Xa non é só no campo da política social e económica internas senón tamén na súa política exterior e, moi particularmente nas relacións europeas. O presidente do goberno español, Xosé Luis Rodríguez Zapatero, parece cada vez máis un líder en declive que camiña cara o esquecemento total dos principios que inicialmente inspiraron a súa ideoloxía a e a súa forma de gobernar. O apoio practicamente incondicional que onte lle prestou en Bruxelas ao presidente francés, Nicolas Sarkossy, pola expulsión de xitanos rumanos, roza preocupantemente a desvergonza dun gobernante socialista.
Zapatero adoptou unha postura totalmente contraria á que sosteñen os socialistas franceses, que coinciden máis ou menos co que dixo da política de Sarkossy a vicepresidenta da Comisión Europea e presidenta da Comisión de Xustiza, a luxemburguesa Vivianne Reding, sobre a expulsión de xitanos manifestándose preocupada persoalmente “polas circunstancias que dan a impresión de que hai persoas que son expulsadas dun Estado membro xusto porque pertenecen a unha minoría étnica”, e pensando que “Europa non sería nunca máis testemuña deste de tipo situación despois da Segunda Guerra Mundial”.
A dependencia de Zapatero respecto a Sarkossy, a quen lle debe favores non só na política antiterrorista relacionada con Eta, senón tamén no que se refire á súa pertenencia ao G20, por exemplo, é sobradamente coñecida, pero non abonda para comprender o aplauso que lle acaba de dedicar o presidente español a un dos comportamentos institucionais europeos máis preocupantes en suposta xenofobia gobernamental. O líder socialista español colocouse, neste campo, máis preto de Berlusconi e de Sarkossy que de calquera figura do socialismo europeo. Se Xosé María Aznar tivo a súa foto dos Azores, Zapatero xa ten a súa escena de sofá coa dereita europea. Sarkossy busca coa súa polémica política xenófoba roubarlle votos á extrema dereita de Le Pen. ¿Que é o que pensa Zapatero que vai gañar acercándose a ela?
Parece ser que entre o presidente francés e o español hai actualmente unha empatía particular. Se cadra é porque os dous son especialistas en contar a cara das cousas que máis lles conveñen. Un exemplo: Sarkosy dixo o xoves pasado en Bruxelas que falara longamente con Angela Merkel e que a chanceleira alemana lle indicara “a súa vontade de proceder nas próximas semanas á evacuación de campos”. Só poucas horas máis tarde, Berlín deuse presa en difundir unha declaración desmentindo categoricamente ao presidente francés con estas palabras: “A chanceleira Merkel non falou, nin a raíz do Consello Europeo nin en entrevistas á marxe do Consello, co presidente francés Sarkossy de pretendidos campos de xitanos en Alemania, e, en ningún caso, da súa evacuación”.
¿A quen lle está medrando a prominencia da cara, coma Pinocho, en París e en Madrid?
4 comentarios:
Concordo con vostede: Europa, como está dirixida por homes, tamén terá que tropezar varias veces nas mesmas pedras. De Zapatero, coa deriva e desnortada que leva, xa agardamos calquera cousa. Derrota tras derrota ata o afundimento xeral.
Recoméndolle este artigo de Xurxo Ayán sobre os húngaros e os xitanos, onde compara a Sarkozy e Napoleón, dous renegados do arado:
http://galiciaconfidencial.com/nova/6273.html
Este home xa comeza tolear como lle pasou a Ansar.
Está moito máis preto da ultradereita que deses socialdemócratas.
Estes que nos gobernan en Europa son uns putos políticos mediocres. Chamarlles Pinochos a estes tíos/as, case é un "piropo".
Temos que lembrar a Beltor Brecht aquilo das etnias cando os nazis foron a por todas as ideoloxías y ninguén fixo ren para evitalo, cando remataron con todos non había ninguén que axudara aos que rebiraron a vista, xa que despois tamén foron a por eles.
Este Zapatero merece nestes intres todo o que lle poida pasar, por poñer o cu a Obama , a banca e os gobernantes de Europa neoliberais. Aos traballadores que lles den moito.....
¿Onde está a esquerda neste país?. Será que a Pajín e De la Vega son a esquerda lexítima, pois imos apañados. Todos eles seguen anganando cunhas siglas que no as merecen.
A frase de Brecht é en realidade do pastor alemán Martin Niemoller, encarcelado por Hitler.
No te preocupes, que los gitanos de Sarkozy vienen todos para la permisiva España......
Publicar un comentario