telling"; 2) é entretido, engancha ao lector. Xa só por iso merece que gastemos os nosos escasos euros.

Luisfoz dijo...

Os meus parabéns a dom Vicente Araguas. Não sabia dessa nova obra sua, como bem diz "os louvores, de quem forem". A Caneiro reconheço-lhe talento literário mas não possui outras virtudes que dom Vicente Araguas sim que tem, em que grau! Pese a crise haverá que fazer um esforcinho monetário.

Tarsicio dijo...

Sempre tiven interés pola obra de Vicente a agardo dar conta pronto desta última. Vicente é un bo escritor, do mellor.
De Caneiro gustame non oilo nin nomear, un pésimo escritor mimado polo Sistema que se convertiu nun insoportabel ególatra carente de ética e de estética. Caiga sobre el o anatema da Terra e o fulmine, non merece outra cousa.

detective crepuscular dijo...

"Caiga sobre el o anatema da Terra e o fulmine, e o lume devore os seus libros e da cinza de tanto esforzo inútil e século da lua e xogo de apócrifos saia a luz que aviveza e vivifique o noso Sistema Literario, tan castigado por loias e lucérnulas ebóricas" (TARSICIO DE JAUREGUIZAR)

Almiral Mouchez dijo...

A miña felicitación ao Sr. Araguas, ao Sr Caneiro e ao Sr Jaureguizar :)

Theo dijo...

Os meus parabéns para Vicente. Xa se me fai longo o tempo para ir mercalo.

Morodo dijo...

Cadro con Perfecto Conde. Estamos diante dun libro excepcional. Relatos como os do "Tríptico do tenente" ou "Unha historia de amor" ou "Os prismáticos" son de antoloxía. É chamativo que Vicente Araguas, aos seus anos, teña acadado esta singular mestría. Ou, talvez, por iso.

Wanda dijo...

¿Pero que é, un libro erótico ou que? Dígoo polo debuxo que abre o post...