martes, noviembre 11, 2008

Mercedes Sosa e a presidenta arxentina

Está vivindo Arxentina un momento álxido no que probábelmente se debaten importantísimos temas que van afectar o seu futuro. Un deles é a política socializadora emprendida pola presidenta Cristina Fernández, que aquí seguen empeñados -os medios de comunicación sobre todo- en chamarlle de Kirchner. Xunto á resaca que está deixando o proxecto de incautar os fondos privados de pensións (AFJP), a cada vez máis indisimulada intención de recuperar algunha das importantísimas empresas arxentinas que pasaron a mans estranxeirasas durante o ignominioso período gubernamental de Menem, está pondo mal dos nervios a empresarios coma o español Marsans.
A Cristina Fernández, unha avogada de ideas inspiradas polo peronismo de esquerda que nunca ocultou, acusábaselle de entremeterse demasiado na política arxentina durante o tempo que foi presidente o seu home, Néstor Kirchner. Curiosamente esa mesma cantiga cántana agora determinados medios europeos e norteamericanos que case chegan a presentar a actual presidenta dos arxentinos coma un xoguete a punto de romperse do kirchnerismo. Un deses medios é o español El País, no que a súa recén incorporada nova correspondente en Buenos Aires, a veterana xornalista Soledad Gallego-Díaz, acaba de publicar unha crónica, o pasado día 9, que parece certamente inspirada nas interpretacións que reiteradamente ven publicando o semanario bonarense Noticias, editado polo polémico Grupo Perfil de Jorge Fontevecchia, que no seu día non lle fixo ningún asco ás ditaduras militares de Galtieri, Massera e compañía.
Seguramente hai algunhas circunstancias que axudan a entender esa inspiración xornalística. Perfil é agora o novo partner do diario da familia Polanco, que ten en Buenos Aires a empresa local Diario El País de Argentina, S.A. e que imprime nos obradoiros de Perfil a súa edición arxentina.
Precisamente estes días está viva en Buenos Aires unha polémica desencadeada polo semanario Noticias por ter acusado a figuras importanísimas da vida pública local como Mercedes Sosa, León Gieco, Teresa Parodi e Adriana Varela, entre outras, de "venderse" ao kirchnerismo polo prato de lentellas de ter sufragado o goberno arxentino a súa participación na recente celebración da auga que houbo en Zaragoza (España). Realmente o semanario de Perfil non aportou probas convincentes de tal "venta" senón que se limitou a practicar unha nada disimulada manipulación da realidade que rapidamente foi contestada por un escrito que fixeron público un nutrido grupo de prstixiosos intelectuais, artistas, xornalistas, cineastas, científicos e escritores que evidenciaron os intereses ocultos que moveron a Noticias a facer a súa falsa denuncia. "Nosotros -din na carta firmada por eles-, miembros del campo cultural de la Argentina, vemos con preocupación la campaña periodística que pretende instalar la idea de que Mercedes Sosa, León Gieco, Tersa Parodi, Adriana Varela y Litto Nebbia, entre otros, todos ellos reconocidos exponentes de nuestra cultura popular, pueden ser "comprados" para brindar apoyo político a un gobierno. Reivindicamos sus trayectorias y mediante esta carta abierta manifestamos nuestra solidaridad ante esa acusaciones agraviantes".
Outro semanario porteño, Veintitrés, recolleu a antorcha e arremeteu esta semana contundentemente contra a política informativa do socio arxentino de El País. Nun longo artigo editorial firmado por Roberto Caballero, cita a un autor de culto arxentino, Rodolfo Walsh, que escribiu estas palabras: "Nuestras clases dominantes han procurado siempre que los trabajadores no tengan historia, no tengan doctrina, no tengan héroes y mártires. Cada lucha debe empezar de nuevo separada de las luchas anteriores: la experiencia colectiva se pierde, las lecciones se olvidan. La historia aperece así como propiedad privada cuyos dueños son los dueños de todas las otras cosas". Realmente esta interpretación de Walsh está cobrando vixencia na política arxentina que preconizan determinados e poderosos mass-media.
Cristina Fernández, a presidenta, non é que sea un personaxe asimilábel a Hugo Chávez ou a Evo Morales, por exemplo, pero xa ten gañados abondos inimigos que se empeñan en facela pasar por unha perigosa revolucionaria que cómpre controlar como sexa. Sen ser precisamente unha feminista comas que pintaron o que hai na foto que acabo de tomar nun dos piares da catedral de Buenos Aires, está empezando a representar tamén algo de esperanza para a igualdade entre homes e mulleres. Arxentina está a vivir unha etapa interesante. Non hai dúbida.

10 comentarios:

http://o-paquete.blogspot.com/ dijo...

Probablemente, a sona benefactora de EL PAÍS no era para tanto. Érgueslle un altar a algo ou a alguén e quédache co santo e mais coa esmola.

O neocolonialismo mimetiza os intereses e pinta moi bonito as conciencias.

RIODERRADEIRO dijo...

Após o DON im/PERFECTO (1).
________________________

Non che é ouro todo canto reloce. Os "Prisa" tampouco se libran de xogaren coas cartas marcadas.

un que sabe algo... dijo...

A min iso de "neocolonialismo" e "mimetizar" sóame a prosa florida de Paco Rodríguez. El será que agora, semixubilado, tamén se dedica aos blogs?

RIODERRADEIRO dijo...

"Un que sabe algo", nesta ocasión, poderíaseche dicir - en honor á verdade e sen lle faltar ao respeto a ninguén - que, sobre este punto, semella non saberes nada.

Sócrates, coma ben sabes, presumíache moito da súa ignorancia. Así que non te deixo mal na comparanza.

Almiral Mouchez dijo...

Cando volve, Don Perfeuto?

Perfecto Conde dijo...

Querido Almiral:
Xa me quedan poucos días en Arxentina. Esta fin de semana estiven en Rosario, cidade digna de ser vista, á beira do Paraná, onde comín un peixe de rio (o surubí)e bebín un viño do Cafayate exquisitos.
Ou sexa que regreso o día 21, e o 22 xa estarei en Santiago.
Saúdos a todos.
Perfrecto Conde

Almiral Mouchez dijo...

Pois como dicían antes:

-Véñase a modo.

Por la libertad de expresión dijo...

Hola,
A raíz de las multas a los comerciantes en el barrio de Sans en Barcelona por los organismos de la normalización de la Generalitat ha surgido este vídeo, es una tragicomedia digna de verse.

Os recomiendo la visión de CASABLANCA de LLOBREGAT, dedicado especialmente a los que apoyan el CAC (centro de multas por rotular en castellano y cerrar emisoras por criticar las políticas del tripartit) y en especialmente a los que están por todo lo contrario.

CASABLANCA de LLOBREGAT vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=mEQShmIO2vI
(Unir en una línea si sale el enlace cortado).o buscar por google o youtube

Es genial. Gracias por verlo y también por su difusión

Almiral Mouchez dijo...

Volveu xa, Don Perfeuto...?

Botámolo de menos o sábado, falamos de vostede varias veces.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,