sábado, septiembre 18, 2010

Non lle pidais diñeiro a un banqueiro

Retirouse (só a medias) o director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, e, namais facelo, o primeiro que fixo foi comprar varios billetes de lotería e pronunciar unha frase cargada de sentido: “Non lle pidais diñeiro a un banqueiro”. Parece unha suxestiva metáfora dos tempos que corren.

2 comentarios:

SurOeste dijo...

Que humilde é, e que riquiño, comprando unha ducia de decimiños, a ver se toca algo –coma calquera artesán, obreiro, fregona, oficinista, xornalista, escolante– a ver se toca, polo menos para tapar uns buratiños, que a vida está moi costa arriba. E que miradas deliciadas lle adican os da súa cohorte, que estampa tan tenra, á señora esa vaille dar un, un, un orgasmo (non se pode escribir en letra máis pequena?) de pura empatía co gran home.

Dilaida dijo...

Supoño que para dar exemplo irase co 85%, o mismiño que pretenden embarcar facer caos empregados de a pé (os que en realidade traballaron toda a súa vida).
El e o seu coleguilla de Caixanova son lobos da mesma manada, o Gayoso de presidente aos 76 anos e el de presidente da fundación e os empregados aos 55 para a casa.
¡Viva a sociedade de clases!
Bicos