domingo, noviembre 09, 2008

A Chacarita











Nas miñas viaxes anteriores a Buenos Aires, que deberon ser seis ou sete polo menos, nunca visitei o cementerio da Chacarita. Impedíronme facelo ocupacións profesionais urxentes e, nin na época da ditadura militar nin logo gobernando Raúl Alfonsín ou Menem puiden chegar ao Panteón do Centro Galego antes de seren trasladados a Galicia o restos de Castelao ou, máis recentemente, os de Ramón Suárez Picallo.
Desta volta estiven na Chacarita cuxa entrada principal foi remozada hai pouco e aparece agora fastuosamente iluminada pola noite. Antes de ir ver este camposanto, que é un dos máis interesantes do mundo, pasei de noite diante del en taxi de volta de ver a unha sobriña poeta alófono arxentino Eduardo Jorge Bosco e, ao ver esa entrada iluminada, díxenlle ao taxista: "E logo iso que é?". "A Chacarita", respondeume. "Ah, pois teño que vir eu mañá ou pasado", ocorréuseme indicarlle. E o taxista, máis rápido ca unha unha pulga, engadíu: "Deséxolle que sexa só de visita". Foi unha mostra dese humor porteño que non é difícil atopar pola inmensas rúas bonarenses.
O caso foi que acudín ao Panteón do Centro Galego este sábado e causoume unha emoción difícil de expresar. A súa arquitectura pesadamente gris e pretenciosa, coa capela dominada pola cruz que lle fixo o escultor Asorey, e as impresionantes cavas mortuorias case diría que causan algo de pavor, independentemente do extraordinario valor simbólico que quixeron darlle a este lugar que empezou a construirse en 1918 e que rematou co Panteón inaugurado o 25 de xullo de 1932, aínda que non se completou totalmente ata 1943. Din os que o fixeron que se tratou de facer unha réplica da colexiata santiaguesa do Sar, pero a verdade é que eu non lle vexo unha posíbel comparación. O altar da capela, esculpido por Asorey, enmárcase nunha cúpula que contén vidreiras que simbolizan o Apóstolo Santiago e os santos Froilán e Pedro de Mezonzo. No altar tamén hai unha imaxe da Virxe de Luján.
Neste lugar permaneceron moitos anos os restos de Alfonso Castelao e Ramón Suárez Picallo, e aínda están os de Elpidio Villanueva, Faustino Villanueva, Avelino Díaz, Manuel Cordero e o xeneral republicano Martínez Monge, entre outros.

4 comentarios:

RIODERRADEIRO dijo...

"A Chacarita." Un emblema...

Coma se, con isto, o home quixese autoconvencerse de que se pode vivir tan ben ou mellor de morto que de vivo.

Almiral Mouchez dijo...

Gardan en Buenos Aires, Don Perfeuto, digna e verdadeira memoria dese autor arxentino extraordinario que foi Juan José Saer...?

RIODERRADEIRO dijo...

Na miña aldea tamén había un dito, con toda seguridade, traído por algún emigrante en Bos Aires:

- ¡Ai!, o coitado de Xan non che tarda en ir para A CHACARITA...

A Chacarita da nosa parroquia era (e aínda é)o cemiterio de VILARES, fronte ao nacemento da Costa da Morte.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,