Un lapsus teno calquera. Mesmo se se é ex ministra de Xustiza e eurodeputada francesa, pero o que acaba de cometer Rachida Dati, falando en Canal+ de Francia, é dos que erguen o sorriso ata as orellas. Tratando de expresar as súas ideas sobre unha hipotética "rendabilidade financeira excesiva" das empresas, referiuse a "cando se pide un 20 ou un 25 por cento cunha felación case nula".
Parece ser que quixo dicir "cunha inflación case nula". ¿En que estaría pensando? Non sería en José María Aznar, co que foi relacionada sentimentalmente algunha vez, ata o punto de dicirse que podía ser o pai do seu fillo. O caso é que a faelatio de Rachida Dati está dando moito que falar, e non só en París.
Premer aquí para ver o video.
1 comentario:
Non comprende nada, don Perfeuto: é normal o erro, felación e inflación son termos relacionados, é evidente que o primeiro leva irremediablemente o segundo. Iso e o normal en xente normal. A vostede lle sorprende porque o que lle pasa é que é un pervertido, pensando sempre no de sempre... na economía.
Publicar un comentario