lunes, junio 15, 2015

O humor dun tal Guillermo Zapata


Con razón ou sen ela, o tal Guillermo Zapata, flamboyant concelleiro de Cultura do Concello de Madrid, tardou dous escasos segundos en converterse nun auténtico cadáver político grazas exclusivamente ao que pobabelmente non foi máis ca un exasperante sarabullo xuvenil. Estalle ben por confundirse de profesión. O seu debería ser o oficio de humorista de Charlie Hebdo ou polo menos de El Jueves e non concelleiro de Madrid e, menos aínda, ocuparse de administrar a cultura dos habitantes da capital do Estado.
Se por un lado hai que defender –e eu deféndoa, dende logo– a súa sacrosanta liberdade de expresión como cidadán independente, por outro hai que esixir que dimita ou que sexa imediatamente cesado do cargo público ao que accedeu mediante elección directa, unha vez que se deron a coñecer as súas veleidades de pouco e mal inspirado humorista da crueldade.
Anda que ser quen de atoparlle humor a dicir que a única maneira de que collan 5.000 xudeus nun Seat 600 é meténdoos no cinceiro pode facerlle algunha graza a un suposto desalmado coma el e ata se cadra non pasa dun mal chiste, cando se emite no ámbito privado, pero cando se difunde publicamente –a través de Twiter– por alguén que aspira e acepta desempeñar un cargo público a trécola adquire suma gravidade, e non digo eu que se trare de establecermos unha corrección política de cartón pedra senón de depurarmos, aínda que sexa minimamente polo menos, o exercizo eticamente democrático do mundo que nos toca vivir. Por iso ten Manuela Carmena a obriga de cesar a Guillermo Zapata no caso de que el non remate tendo a decencia política de dimitir. A rexeneración que nos prometeron os agora gobernantes da nova España que está a agromar esixe este exercizo de profilaxe e moito máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

deberias ler algo do que escribe o acusado, e se cadra tentar falar con él. De seguro entenderías o que intentou dicir e o que non dixo.

Anónimo dijo...

Aos conselheiros nonos cesa ninguén, é un cargo persoal e tenhen que dimitir, se non lles da a ganha de facelo hai que roelos durante toda a lexislatura.

Anónimo dijo...

concelheiros.

Anónimo dijo...

Vale, listo, vale. Xa sabemos que, como concelleiros, non os pode cesar a alcaldesa, pero si como delegados do que sexa. Neste caso, concelleiro de Cultura, cargo que lle chimpou Manuela Carmena ao tal Zapata. Estamos?