miércoles, abril 02, 2008

Na Administración aínda hai quen traballa amabelmente


Hai algún día na vida dunha persoa que significa inmensamente máis co resto da súa existencia. Por exemplo e para min, o de hoxe. Tocoume ir á Seguridade Social iniciar os trámitres para a miña xubilación que, se San Pedro Fiz –santo milagreiro da miña terra– me axuda, será o próximo 13 de deste mes.
Hai varias semanas xa fun a outra oficina do mesmo organismo administrativo e, daquela, tiven a mesma sensación ca de hoxe. Aínda quedan algúns departamentos da administración pública nos que o contribuínte se pode atopar con funcionarios –no meu caso, funcionarias– que, ademais de seren eficaces, resultan atentos e garimosos co público ao que lle deben o seu traballo. Refírome, para que o lector saiba de que falo, tanto aos funcionarios que traballan na rúa de San Pedro de Mezonzo de Santiago como aos que prestan os seus servizos na Azabachería da mesma cidade. Como podía referirme, con igual consideración positiva, aos franceses que traballan na Caise Regionale d’Assurance Vieillesse D’Alsace-Moselle, que tamén depende deles a miña xubilación.
Tanto uns coma outros, polo menos no meu caso, están a demostrar que aínda hai xente nas administracións públicas europeas que están ao que deben estar, é dicir, a resolver os problemas da xente e non a perder o tempo en lerias e pamplinas de aquí e de aló. Dá gusto chegar onda eles e comprobar que non só saben do que vai a vaina senón que están dispostos a porse a traballar coa vista posta na resolución dos problemas. Na miña opinión, isto é xustamente o que debería ser a administración pública: eficacia e amabilidade.
Non sei se o meu caso ten algo de especial, cousa que dubido, pero en 65 danos de administrado –pagando impostos, pondo ao día as miñas obrigacións cidadáns de saldar multas, renovar documentos, solicitar atencións médicas ou asistenciais, etc.– nunca observei un grado tan alto de atención e de eficacia como o que agora estou recibindo na tramitación do meu paso do mundo laboral ao limbo do xúbilo. Dirá alguén que esta etapa da vida dunha persoa está doadamente protocolarizada e que non ten ningún segredo a súa resolución. Tampouco debería telo a resolución dun contencioso calquera no Concello de Ames, poño por caso, ou que sei eu que outro exemplo podería poñer, pero que diferenza hai entre unha cousa e a outra na realidade “real”.
Outra cousa máis difícil vai ser enfrontar a “realidade” real da vida dun xubilado. Pero xa llelo irei contando. De momento, chapeau aos que traballan no Ministerio que se encarga das xubilacións. Que supoño que será o da Mocidade.

12 comentarios:

Perfecto Conde dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Son funcionario dese Ministerio da "Mocidade" ao que vostede se refire, e non sabe que alegría me dá ler un comentario como o que acaba de publicar sobre nós. Non sei o que pasa nos demais sitios da Administración, pero pode estar seguro de que na Seguridade Social esmerámonos, efectivamente, en sermos "eficaes e amábeis". Non é por mérito propio, é porque nos pagan para sermos así. Thanks very much!

Anónimo dijo...

Como se aos demais lles pagasen para ler o xornal, que é o que fan en moitos casos. De todos os xeitos, vostedes, na Seguridade Social, tamén son igual de eficaces e de amábeis cando teñen esas listas de espera quilométricas para entrar na asistencia sanitaria? Menos lobos, Caperucita.

Hildegard Canido dijo...

Xa vexo, señor Conde, que vostede coa Seguridade Social mantén "un extraordinario clima de interpenetración". Igualiño co presidente da Xunta. Teña cuidado cos virus.

Anónimo dijo...

Ouva, Conde, mais vostede nnn estaba xa xubilado desde que deixou de traballar en Interviú? Como pasa o tempo.

non se acaba o mundo dijo...

Xubilado e feito aínda un chaval! Parabéns, don Perfeuto, pola súa nova vida.

Luis de Góndola e Parrote dijo...

Vaia hó! Así que se xubila Matusalén? Ou é vostede Santa Teresa? Porque Cacique non me parece. Se cadra ten algo de Havana vello. Ou de Flor de Caña. Deixémol conto.
O caso é que non sei se agora vai haber moito quen lle busque cinco pés ao gato. Non quero facer o epitafio da súa xeira profesional, pero unha voz libre coma súa non debía xubilarse nunca. Que pasa? Os seus amigos nacionatas d'ANT non lle ofreceron seguir traballando até os 70? Non se preocupe, pior para eles e para seu extraordinarísimo semanario.
Supoño –e desexo– que vostede seguirá escribindo polo menos os seus Croques. Pois, hala, agora que non lle debe nada a ninguén, a dar estopa a todo Deus. Se vostede quere, non se ha aburrir moito.

Anónimo dijo...

