lunes, septiembre 07, 2009

César Antonio Molina

César Antonio Molina, escritor galego, ex ministro de Cultura e aínda deputado, vaise da política. Ou quizais sería máis exacto dicir que fai unha viaxe de volta a si mesmo, a onde estivo sempre, á honradez persoal e á coherencia coas súas ideas e sentimentos. En realidade, era unha rara avis no avispeiro no que se converteu a política partidaria e profesional dos nosos días, e a Molina se cadra lle quedaban demasiadas esencias do que foi algunha vez a noble vocación de de ocuparse das cousas de todos.
Mandoulle unha carta a José Bono, presidente do Parlamento, explicándolle cando e por que desexaba retirarse, e o socialista que algunha vez quixo ser presidente do Goberno de España tardou medio minuto en filtrala á Axencia Efe non se sabe con que intención, aínda que é doado adiviñala. Bono é un raposo demasiado vello para que non tratase de controlar a situación pola súa conta.
O autor do poemario Eume levaba tempo sen estar a gusto onde estaba. Zapatero e o aparato do PSOE –Carmen Marón na Coruña, por exemplo– fixeron máis por marxinalo que por conservar ao seu carón un político da vella escola. Substituírono de presa e correndo no Ministerio de Cultura sen máis motivo co de cumprir cuotas e, aínda que lle ofreceron unha ambaixada moi importante, non souberon ou non quixeron rendabiizar a presencia dun verdeiro intelectual progresista nas súas fileiras. Ultimamente falouse del como posíbel candidato á alcaldía da Coruña para as próximas municiais, pero tamén nesa dirección non faltaron as cambadelas. Evidentemente, non estamos nos tempos nos que Tierno Galván podía ser alcalde de Madrid.
A César Antonio Molina podíanselle facer moitas críticas, pero non a de que non sexa unha persoa cabal e competente á que se lle pode comprar un coche usado. Iso é o que perde a política do PSOE e o que gaña a vida intelectual e literraria de España. Pior para Zapatero, pero tamén para moitos máis.

86 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunha cousa concordo: a César Antonio Molina poden facérselle moitas críticas.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Unha tomadura de pelo para os que o votaron como cabeza de lista pola Coruña nas Xerais de 2008.

Quedoute moi fina a xenuflexión, Perfecto.

Votador dijo...

Unha tomadura de pelo? Atención ao que aclara hoxe na entrevista da Voz. NUNCA se deu de alta no soe.

Anónimo dijo...

Don Perfeuto coidábao a vostede mais crítico, en fin, que se lle vai facer, un pelotiñas mais.

Anónimo dijo...

Si, Don Perfeuto, hai que ser crítico cos que deixan o poder e adulador dos que seguen nel. ¡Que non se entera vostede, carallo! ¡Viva mi amo!

Luisfoz dijo...

Muito bem, tens razão que che sobra. Não me foche ver, eu volto à Marinha esta mesma tarde. Chama, se quiseres.
P.S. Passa dos hipercríticos.

Raíña Lapa dijo...

Perfecto, ¿que fas falando dos que dimiten? ¡Nunca chegarás a nada!

Aresán dijo...

Era un home sen equipo ao seu arredor, e iso nótase no que lle pasou ata o último día. Non puido co partido, que ata lle mete un gol cando se vai, non deixándolle anunciar a el a súa marcha. Bo aviso a navegantes. Pero os feitos son os que son: os de estricta observancia din que Molina non é home de partido, senón un tipo sen carreira, pero as enquisas sosteñen o contrario. Só Molina podía salvar ao PSOE na Coruña, onde tiña garantida a maioría absoluta. Sen el van ao desastre.

Anónimo dijo...

Saúdos a César, que sei que le este blog. Os meus parabéns.

Anónimo dijo...

Pobre César, o que lle espera neste país de víboras!

Vitrubio dijo...

Molina é un home honrada, que xamais favoreceu aos seus amigos desde os cargos públicos (case podería dicir que perxudicou a moitos deles)e que a clase política sempre viu como a un estraño. Tiñan razón.

Esquemeparto dijo...

Os socialistas profesionais de Lacuruña están nerviosísimos. Cren que todo isto é un truco de Molina para despois volver e competir pola alcadía curuñesa. Que nivel tan baixo.

Anónimo dijo...

Luisfoz: moitos pasamos do post-terrorismo de salón, outros igual non poden dicir o mesmo.

Almiral Mouchez dijo...

Boas noites

A min Luis Foz paréceme unha persoa magnífica e chea de valores.

E César Antonio Molina, que é a cuestión que nos ocupa, tamén.

Cada un desde a súa propia visión do mundo, naturalmente.

Manuel Lara dijo...

Agora que foi obrigado a deixar o que viña sendo unha boa xestión estóu na obriga de lembrar que cando no pasado outono diriximos cartas de presentación de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial) a certos organismos que pensamos podían ter interese na nosa andaina, foi o Dr. César Antonio Molina Sánchez, como Ministro de Cultura, o único que, a volta de correo, respostóu ó noso escrito...

Molina, Soria, Solbes, Caldera, Sevilla...: Quo vadis, Rodríguez?

Manuel Lara

Manuel Lara

Antón Dobao dijo...

Sacar a César Antonio Molina para meter a González-Sinde é unha xogada de perra gorda na que calquera goberno non é que saia perdendo, é que afoga. Igual ca o día e mais a noite. Molina é un intelectual e un escritor que merece todos os respectos como tal, e como político... pois vese que nunca se lle debeu de dar moi ben iso da política profesional. E o que digo é, obviamente, unha gabanza.

Un calquera. dijo...

