miércoles, noviembre 05, 2008

Con Marcos Valcárcel

Escribo esta entrada urxente dende Buenos Aires para dicir que me sumo de corazón á homenaxe que lle van a dar a Marcos Valcárcel en Ourense o próximo día 29. Segundo me conta Manuel Candelas Colodrón nun correo que acabo de ler, esta homenaxe vai consistir nunha cea que terá lugar ás 21 horas dese día no restaurante San Miguel. Dime tamén que os que queiran asistir deberían ingresar o importe da cea (30 euros) ná conta de Caixa Galicia número 2091 0400 88 3040045410 (Homenaxe-Cea Marcos Valcárcel) antes do día 25.
Aínda non sei que vou regresar a Galicia a tempo de asistir (en principio a miña volta está prevista para o día 22), pero o que teño claro é que, con presenza física ou sen ela, eu serei un dos que estaremos con Marcos Valcárcel, que agora mesmo se atopa padecendo un delicado estado de saúde. Meréceo ben, entre outras cousas, por ser o inspirado animador do blog As Uvas na Solaina.

8 comentarios:

comisión organizadora dijo...

Amigo Perfecto:

No correo homenaxeamarcos@gmail.com centralízanse todos os avisos e reservas.

Moitas grazas por todo.

Almiral Mouchez dijo...

Bos días a todos.

Eu non podería ir a esa cea que lle fan, pero desde aquí súmome moi cariñosamente a esa homenaxe.

Almiral Mouchez

Que tal as Américas, Don Perfeuto...?

Tráianos algo.

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Como persoa, Marcos Valcárcel é inmensamente xeneroso. Como escritor, unha referencia ineludible de bo facer.

Eu tamén estarei na Cea Homenaxe do día 29 en Ourense.

RIODERRADEIRO dijo...

Cómpre darlles calor aos amigos, e con maior razón cando están máis expostos á intemperie e ao frío.

Anónimo dijo...

Marcos é un tipo caralludo.

Anónimo dijo...

Sen dúbida. Marcos é un home sensato e nada dado a estridencias e saídas de tono. El nunca sairía en defensa de Toñi Vicente, por exemplo.

Anónimo dijo...

Gran persoa, Marcos. Non hai dúbida.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,