Non me gusta case nada o fútbol e son calquera cousa menos un tifoso, pero confeso que o pasei moi ben vendo como Iniesta foi quen de atravesar o cabo de Fornos navegando no gran barco da selección española capitaneado por Vicente del Bosque, ese magnífico actor que está sempre representando con éxito o papel do comisario Maigret. Paseino ben e celebreino tamén porque Puyol marcara estoutro día aquel gran gol de cabeza e porque onte envolvera o seu corpo de pagès de l’Empordà nunha tremolante senyera á que tamén se agarrou Xavi.
Linlle a algún comentarista francés que os xogadores cataláns e vascos non cantaban senón que asubiaban cada vez que soaba o himno de España, pero eu nunca lles vin facer tal cousa. ¿Ten letra, ademais, o tal himno a pesar de Franco e de José María Pemán? Tamén lle lin a algún gabacho que a final deste campionato mundial de fútbol, en realidade, foi un match a dente partido entre o Barça e o Ajax. Gustaríame ver a cara que poñían estes días Guardiola e Cruiff.
Aínda así, José María Aznar e o seu glorioso partido non puideron evitar a tentación de caeren na españolada plusultriónica de roubar auga para o seu muíño. Pena de políticos e de política. Se cadra merecerían que lles dixeramos que España foi, por fin, campiona do mundo grazas a cataláns e vascos. E a un egrexio andaluz de Camas, por suposto.
7 comentarios:
E manchegos (iniesta), e asturianos, (villa), e canarios (pedrito), etc...
etc... pero galegos non. Ou o polbo Paul era de Vilagarcía?
Perfeutiño, hai que botar a botella lonxe cando che dea por escribir.
Pois galegos desta volta non había, ¿e qué?
Pois non habia galegos polo de sempre, por que aquí ser español non é ter a tua persoalidade e defendela para contribuir ao conxunto con algo diferente e autentico, aqui ser español é adapatarnos ao que nos din dende fora (o idioma de fora, os touros de fora, etc.. que é sempre o mellor, agas o marisco e iso incluso non é merito dos humanos que vivimos aqui), así pois quen non ten orgullo por un mesmo, non ten persoalidade propia e ten tendencia a non facer as suas cousas, senon a que llas fagan.
E non sería porque neste momento non hai xogadores galegos da calidade necesaria?
E iso igual ten que ver coa politica dos clubes e coa cantidade de infraestructuras.
Magnífico paralelismo o que vostede establece, Don Perfeuto, entre Del Bosque e Maigret!
Publicar un comentario