viernes, abril 04, 2008

O galego, a Cope e a Garda Civil


A cadena de radio Cope, esa que depende dos bispos e interpreta a España ultramontana e reaccionaria que se empeña en seguir nos tempos de Luis Candelas, representada por avogados que non se atreven a sacar os seus nomes nos xornais, acusa a xuíza compostelá Ana López-Suevos de “sectarismo e partidismo” por emitir en galego unha sentenza que lles é desfavorábel.
Que a emisora na que predican profetas tan ígnaros da realidade española coma Federico Jiménez Losantos, César Vidal, Alberto Recarte ou Pío Moa reparta diplomas de “sectarismo e partidismo” resulta francamente chocante (o advervio que acabo de utilizar xa saben que raíz ten neste caso). Pero o que choca máis aínda é o motivo polo que a Cope se puxo a repartir hostias consagradas co marchamo desa especialidade tan súa que é, precisamente, o sectarismo e mailo partidismo máis incendiarios e badocos.
Resulta que a Cope arremetu contra a maxistrada López-Suevos, por certo, filla daquel catedrático da Universidade de Santiago que tanto protagonismo tivo na época das catacumbas do actual nacionalismo galego e descendente ela mesma, polo tanto, da rama familiar dun egrexio falanxista que protagonizou non poucos episodios chocantes do franquismo, a Cope arreoulle digo a esta xuíza do Social por ter sentenciado –en idioma galego, ademais– que unha das súas empregadas foi improcedentemente despedida do seu posto de traballo en Santiago por emparellar cunha muller e por ser militante do BNG.
De entrada, a min o que me parece é que a quen tiña que despedir a Cope é ao seu xefe de persoal, eses que agora se fan chamar directores de recursos humáns. Como se os humáns fósemos un mero trámite e os trámites puidesen andar a dous pés. E a el, cunha carta de despido escrita en sánscrito para que molara. Porque anda que deixar que se lle colara entre os seus “recursos” unha lesbiana separatista, xa é de libro. Nunha empresa coma dos bispos de Rouco Varela… Por la señal de la cruz, amén.
E logo hai que ver o lizgairos que andan estes avogados da Cope na práctica auténtica do concepto de recurso. Durante todo o proceso xudicial non lles importou que a xuíza e a parte demandante falasen e escribisen en galego, nin lles ía importar un pito que ese fose o idioma da sentenza se lles resultase favorábel, pero, hostias Pedrín, como se “arrechan” –este verbo ensinouno un amiga caraqueña que me trae botellas de Santa Isabel, un excelente ron que lles recomendo aos bispos e aos avogados da Cope para que lles vaia sendo máis dixeríbel o idioma de Castelao e de monseñor Arauxo Iglesias– por recibir da xuíza unha sentenza en contra. Nin sequera discuten o feito sentenciado de que botaron da emisora unha traballadora por mor das súas ideas políticas e das súas perferenias sexuais e amorosas. Non, o que poñen en solfa é que a xuíza fala e sentencia en galego. Nin o cardeal Herrera se atrevería a tanto co cura agrarista Basilio Álvarez.
E iso que xa non teñen a Aznar para dicirlles que “España va bien”. Vai ben fodida con bispos e avogados así, e con gardas civís que empregan o diñeiro dos contribuíntes en fichar os que levan o GZ nos seus carros, en perseguir clínicas abortivas ou pasando polo forro dos uniformes as ordes que recibiron de varios maxistrados (Sobre isto último léase o que publica hoxe El País).

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Oia pa aí, don Perfeuto. Vostede ás veces escribe pensando que todos sabemos do que fala. Quen carallo son ese catedrático das catacumbas e ese egrexio falanxista de Franco? Debería explicarse mellor. Xa somos moitos os que temos unha época da nosa historia, por recente que sexa, da que non temos puta idea. Seguramente, ademais, que nin falta que nos fai.

non se acaba o mundo dijo...

Que se fodan os da COPE!
Ben pola maxistrada!

Aclárolle eu os datos ao anónimo. Ese catedrático (daquela aínda non o era) é Ramón López-Suevos (altísimo conorel da UPG entre o 76-80), fillo a súa vez do líder falanxista de mesmo apelido, cuxo nome agora non lembro.

É así, don Perfeuto?

Perfecto Conde dijo...

Fillo non era, non. E o falanxista cahamabase Jesús Suevos.

non se acaba o mundo dijo...

Ten razón. Mais cal é o parentesco? Avó, tío,...?

non se acaba o mundo dijo...

Sería todo un detalle de cortesía pola súa parte, don Perfeuto, que contestase a miña pregunta. Creo que o merezo como intervinte habitual do seu blog. Se non son do seu agrado pode indicarmo e non volverei.

non se acaba o mundo dijo...

Por certo que Basilio Álvarez nunca falaba en galego. Mesmo aos campesiños, sempre lles falaba en castelán.

Perfecto Conde dijo...

Meu caro Le monde ne se finit pas:
Non lle respondín a súa pregunta pola sinxela razón de que non sei exactamente cal é o parentesco aludido. Sei que existe, pero non en que grado. Polo demais, estou contentísimo de telo de contertulio habitual e magoaríame comprobar que nos abandona. É moi libre de facelo, pero gustaríame enormemente que seguise aportando as súas ideas e o seu carácter sempre acaído á alegría de vivir.
Reciba os meus cumprimentos.

Anónimo dijo...

Suevos, fue Director General de Cinematografía y Teniente de Alcalde de Madrid en la época del General Franco Bahamonde

Hildegard Canido dijo...

Habería que facer un repaso dos descedentes de franquistas, falanxistas, golpistas, etc. que agora son honorábeis cidadáns con alto cargo na denocracia e na corrección polñitica. Seguramente resultase unha nómina porreira.

Luis de Góndola e Parrote dijo...

Propoño que lle encarguen esa nómina a Paco Rodríguez. Asi podería soslaiar que el tamén é fillo de militar da época de Franco.

Le monde ne se finit pas dijo...

Grazas, don Perfeuto, polas súas cariñosas palabras. Pero xa que é un xornalista de raza, podería tratar de averiguar o grao de parentesco. Eu llo agradecería.

Un saúdo.

P.S:: En homenaxe súa, a partir de agora vou poñer o meu alcume en francés, que queda máis chic.

Anónimo dijo...

Vivía en el madrileño barrio de Arguelles......

Anónimo dijo...

José Antonio Zarzalejos Nieto, Javier Zarzalejos Nieto y Charo Zarzalejos, hijos de JOSE ANTONIO ZARZALEJOS ALTARES ((Vocal de Ética Periodística del Ministerio de Información y Turismo; Director General de Seguridad Adjunto; Gobernador Civil de Vizcaya)

Anónimo dijo...

El bilbaíno Sr. ZARZALEJOS ALTARES, Vocal del Consejo General del Poder Judicial encargado de los temas de Galicia en los años 90 del siglo pasado.......

Anónimo dijo...

Alberto fue abogado del jefe de escoltas del fundador de Godsa, antiguo escolta extraditado recientemente a Argentina

Anónimo dijo...

Alberto? Que Alberto? Pareces un falanxista falando de José Antonio. Ese Alberto terá apelidos.

Anónimo dijo...

Alberto, el de "Ambiciones"........

Anónimo dijo...

causa general 2008

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,