lunes, septiembre 27, 2010

Todos á folga

A piques de iniciar unha das miñas desexadas outonías na Bretaña francesa, pedín vez nun concesionario de coches en Santiago para que me revisen o sistema de calefacción do meu automóvil. Isto sucedeu a semana pasada, e déronme cita para o mércores 29 de setembro. Hoxe pola mañá chamáronme para mudarme a quenda. “Non imos poder atendelo o mércores porque é día de folga”, dixéronme a modo de xustificación.
Non faltaba máis. Alegreime enormemente. É un bo síntoma. Algo está a moverse nesta España que empezaron a podrecer Zapatero e o capitalismo salvaxe. Nunca coma agora foi tan necesario que vaiamos ás barricadas e aos parapetos contra unha reforma laboral e social perpetrada contra aos traballadores por unha socialdemocracia que goberna só para os ricos e para os explotadores. Ou sexa, para os de sempre. E coma sempre.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben dito, don Perfeuto, e non se preocupe que na Bretaña ainda non fará frío en outubro. Outro no seu lugar protestaría (podería ese outro aplicarse aquelo de "ande eu quente...".).
En calqueira caso non deixe de pensar mal: o día da folga vaia vostede polo seu taller, o pior os atopa traballando e o da folga foi so unha disculpa. Ou non, que diría Marianito.

Anónimo dijo...

Muruais, diga vostede algunha cousa das eleccións en Venezuela, fale do seu amigo Chávez. Para movilizalo e coñocendoo como o coñezo, entresácolle unhas liñas da web de "El Pais":
""" La llamativa diferencia entre esa cantidad de votos -el 52%- y el número de diputados conseguido -sólo 64 de los 165 en disputa- pone además en entredicho la forma de gobernar de Chávez. El presidente redistribuyó el censo de tal forma que las demarcaciones donde más adeptos tiene aportan más diputados al Congreso. """

Anónimo dijo...

Muruais, diga vostede algunha cousa das eleccións en Venezuela, fale do seu amigo Chávez. Para movilizalo e coñocendoo como o coñezo, entresácolle unhas liñas da web de "El Pais":
""" La llamativa diferencia entre esa cantidad de votos -el 52%- y el número de diputados conseguido -sólo 64 de los 165 en disputa- pone además en entredicho la forma de gobernar de Chávez. El presidente redistribuyó el censo de tal forma que las demarcaciones donde más adeptos tiene aportan más diputados al Congreso. """

Anónimo dijo...

A este ultimo anónimo, que se preocupe da democracia deste país no que vive que está polo chan. Cre vostede que é máis perfecta esta que temos neste puto país, que a de Venezuela. Como é posible que un partido comò IU que teñen un millón de votos e teña un diputado. Porque se negan revisar a Lei Electoral estes do bipartidismo.Esta democracia é unha mentira borbónica desde a transición. Deixese de caralladas de Venezuela que están os falsimedia a facer comparacións dos votos, cando eses partidos de dereitas e de extrema non se presentaron nas anteriores eleccións.
Limítase Vd. a falar do contenido do post e non mesture fabas con fariña. Deixe a Venezuela no alén, e fale do que está a sucedernos nesta España das mentiras e da podredume. Non seda conta que estamos nuns momentos de perda democrática se non nos movilizamos, que quedaremos a merced do neoliberalismo e a eses "mercados" e tiburóns ninguén os votou. ¿Esa é a democracia que Vd. quere?. Pois que lle aproveite moito e que non se empache.

Anónimo dijo...

Que carallán o último anónimo. Por criticar aquella seudo democracia non teño que estar dando por boa ista seudo democracia nosa na que tanto os partidos coma os políticos teñen perdida a consideración do Pobo, e desde logo non van a a topar en min un defensor.
Vostede é un borde manipulador. Se lle gosta tanto aquelo vaia para allá e á volta xa me conta,