viernes, noviembre 07, 2008

A Orbea de Buenos Aires


Diranme que estou afeccionándome ás bicicletas. O outro día escribía aquí sobre a Montante que lle regalaron a Andrea Camilleri, que puiden fotografar no aeroporto siciliano de Palermo. Pois hoxe descubrín outra bicicleta importante, que non é tan antiga pero si máis emocionante para os galegos.
Descubriuma Paco Lores, presidente da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina e representante do BNG en Buenos Aires, mentres me mostraba a histórica institución que goberna no número 955 da rúa Chacabuco da capital arxentina. Trátase dunha Orbea que levou canda el o emigrante galego Xosé Dapía Feixóo, desmontada por pezas e metida nun baúl que tamén se conserva no museo da Federación de Sociedades Galegas dende que os dous obxectos foron donados polos descendentes de Xosé Dapía.
A bicicleta viaxou a bordo dun barco que atracou en Buenos Aires o 26 de xullo de 1952, precisamente o día no que finou Isabel Duarte de Perón, a famosa Isabelita que tanto emocionou aos arxentinos para ben e para mal.
Cando era neno eu tiven unha bicleta parecida da mesma marca, na que ía a escola de Santalla, na Pontenova (Lugo). Por desgraza só se conservou dela un pedazo do "cuadro" que se dicía fabricado con aceiro de Bilbao. Que queren que lles diga? A min emocionoume máis esta bicicleta que levou este emigrante galego a Buenos Aires ca que lle regalaron a Andrea Camilleri.

3 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Que historia tan bonita...!!!

RIODERRADEIRO dijo...

Don im/Perfecto faime pensar na bici de segunda man que me gañei na pesca do badeixo (no barquiño de meu pai) en Touriñán, en Meixide..., polo amplo mar de Fisterra. Eu era rapaz soñador. Agora xa non son quen de concretar con precisión a data. Digamos...que polos anos cincuenta.

Boa pesca, bo tempo aquel, boa compaña. Vacacións de verán que me ensinaron, dentro do que cabe, a valorar as durezas do mar e do mareo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,