lunes, septiembre 06, 2010

O derradeiro mohicano

Polo visto, agora veñen intelectuais coma Manuel Rivas, Suso de Toro, Ramón Chao, Ignacio Ramonet e algúns máis salvar os medios de comunicación en galego. Quizais aínda non se decataron do que podían ter feito antes de agora o que nunca fixeron por eses medios e que seguramente xa é tarde para que o fagan. ¿Cantas veces apoiaron, por exemplo, desinteresada e xenerosamente, o desenvolvemento deses medios sen veren neles unha ferramenta máis do cultivo dos seus intereses? É unha pregunta, non é un pronunzamento.
 Na nómina dos defensores do idioma e da cultura galegos empeza a ser hora de dicir que hai moito trigo, pero tamén a palla correspondente a cada cosecha. É unha desgraza que morran medios coma histórica A Nosa Terra ou coma o moderno Vieiros, por non citar outros defuntos, pero se cadra poderiámonos preguntar que fixeron polo sostenemento deses mass media algúns dos que agora se están sumando ao dies irae –que non ao resquiast in pace– da súa morte. Somos un país pequeno e coñecémonos todos de sobra. E unha das sobras que nos sobran é a dos que se apuntan sempre ao dejà vu e non están endexamais no préavi.
Sorpréndense coa mesma razón coa que me sorprendo eu de que o goberno dun parvenu –desculpen que me dea hoxe polo afrancensamento– coma Feijóo lle pete por mexar pola cultura galega e nos pida, ademais, que pensemos que está chovendo, pero quizais tiñan que ter aberto os paraugas antes de agora. Non hai pior molladura ca que nos que nos pilla desprevenidos nin pior resfriado co que nos agarra sen aspirinas nin chimenea na que agochármonos. ¿E que leña aportaron eles para quentar ese lume? Disimulen, pero é un debate que na miña opinión está por facerse.
A culpa de que morran os medios de comunicación auténticamente galegos –A nosa Terra é o derradeiro mohicano– non é só de Feijóo, nin do goberno galego nin do PP. É miña. É vosa. É de todos. Incluídos os que agora asinan ese descargo de conciencia, comprendidos o empresario de éxito Xacinto Rey, os xestores da empresa, os lectores e os anunciantes, é dicir, esa clase media empresarial galega que aínda non se decataou de que é unha sardiña que a penas comenzou a trabar no rabo. Só cando nos decatemos en serio de que isto é así poderemos empezar a pensar en que podemos ter medios de comunicación propiamente nosos. Mentres tanto, o mellor do mellor (miel sobre hojuelas) para Santiago Rey. ¿Que queren que lles diga máis?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobran axustes de contas, porque efectivamente algúns coñecémonos, pero a maioría non. Ou sexa que non nos coñecemos ningún E dos/as que asinan de entrada, a parte de valentes, demonstran que dan a cara. A vida é unha carreira de obstáculos, e todos temos que axudarnos a saltalos.

Liberdade, igualdade e fraternidade!!

E se quere alguén apoiar o manifesto pode facelo en

http://www.osmediosengalegoimportan.com/

Anónimo dijo...

Ten vostede máis razón que un santo. Pero tamén había que pedir os xestores e redactores que podían facer un xornal máis atractivo, pois quitando o dono deste blogue e algunhas firmas máis, o resto eran artigos infumables. Eu que fun accionista e subscritor dende case o comezo, así o vía

Anxo dijo...

O que sobran son cainismos no galeguismo. Non sei a que ven este artigo.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co comentario de Don Perfecto. Para afondar ler http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/a-nosa-terra http://sxg.fesp.org/sxg/inf/index.php?nid=477
e
http://galizalivre.org/?q=noticia/07.09.2010/verdadeira-causa-do-feche-d-nosa-terra

Anónimo dijo...

Non concordo. Eu era lector da edición impresa de ANT e, moito menos, da dixital. Creo que ANT ten a oportunidade de se converter nun medio dixital avanzado, pero penso que a empresa non está preparada para iso. Vive na era analóxica. Vese ben claro no Xornal, que ten unha edición dixital infumable.
Así que ANT non morreu. Está "malita", iso si; pero pode rearmarse.
O que morreu foi Vieiros, vítima dunha política empresarial claramente errada.

Anónimo dijo...

#

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/CIG/anuncia/movilizaciones/cierre/Nosa/Terra/elpepiautgal/20100911elpgal_18/Tes

El sindicato nacionalista CIG ha anunciado movilizaciones por el cierre del semanario A Nosa Terra.

A pesar de que el consejero delegado de la empresa, Afonso Eiré, aseguró la semana pasada que se mantendrían los 28 puestos de trabajo, la central afirma que la dirección “ha presentado un ERE que afecta a la práctica totalidad de los 28 asalariados”. Además, la federación de Química del sindicato, en la que se encuadran los periodistas, denuncian que los trabajadores “sólo reciben información sobre su futuro a través de las entrevistas que Afonso Eiré concede a la prensa”.

Aunque la CIG también critica “el escaso apoyo de la Xunta a los medios que se editan en gallego” -el principal argumento esgrimido por la dirección de la empresa para justificar el cierre-, también señala que ha sido “una mala gestión lo que ha llevado a la actual situación de quiebra económica