O tempo non para nunca de correr. Despístase un quince días e, cando quere recuperar o fio deste blog, non sabe de que escribir. ¿Da desaparición de Vieiros? ¿Do éxito anualmente repetido polo Día da Patria Galega? ¿Do curriños que estaban os monarcas, ministros, presidente da Xunta, conselleiros e concelleiros na ofrenda ao Apóstol? Hai que ver o ben que lle pode quedar o chaqué a Pepiño Blanco ou a mantilla española á Reina de España. E non digamos como luce a mitra Rouco Varela no medio de tanto esplendor catedralicio.
Cada 25 de xullo, o templo do Apóstol Santiago –¿ou será de Prisciliano?– convértese nunha especie de fogueira das vaidades pola que desfilan santos e pecadores, cristianos vellos e conversos, mesmo algún ateo transfigurado e non poucos petimetres acomodados. Iso si, a plebe ese día fica afastada –ata da praza do Obradoiro– como se alguén quixera mandarlles clientes aos nacionalistas do Bloque para que a súa manifa sempre teña o mesmo número de participantes.
Podería seguir escribindo destas cousas, pero a min o que máis me chamou a atención é o que lle pasou a unha xornalista de El País, andaluza para máis señas, cando un policía nacional lle escoitou preguntar por onde se ía á Pescadería Vella. Un antidisturbio perturbador agarrouna por un brazo e díxolle: “Aquí non hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tú, que eres de fuera, deberías saberlo”. E ata a ameazou berrándolle: “Corre, no vaya a ser que te demos unas hostias”.
Non coñezo de nada a esa xornalista nin sequera sei como se chama, pero tendo en conta o medio para o que traballa non a imaxino como sospeitosa de calquera forma de delincencia e moito menos aínda de constituír un perigo terrorista ou independentista. De todo o que puido pecar é de desinformación por non saber onde está a Pescadería Vella, ignorancia que lle puido custar levar unhas labazadas pagadas polos contribuíntes.
O caso non precisa máis comentarios. Se cadra preguntármonos de que nos sirve ter un xefe superior de Policía que escribe novelas en galego, un delegado do Goberno que fala en galego cos amigos ou un presidente da Xunta que vai á misa á que antes ían os ateos. E logo aínda hai quen di que non temos país. Témolo, pero que pais, Miquelarena, que país.
2 comentarios:
Supoño, que non será difícil para o mando de liña identificar ese axente. Sabendo a hora e o lugar, a periodista ten que presentar denuncia e así por en marcha o mecanismo sancionador para ese jilipollas, con perdón. Ovellas negras hainas en todos os lados, en todo caso non creo que fora galego.
Levamos hai tempo cuns desmáns dos gladiadores, Cataluña,Pais Vasco, Galicia. Son consentidos polos políticos de turno. Estes que cobran dos nosos impostos exercen para que cobremos nós. Non sei a quen están metendo na policía, pero seguro que nas academias non lle enseñan a Constitución. Se estamos a ver e escoitar o que está pasando con estes gladiadores cos cidadáns é de pánico. collen prepotencia e crense capitáns generales, e logo sae un xuíz e di que non ten culpa. Eles o saben e fan os desmáns que lles sae do carallo. Así nos vai. Políticos, Xuíces e toda a parafernalia.
A este elemento lle teñen que quitar u puto uniforme e mandalo a pañar patacas e senón ao paro sen cobralo. Se non se fai isto, mañán danme uns hostias por levar a ourella torcida.
Nin con Franco pasaba isto, mada collóns.
A puta rúa ese maricón de merda, xa estou alporizado, de tanto abuso de autoridade, me cajo en.......
Publicar un comentario