miércoles, septiembre 22, 2010

Socialistas de Milton Friedman

Os socialdemócratas españois andan alporizadamente defendendo a reforma laboral imposta por Zapatero dicindo, entre outras trapalladas indignas de recibo, que hai que navegar seguindo o vento do sistema. Algúns, coma o egrexio escritor Perozo, intelectual orgánico onde os haxa, ata chega a confesar que quen goberna non son os gobernantes propiamente ditos senón os poderes fácticos, a banca, as multinacionais, a globalización, etc. Coido que son maneiras de botar a pelota fóra do campo de xogo. Quen firma no BOE non son os presidentes do Santander ou do Bilbao senón o presidente do Goberno, os seus ministros e as súas monequiñas (Frankfurter Allgemeine Zeitung dixit).
Debería caerlles a cara de vergonza á maior parte destes turiferarios se lesen hoxe Le Monde, xonal no que se informa de que Martine Aubry, alcaldesa de Lille e primeira secretaria do Partido Socialista Francés, sostén que a xubilación dos franceses aos 60 anos aínda non está morta. Respecto á nova manifestación contra a reforma que está tratando de impoñer Sarkossy, a de atrasar a xubilación ata os 62 anos, que vai ter lugar o 23 de outubro, Martine Aubry manifestou que chama “a todos para mañá, podemos facer que recúen o presidente da República e o goberno e atopar o camiño dunha República sa, xusta e que prepare o porvir”. Nada que ver coas mensaxes dos autochamados socialistas españois, absolutamente alienados polo seu entreguismo incondicional aos intereses do capital e da globalización dereitizante. Nunca puido soñar Milton Friedman que os herdeiros españois da Segunda Internacional ían rematar sendo os mellores intérpretes das súas ideas.
O liberal conservador Sarkossy confórmase con retrasar a idade de xubilación dende os 60 anos actuais en Francia aos 62. O socialdemócrata Zapatero quere ampliala ata os 67 en España. Empeza un a non entender o que está a pasar. ¿Será o mundo ao revés?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, vostede é un inconformista do carallo. Don Perfeuto, é vostede un tipo pouco fiable. Cando goberna a dereita ponnos a parir... E, se gañan os seus, pouco tempo necesita para empezar a poñelos a caer dun burro. Vostede resulta imprevisible. Non se pode contar con vostede, veña a levar a contraria.
E, inda por riba, atrévese a criticar a intelectualidade orgánica. Esta vostede moi equivocado, o Perozo si é un homo fiable. Sempre defendendo a aqueles que lle garanten o seu papel de asesor áulico desde fai tempo. Sempre cos mesmos. E gañendo o seu salario ainda cando trab
alla gratis (como vostede) para a telepandereta do Correo.

Anónimo dijo...

Pero que carallo di este anónimo das 20:30.
Coido que o que está a falar o Sr. Conde é outra cousa.
Estou de acordo que se poña a cair dun burro a quen se poña por diante se o está facendo mal,sexa de color verde ,amarelo ou bermello.
Entendo que o artigo vai por uns señores que teñen enganados a moita xente dicindo que son de esquerdas e están a facer unha política neoliberal. Entendo que a política que está a facer estes sociolistos é a máis dura contra os traballadores desde hai máis de 30 anos. Entendo que a crise vai ser de moito carallo no ano que ven e "lo que te rondaré morena".
Entendo que o sr. Zapatero hai unhas horas lles puxo o cu en bandexa aos "tiburóns" que crearon a crise.
Entendo que estes socialistos deste país nin sequera son socialdemócratas.
Entendo que irei á Folga Xeral, non porque comulgue moito cos sindicatos, vou por tratar de que os meus descendentes teñan unha vida mellor, como nós a tivemos como herdanza dos nosos pais que a viviron peor e loitaron para que iso acontecera.
Vostede só está a falar de caralladas, intelectualidade, Perozo, Correo, salarios, telepanderetas e outras merdas, isto Sr. anónimo é moi serio.
Fale do que nos ven enriba, ou pensa que non lle vai afectar, a case a toda a cidadanía deste país vai cagar masilla, por culpa deses mercados, tiburóns e sociolistos que claudicaron aos que crearon a crise. Hai outras políticas para resolver o problema de Europa e España, pero como di o Sr. Conde,estes está a adorar aos de Chicago, os Milton Friedman de marras, e seguen coas mesmas mentiras de "refundar o capitalismo".
Voulle contar: o outro día estiven cun exdeputado socialista daquela primeira lexislatura "democrática" e que estivo logo de Eurodeputado, e me dixo algo que quedei perplexo.
"Estes caralláns dos meus compañeiros do goberno están cegos ou non o queren ver, ¿Non se dan conta dunha puta vez que o que está a pasar con esta crise tan aguda desde a Segunda Guerra Mundial, é unha crise do capitalismo, e ante iso hai que correxir o sistema, tanto politicamente como economicamente e que se deixen da paxaradas".
O dixo un socialista curtido en mil batallas.

