jueves, mayo 27, 2010

Tamén será isto sexo escuro?

“No sólo las mujeres son el sexo oscuro”, dixo o deputado do PP Pedro Arias no Parlamento, mirando para a deputada socialista Beatriz Sestayo. A presidenta, Pilar Rojo, non lle deixou seguir e mandou retirar as súas palabras do diario de sesións. Minutos antes,  Arias –antes comunista e agora ultraliberal de Milton Friedman– xa lle dedicara outra frase brillante ao deputado socialista Modesto Pose, dicíndolle que “un médico puede tener unas almohadas fenomenales, unas enfermeras cañón y, sin embargo, puede matar”.
O de que non só as mulleres son o sexo escuro debeulle vir ao deputado do PP dunha mala lectura de Freud. Sobre cores sexuais debería saber el algo. Hai un cuarto de século, cando lideraba con Miguel Cancio un movemento social polo desnudismo en Galicia, Pedro Arias deixábase retratar como está na fotografía para a revista Interviú, que publicou as fotos. O mundo –e, sobre todo, as persoas– cambian unha barbaridade.

14 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Grande skyline da Coruña, cos depósitos de diante.

Anónimo dijo...

O pior é cando trocan os miolos e se venden como putas pola "guita". Ou sexa non deixan de ser uns prostitutos políticos os dous.
Aínda lembro aló polos anos 78 cando Cancio na sede do PCG República do Salvador (non lembro o número)falando con Santiago Álvarez estándo eu ao seu carón, era máis radical que Stalin.
Os miolos e máis a "guita" sempre van da man para estes conversos.
A estos dous os vexo tirados nunha estrada e sigo para diante.

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, seguro que mergullando non seus arquivos vostede atopa imaxes mais agradables que amosar ca distes dous fondóns precoces, agora arribistas de unha ou outra cor. Isto tamén é memoria histórica. Nonsí?

detective crepuscular dijo...

Un que daquela pasaba por diante dos dous corpos bronceados, despendolados, ESCANCIADOS de liberdade:

Que, rapaces, aireando a intimidade, presumindo de pirinoliña, proclamando a nudez dos novos tempos.

O mesmo, vinte e cinco anos despois:

Ben mirado, xa se lles notaba daquela a musculatura ou badalaxe manubrial/neoliberal que logo desenvolverían sen trabas. Apelando á incorrección política, claro está.

mourullo dijo...

Na foto, Bastiagueiro pequeno, primeira praia nudista galega legal. Neses tempos, os populares criticaban a militancia nudista de Pedro Arias.

Alfonso García dijo...

Que o fagan ministro cando entre Rajoy! A carteira xa a ten! (no outro, moito me temo que anda espido por dentro tanto coma por fóra, sobre todo de escrúpulos)

MS dijo...

Na foto de hai vintepico de anos estes dous pollastres despeluxados xa apuntaban maneiras burguesas, eles, tan progresistas e solidarios que eran.

Vexan como vai de maqueado o chorbo da dereita. Entre as lupas General Óptica, o reloxio de marca e a carteira de pel, debeu de gastar nos complementos varios soldos mensuais dos obreiros daquela época. En bólas e ceibes si, pero como Dios manda.

Tamén é curioso que o apirolado da dereita, malia que parece que vai ceibe e despendolado de todo, tape os miolos (é un dicir) cun gorro pra o sol e calce nos pés unhas fanequeiras (escarapoteiras, noutros dialectos), e terme de un paraugas por se ascaso chove.

Descocados e tetiñas si, pero que non lles quiten os accesorios.

Anónimo dijo...

Decateime dunha cousa:
o da dereita é oscuro e de caña estilizada. É ibérico!
O outro xa é máis raza celta.

Anónimo dijo...

O da esquerda antes predicando a Marx e tiña xa o paraugas á man para furar a quen o poñía a caldo pola súa conversión.
O da dereita xa pensaba na carteira ministerial, dando exemplo de como íamos estar de espidos os galegos se el fora Conselleiro ou Ministro.
Menuda fauna nos tocou vivir, a todos estes conversos en xeral, tiñamos que deixalos sós na selva do Amazonas en "puras pelotas".

Dilaida dijo...

A estes dous eu levábaos á Amazonia e deixávaos alí coa indumentaria que teñen na foto.
Hai que ver as voltas que da a vida, no maletín leva os libros de Freud ¿Non si?

Luisfoz dijo...

Ai, estes renegadinhos!
Citação:
"E precisamente o artellamento do nacionalismo co socialismo a base da xusteza histórica e a garantía do caraiter popular do novo nacionalismo galego. Políticamente a asociación nacionalismo-socialismo condicioa dazasivamente as praticas, as estratexias e as alianzas das forzas nacionalistas en virtude dos problemas políticos que impón a situación aitual e que tense que tomar como realidade a transformar"
Assim escrevia Pedro Arias em 1976 (tinha 27 anos); pese às mudanças, a clareza do pensamento e da sua expressão não mudaram nadinha. A cópia é literal e se houver alguém interessado não tem mais que pedir a referência deste parágrafo inserido num texto de umas quarenta páginas tão divertidas como o excerto reproduzido.

detective crepuscular dijo...

Don Perfeuto, non sei vostede pero eu, despois do visto, sucumbín á atracción fatal do espello e caín (que non abel) na vulgaridade da comparanza. Será tamén a miña unha GAITINHA NEOLIBERAL?, non paro de perguntarme desde que lle vin o impúdico exibicionismo aos dous perdularios. Dígolle que desde onte non me deixa acougar a sombra da dúvida. Para min que esta PATÉTRICA parella de gaiteiros oficiais do neocon-servacionismo intereconómico o que busca é que desertemos e que acabemos por aborrecer o progresismo noventaoitista que aínda bule nos nosos miolos a base de falocratismo, falocentrismo e carallocracia (asús!). Pero non o conseguirán, Don Perfeuto. Nós firmes e conscientes. Tanto maletín nen tanto carallo!

Anónimo dijo...

Home espido da esquerda: Ten vostede un cu moi bonito.
Home espido da dereita: Si. Dinmo moito. E non sabe vostede o ben que cheira.
Home espido da esquerda: Permíteme?
Home espido da dereita: Por favor.

O home espido da dereita inclínase levemente e apoia as súas mans nos xeonllos. O home espido da esquerda arrodíllase e achega o seu nariz ao cu do home espido da esquerda.

Home espido da esquerda: ¡Que barbaridade! Énchenseme as fosas nasais de perfumes rosáceos e de licores orientais. Ten vostede o cu máis aromático de todos os que cheirei, e créame que cheirei moitos.

Home espido da dereita: Mentiríalle se lle dixese que non me alaga, pero, a verdade, dixéronmo tantas veces?
Home espido da esquerda: E os peidos?
Home espido da dereita: Ah, non; son nauseabundos. Sucede como con todo: podemos ser moi fermosos exteriormente, pero abertos en canle expelemos un cheiro repelente.
Home espido da esquerda: Moi certo

Nota: Os dous xuntos despiden non só un fedor nauseabundo, senón máis ben putrefacto politicamente.

Anónimo dijo...

de andar en bolas a vestir de Adolfo Dominguezz y pisar moqueta.....Como cambian los tiempos, Venancio, que te parece (Los compadres)