Este tipo de comentarios son sempre oportunos pero tamén case sempre están referidos aos funcionarios. A mala fama dese corpo precedeo. Mais resulta que con outros grupos de traballadores os comentarios e opinións resplandecen pola súa ausencia. Vexamos. Os xornalistas, que non son precisamente uns santos, ademáis de estaren vendidos a un empresa que lles paga, manipulan as noticias, manipulan a información e dan gato por lebre breva, ou sexa, opinión revestida de información prexuntamente obxectiva. Esta opinión non é habitual nos medios, nas tertulias, etc., e tampouco sería ben aceptada polos mesmos xornalistas. Agora ben, eu atopei algunha vez a un xornalista na redación de "La Coz de Galicia" e na de "El Aporreo Gallego" que era amable, simpático, divertido, invitoume a un pitillo e todo, e logo publicou a noticia un chisco manipulada. É o habitual?. É habitual que sexan simpáticos?. Manipulan todos?.
Pois cando resposten a este tipo de inquéritos apliquen o conto á Función Pública. Ah, por certo, se a persoa que ostenta a categoría de funcionario non lles atende ben pídanlle o seu número de funcionario e redacten unha escrita de queicxa dirixida ao xefe de servizo.
Están no seu dereito. E ao funcionario pode caerlle o pelo.
Proben a fecelo na redación dos xornais. Proben.

Perfecto Conde dijo...

Non algo senón moita razón é a que ten o Anónimo que acaba de intervir. Nin somos santos os xornalistas nin, moito menos aínda, nos deixamos someter debidamente á crítica fonda dos nosos "consumidores". Aquilo de que o can non come carne de can aínda é una práctica "gastronómica" nosa demasiado extendida. Persoalmente son partidario de que o labor dos xornalistas debería ser non tanto senón máis criticado co de calquera outra profesión ou oficio.
Penso tamén que non é verdade que esteamos libres de todo control ou de toda crítica. O Anónimo ao que me refiro debería ter en conta que os xornalistas somos obxecto dunha crítica case suprema que é a dos nosos lectores que, se non lles gusta o que publicamos deixan de lernos e/ou cambian de publicación. Un lector de xornais pode pasar de "El País" a "El Mundo" e deste ao "ABC" (poño exemplos españois porque poñelos galegos resúltame menos expresivo, xa que a min parécenme demasiado iguais os xornais autóctonos). Pola contra, eu non podo cambiar de funcionario para que atenda o proceso burocrático da miña xubilación. Quizais este determinismo administrativo conleva o estado crítico que caracteriza a función pública con razón.
En fin, que só digo isto como unha aportación máis ás interesantes reflexións que fixo Anónimo e coas que, fudamentalmente, estou de acordo.

Anónimo dijo...

Son aqueladas as opiníóns do director do blog. Nen él nen ninguén pode cambiar de funcionario ou cambiar ao funcionario que lle toca. Iso resulta desesperante en ocasións mais hai solucións cando un traballador da Función Pública non actúa corretamente. Xa enumerei unha.
Resulta algo menos veraz a afirmación de que o consumidor final de prensa escrita ou de información xornalística pode cambiar de xornal ou de fonte de información. Total, pa qué, se a información ven regurxitada por grandes grupos e grandes canles. A opinión xornalística é case o único que paga a pena da información xornalística e nese terreo pode un brincar dun xornal a outro sen que mereza o cualificativo de "chaquetero". O perigoso, penso, o realmente perigoso é chuparse cada día a dose regulamentar de información e opinión de xeito lineal: toca o despertador, prenda a radio e sae a Cadena Ser; sae un de casa é troca un euro por un exemplar de El País; de noite, afociñado diante da tele para ver o informativo de Iñaki de Calcuta e para rematar salpimentemos o día con Ángels Barceló. Demasiado, eh?.
E todo isto a conto de qué?. Pois da Función Pública, caro director.
A ver se logra coller de novo o fío, que xa me perdín.

Perfecto Conde dijo...

Non se perdeu vostede nada, non señor. Vese que ten as ideas moi claras sobre o que acontece ao seu redor. Volvo a dicirlle que estou no fundamental de acordo con vostede. Eu non podo negarlle con argumentos consistentes a regurxitación diaria que exercitan os grandes grupos e grandes canles mediáticos. Lamentabelmente, esa é outra das grandes consecuencias uniformizadoras e castrantes da mondialización capitalista. Un centro de Carrefour é igual en Bertamiráns (A Coruña) que en Sérémange (La Moselle, Francia) ou que en Mariquita (Colombia), e un xornal ou unha canle de televisión, demaisado semellantes a outros de Bogotá, París ou Lisboa. Aínda así, sigo disposto a soster que o mundo da comunicación, como un produto máis do mundo no que vivimos, é unha leira na que se cultiva o exercicio da liberdade e da crítica máis ca noutros ámbitos do capitalismo. Non vou caer no tópico de que a prensa, a radio, a televisión, a internet, etc. nos fan libres, pero contribúen moito a que o ar que respiramos sexa algo menos abafante. Ou Non?
Seguiría intercambiando ideas con vostede todo o día, pero agora mesmo salio para Vigo, onde teño que comer outra vez co máis grande espallador de ideas que aínda temos vivo en Galicia, o venerábel Paco del Riego. Estarei de volta pola noite e, se cadra, aínda podemos continuar a leria.
Saúdos.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,