miércoles, septiembre 08, 2010

¿Ten a princesa Leticia un pasado escuro?


“De boca en boca, chismes, noticias de farándula. Destapan oscuro pasado de la princesa Letizia”. Así titula a prestixiosa revista colombiana Semana o breve que publica sobre a aparición en España do libro de Isidre Cunill Una republicana en la corte de Juan Carlos I, publicado pola editorial Chronica que dirixe un Rafael Martín Villa que non ten nada que ver co famoso alto cargo de Franco e ex ministro de Adolfo Suárez.
“Problemas con la ley por drogas y un aborto son partes de los secretos más oscuros de Letizia Ortiz, que ahora salen a la luz pública gracias a este libro”, segue dicindo o semanario de Bogotá, que sostén que este libro “podería sacudir a la Casa Real española, por los reveladores relatos sobre la libertina juventud de la princesa”.
Semana engade que “aunque toda Europa está a la espera de que la publicación salga a la venta, se teme que ésta podría ser vetada, como sucedió con el libro de Alonso Guerrero, primer esposo de la futura reina de España”. En principio, de vetada nada. tal como acabo de comprobar, este libro pódese comprar actualmente na web da FNAC por 20 euros máis 6,46 euros de gastos de envío. Outra cousa pode ser que na Casa Real non lles guste nada a aparición deste volume ou que aínda non se decataran de que vai o asunto.
De entrada e á espera de poder lelo pronto, hai varias cousas que me fan pensar que o ruxido do río non debe er porque leve moita auga. Isidre Cunill é un controvertido escritor catalán que é máis coñecido porver o seu nome nos editos xudicias e nas resolucións administrativas que por escribir El Quijote. No 2007, o Xulgado do Social número 23 de Barcelona declarouno insolvente total sobre unha reclamación de cantidade por importe de 10.588,89 euros que lle fixeron Antonio Ribalta Sistero e o Gabinete Xurídico de CC.OO. Un ano despois, en xulio de 2008, a subdelegada do Goberno en Barcelona, Montserrat García Llovera, resolveu negativamente a expedición da licenza de armas de tipo E que solicitara Isidre Cunill. ¿Para que querería unha licenza de armas un escritor de libros escandalosos?
A editorial que lle publica o libro sobre a Princesa de España, Chronica, era ata agora unha perfecta descoñecida aínda que xa tiña publicado outras obras tamén controvertidas, como El nuevo orden mundial, do ultradereitista Manuel Galiana.
En fin, que seguramente non estamos máis que diante dunha serpe de outono, xa que as de verán xa volveron ás súas covachas. Iso si, dará algo que falar seguramente. Segundo o semanario colombiano citado, “el libro que se lanza esta semana, retrata a una Letizia republicana y atea, que probablemente no habría sido nunca bautizada, hecho que podría explicar por qué su primer matriomonio fue sólo una boda civil”. O autor tamén sostén que a Princesa lévase a matar co seu sogro, o Rei de España, e que exerce unha enorme influenza sobre o seu home.

1 comentario:

SurOeste dijo...

Fascinante! O historial xinecolóxico de Leticia Ortiz e mais outros díxomes-díxomes por só 20 eurazos! As cesáreas xa nolas explicou LVG con todo luxo de detalles cando estaba no paritorio: unha auténtica clase maxistral de coñecemento do medio en castellano.

Oh! Ah!

Encántame a intelixente dedución de que casou polo civil porque a pobre non foi bautizada polos seus diabólicos proxenitores.

Sería interesante saber se tampouco lle furaron as orellas no momento de nacer. Nese caso si que xa non tería para onde ir. Estaría maldita por triplicado.