domingo, mayo 16, 2010

Novoneira no Xapón

Con toda razón e xustiza estase a celebrar a obra poética e a persona-
lidade de Uxío Novoneira do Courel a Compostela pasando polo Xapón. Hai poucos días, o xaponés Take Asaka falou do autor dos Eidos na Universidade Gakushuuin de Tokío, na que este ano tamén se está levando a cabo un curso sobre “Conecer Galicia”.
Take coñeceu a Novoneira a finais de 1989. Presentounos Cristina Cachafeiro na galería Sargadelos de Santiago e, dende entón, non deixaron de verse nunca cando o xaponés fai a sús anuais visitas a Galicia. Uxío publicou, pouco despois, coa xaponesa Ayako Suguitani, Camelia xaponesa con varios poemas seus, algunha caligrafía e fotografías de Ayako. Un éxito de orientalismo xaponesista.
Na fotografía, tomada na praza da Quintana durante a celebración do Día da Patria Galega do ano 1994, Take Asaka con Uxío Novoneira, Manuel María, Nemesio Barxa, Álvarez Cáccamo e Saleta, hoxe a viúva do poeta da Terra Chá.

2 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Marabilloso, Novoneyra.

Tamén nos deberiamos abrir a fiestra e mirar a montaña polos amigos mortos.

Para que outros fagan o mesmo despois por nós.

Luisfoz dijo...

E não é o mago Antón o que está diante de Cáccamo e de Manuel? Muito bom, como sempre.