Xa o dí ata o xornal máis da corda de
Zapatero,
Público, que hoxe titula a súa primeira a cinco columnas con
esta frase:
“El Gobierno pide calderilla a las rentas altas”. A nova tributación será do 44 por cento para os que cobren máis de 120.000 euros e do 45 por cento para os salarios que pasen de 175.000 euros. Os que gañan 150.000 só pagarán arredor de 25 euros máis ao mes. Como di o dircetor do citado xornal,
Xesús Maraña,
“los ricos temblarán (de risa)”.
4 comentarios:
Patético. Douscentos millons de recaudación en total... O ano que ven. Isto e una ridícula operación cosmética cara a folga. Unha tomadura de pelo. Pero témome que os orzamentos non salen do Congreso sen unha nova subida de impostos para todos nos. A o tempo.
A Zapatero agárdalle un especial Via Crucis. A derrota da Trini e o debate orzamentario sirven para facer unha empanada que se lle vai atragantar. Un dato positivo para o PSOE: xa ten un candidato de recambio, ó Gómez (non lle é tan doado a dereita facer o recambio)
Veu don Perfeuto "el Mundo" de hoxe?: Gómez saudando a Barrionuevo na porta do Ritz, con mención a o PSOE do GAL. Xa se deron conta de quen é o próximo enemigo da directa.
Mecajonoscorrectoresautomáticos.
Eu dubido que Gómez lle gañe a Aguirre, condición imprescindible para que sexa un candidato de recambio do Psoe alá polo 2016.
Todo iso son caralladas.O Zapatóns vai a por os de sempre.
Diñeiro hai a montes para solventar a crise, o que pasa que están os cartos onde non lles meten man, os impostos de patrimonio, as SICAV, a banca (que sigue gañando cartos a moreas).
Pero si está desmantelado o estado de tantas privatizacións, agora calquera goberno está preso ante os tiburóns. Os gobernos gobernan en teoría pero non teñen o poder. A iso seica lle chaman globalización e outras merdas. En resume: os ricos máis ricos e os pobres máis pobres.
A Europa dos mercaderes foi a que fabricaron, deixándoo a Europa social aos pés dos cabalos.
Publicar un comentario