miércoles, abril 30, 2008

Rosalía, cantada no Xapón


Onte, 29 de abril, no Kammerssal Hall de Toquio, a soprano xaponesa Haga Miho, acompañada ao piano por Nishikawa Rica, interpretou tres cancións compostas por Antón García Abril cos poemas de Rosalía de Castro “Cando vos oio tocar”, “Todo é silencio” e “Coita”, nun concerto que axudou a que se fixera o galeguista xaponés Take Asaka.
A cantante Haga Miho estudiou ópera en Milán e asistíu aos cursos de Música en Compostela, onde coñeceu o compositor español Antón García Abril. Os versos de Rosalía, cantados por ela con música de García Abril e piano de Nishikawa Rica, recibiron unha grande ovación na súa primeira interpretación en Xapón. O próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, este mesmo recital terá lugar na cidade xaponesa de Yokohama.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vostede, señor Conde, será todo o españoleiro que din de vostede que é os da UPG, pero ben que se ocupa de salientar cada noticia particular que se produce encol da cultura galega. Siga por aí e agradeceremosllo os galeguistas que aínda ficamos independentes.