Anónimo dijo...

Fala o primeiro anónimo: concordo con casi todo o que dí. A situación é moi seria. Pero volvamos a leer o meu comentario entendendo a clave de sorna que contén: os que están a soldo do sistema (os "asesores" do rexime, os intelectuais orgánicos, están dispostos a defender o que teñan que defender porque viven diso). O amigo don Perfeuto ten algún defecto, pero non se lle pode discutir a usa independencia. Iso é o que contén o comentario, pero dito "á galega".

Anónimo dijo...

Sen ánimo de acritude Sr. anónimo 08:20. Agora vou entendendo o seu escrito desde ese punto de vista de "con sorna", pero cando as cousas están tan "fodidas" nestes intres para o conxunto da cidadanía española e por suposto a galega, e vendo o que estes "politicachos" de merda que se din de esquerdas que nos apertaron os parafuxos para cagar masilla, póñome a cento por hora. Quizais paseime un pouquiño con vostede.
E lle digo máis. Non só ese ex-deputado o que falou conmigo desa maneira, senón que tamén díxome que moitos dos seus compañeiros están ata o carallo do Zapatero, a Pajin, e outros caralláns do Goberno, non todos. O malo de todo é que o calan e o levan dentro do seu maxín e falan así coa xente de confianza. e iso para min tamén é unha cousa de hipocresía e de covardes. Sónche así estes socialdemócratas.
Fíxese Vd. a que chega a cultura neste páis que se Belén Esteban presentárase aos comicios, sacaría máis votos que PNV,BNG,ER. hai que foderse a onde nos levou os más media de merda ao servicio deses "mercados" que xa lle fan o vacío a calquera goberno de Europa, xa non pintan nada, están desmantelados e espidos e os xoves lles imposta un puto "pito" a política. Aínda vo é que nos queda París.
Perdoe a miña interpretación de ler a "sorna" con muy mala leite.

Theo dijo...

Sr. Muruais, eu non votei a os presidentes das multinacionais, ni aos putos mercados, ni ao Sr. Botín e Compañía. Eu votei por uns políticos que eu crin que ían a resolver esta desfeita económica que provocaron os mangantes que antes citei.
Cando isto está a suceder algo moi grave falla. Se venderon ou privatizaron o público (empresas moi potables) como algúns bancos e caixas agora non teñen forza calquera Goberno nin para dicir: ¡aquí estou eu o meu goberno!. E os "mercados" e os Botíns de quenda lles contestan:¡e quen carallo sodes vos!. Ala, a mexar ao cortello dos porcos e apertarlle as tuercas aos que vos votaron.
Por iso xa levamos anos que lles meteron o raposo no "galiñeiro moncloano", e remataron coas galiñas, agora están a foder o galiñeiro ata que non queden nis as plumas.
Malditos sexan os Reagan e as Thacher que comezaron a levarnos como carneiros ao raposo.
Que non mintan, que non nos enganen, hai outra política para arraxar ese galiñeiro, facendo outro galiñeiro novo e controlar ao raposo para que non volvan ás andadas.
Co anónimo das 00:45 estou plenamente de acordo.
Ao Sr.Muruais o felicito polo seu artigo, deu co mal que nos vai a roer vivos.
Estou co anónimo que falou aquilo de que, aínda quédanos París.
O da sorna galega do outro anónimo tamén estou de acordo, con algúns matices.

Anónimo dijo...

kobe 9
steph curry shoes
yeezy 350 v2
kyrie shoes
giannis antetokounmpo shoes