lunes, septiembre 20, 2010

O haiga de Méndez

Ducias e ducias dos traballadores da entidade bancaria resultande da fusión de Caixa Galicia e Caixanova perderán dentro de poco os sus postos de traballo. Tamén o perdeu o ata agora director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, que decidiu xubilarse o 11 desde mes, data na que cumpriu 65 anos. Non son, porén, os dous casos fariña do mesmo fardel.
En realidade, a Méndez non o mandaron para casa como van mandar os que lles van sobrar no cadro de personal da nova caixa de aforros galega. Agora preside a Fundación Caixa Galicia-Claudio Sanmartín, con dereito –entre outras cousas– a ser transportado por un chófer no luxosísimo Audi A8W12-4, que se ve na fotografía, e con vista gorda para aparcar nas zonas prohibidas, como cando viaxa a Santiago e aparca diantre do edificio de Correos (ver a mesma foto).
O tal bólido é o automóvil máis luxoso, grande e potente da famosa marca alemana. Unha berlina de representación propia de xefes de Estado. Doce cilindros con 450 cabalos (6.299 c.c.) de potencia que lle permiten correr a 250 quilómetros por hora sen ningunha dificultade. Iso si, a costa de consumir máis de 15 litros de gasolina cada 100 quilómetros. Se algún dos traballadores que van botar da nova Caixa quere comprar un igual, xa non lle quedan anos para xuntar o prezo mínimo de 130.000 euros que hai que pagar por este coche.
Aínda en época de crise, hai xubilados e xubilados. Parados e parados. Despedidos e despedidos. É o capitalismo da nosa época.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pase o de ir nun coche de 7 estralos, pero o que é inaceptábel de todo punto é que aparque en zona prohibida no centro histórico de Santiago.
Xa se sabe que hai clases, pero pero pero

Carqueixa dijo...

Mire don Perfeuto, os traballadores das duas caixas fusionadas sonlle "operarios de luxo". Sabe vostede dos que van a prexubilar como entraron e o que gañan?
Ningún entrou por igualdade, mérito e capacidade. Sóalle?
Todos enchufados e cobrando uns sueldazos. Teñen 21 pagas e andan próximos aos 3000 eurazos por mes, limpios de polvo e palla. Sempre tiveron créditos a tipos de xuros superbaixos e de remanguille, para vivenda ou para o que fixese falta, incluso para metelos a prazo fixo noutro banco que lle pagaba máis alto os xuros.
Só se queixan de vicio e de que lle van a recortar algo as prebendas.
Que apanden coma apandamos todos.
Por certo, van quedar cunhas pensións ou pagas, ou como lles queira chamar que andarán todos polos 50000 eurazos.
Coñece a alguén que cobre unha pensión igual? Agás, o señor Mendez, e algún que outro político eu non coñezo a ninguén.
Non se apiade de eles que segolle a dicir: son obreros-funcionarios de luxo.
Por certo, os empregados novos xa non gozan de estas prerrogativas, e apretannos ben apretados, coma en todas as empresas

Anónimo dijo...

....E como ese traballadores están ben pagados, o Méndez pode rirse de todos nos.
E iso o que queren dicer os comentaristas que me preceden.?
Nonsi?
Traballadores don mundo uníos. Ou xa non?

Ramiro Cartelle dijo...

E Gayoso que di a todo isto?

Dilaida dijo...

O coche do señor Méndez é máis fermoso co dono, que envexa me dá!, onde se conseguen?
A señora/señor carqueixa que ben se explica. Fala dos traballadores en xeral ou dun en particular que coñece ela/el?. Porque coma en todos lados, hai de todo, pero...
Mellor, cando non se sabe ou se coñecen as cousas a medias é estar calado.
Aquí, neste país, a envexa é o pan noso de cada día. Seguro que terán un retiro máis alto que se fosen peóns de albanel, e non se trata diso, a cada un o seu, trátase do coche do "retirado"/presidente da fundación e os empregados que non teñen opción a traballar ata que lle saia dos o...
E si, eu coñezo xente que non só cobra unha pensión igual, senón moito máis e coa mesma preparación ou moito máis inferior.

Carqueixa dijo...

Para o anónimo e Dilaida.
Veredes, ou me expliquei mal, ou me entendistes mal.
Dígo que todos os que se van a xubilar xon "obreiros-funcionarios de luxo" e van estar cobrando por enriba dos demais mortais; e todos eles entraron enchufados: sen os méritos constitucionais de "igualdade, mérito e capacidade".
Neste país e nesta terra, sempre hai os privilexiados de toda a vida (que por outro lado cren que é a orde natural das cousas)para os que temos que tragar e sacrificarnos os demais.
Por otura banda, tamén todos sabemos quen é o Señor Mendez e o que fixo por os seus vástagos (que saquen a relocir as inversións de Astroc, Martinsa e outras que fixo Corporación Caixa Galicia) e tamén o home dos 78 anos e 48 na Caixa Nova, o Gayoso e a súa prole.
Teñen máis de 21 pagas, xuros especiais para os seus créditos e demais cuchipandas. E xa sabedes todos entraron, todos, repito, por algo moi común nesta terra: ENCHUFISMO.
Saúdos, e sen acritude.