Joder,tíos: eu pensaba que o reprobable era botarlle flores a un jobernante cando está jobernando. Nese caso sería lexítimo sospeitar que o autor do eloxio busca a cambio aljunha prebenda: un cholliño no ministerio, un posto no Instituto Cervantes, en fin: cousas así. Obviamente, non é este o caso de Don Perfecto, que lle fai sen máis unha grata necrolóxica ao morto político que xa é o ex ministro e mesmo ex diputado Molina.
Por outra parte, lamento non estar de acordo coa elexía que lle fai a Molina o que firma "Vitrubio". Canda menos na parte na que, un pouco temerariamente, afirma que "xamais favoreceu aos seus amigos desde os cargos públicos". Ejem. Ejem. Por respeto aos vivos e mesmo aos difuntos, non lle vou dar nomes. Deixémolo así.

Henning Sevilla dijo...

Gustaríame reflexionar sobre a relación de César Antonio Molina coas malchamadas élites galegas. Sempre o miraron mal. Véxase o ninguneo atroz ao que de xeito sistemático foron e son sometidos aquí os seus libros. Molina, como Alfredo Conde e algún máis, é un autor aos que os donos do sistema literario galego non poden nin ver diante, porque evidencia unha farsa que só se pode defender desde a mentira: que aquí se prima a autores que fóra non pintan nada.

Anónimo dijo...

Enhorabuena por tu blog, te invito a que te pases por el directorio web/blog www.cincolinks.com podrás promocionar tu web, con tu ficha y tus votaciones y valoraciones, con un método de intercambio de visitas llamado 5links! con el que tu blog será visitado tanto como visites a los demás y que harán que tu blog se de a conocer por toda la red. Pásate ;)

Creo que tu blog encajará perfectamente en la comunidad, y el foro estará encantado de recibirte.

Saludos, espero verte por www.cincolinks.com.

Anónimo dijo...

Un calquera, xa digo eu un nome. Ramiro Fonte, director que foi do Cervantes en Lisboa.

Eumés dijo...

Seguide cuspindo sobre a memoria de Ramiro, igual que o fixestes en vida. Somos un país de merda. Temos o que nos merecemos.

Julia dijo...

No conozco un gesto público de C.A.M. del que, como español, gallego e intelectual, no debamos sentirnos orgullosos. Quienes continuaron, es un decir, los trabajos que él desarrolló (Inst. Cervantes, Ministerio de Cultura), ni le han igualado ni, mucho menos, superado.
¿Que ha dimitido? Es un intelectual libre. Algunos parecen extrañarse, sentirse "abandonados"... Es otra lección a la que este país no está acostumbrado. En cuanto a su compromiso de intelectual con el tiempo que nos ha tocado vivir, un tiempo líquido, pobre y desesperanzado, ¿cuándo lo abandonó? Sus ambiciones no son sino un ejemplo moral de hombre culto, de los que hay pocos.
Intelectual, sí, es una palabra maldita para muchos y así nos va. ¿Que se equivocó algunas veces... Depende de quien lo afirme y desde qué perfección práctica.
No exagero, César me ha parecido siempre un ejemplo de buena gestión, de lealtad y de valor. Y es que en este blog veo demasiados anónimos que dicen sin decir, y alguno que otro que se lava las manos. ¿Es que temen salpicarse de algo?

Amigo dijo...

Saúdos, Julia!

A túa honestidade e a túa lealdade aos amigos están á altura do teu talento como escritora!

Es un orgullo para a nosa cultura!

Anónimo dijo...

Henning Sevilla, por favor dinos quen son os donos do sistema literario galego, para poder opinar dunha vez sobre eles.

Henning Sevilla dijo...

Os (e as) que conseguiron vivir del.

Anónimo dijo...

Sobre Ramiro Fonte, o rapsoda de José María Aznar, aínda queda moito por dicir.

UCEDA dijo...

Solamente bajo la "dignidad" de un anónimo y la intención con que lo dice puede afirmarse que Fonte fue rapsoda de Aznar. ¡Cómo os molesta la libertad y el que los escritores se escapen de sus manos! Qué gran demócrata es usted, y qué valiente, escupiendo sobre la memoria de un hombre digno y sensible que ha muerto y no puede defenderse lo que, de ser verdad, que no lo es, sería una elección libremente tomada!
Usted, ¿de qué lado está?

eumesa dijo...

Ramiro Fonte como bien decia en su ultima entrvista publicada en La Voz de Galicia,pago cara su independencia.La relacion entre Ramiro y Cesar A.Molina esta sustenteda por la honestidad y sobre todo por la lealtad.El Pooeta,Ramiro Fonte,desempeño su cargo como director del Instituto Cervantes de Lisboa tendiendo puentes de unión entre la cultura lusa y todas las culturas de España. Porque la cultura es integradora y cuando se utiliza para crear barreras entre los pueblos deja de ser CULTURA.
Ramiro nunca hubiera aceptado un cargo público en el que no pudiera ejercer con libertad sus convicciones.
No pudisteis hacerle daño en vida y ahora que no está con nosotros, su obra perdurará en el tiempo como la de su admirada Rosalía.
Como decía Machado: "Hay muucho necio que confunde el valor con el precio...".
Ramiro solo fue "rapsoda" de su infancia, de sus sentimientos, de sus amigos... y de su tierra, Galicia, a la que amó profundamente, por encima de todo, incluyando los necios.

Almiral Mouchez dijo...

A vida e a obra de Ramiro falan por si mesmas. Gracias Julia, e gracias Eumesa, polas súas palabras.

Almiral Mouchez dijo...

Boas tardes de novo, e desculpen que interveña dúas veces seguidas.

(Hai algo que antes non dixen, e que querería dicir...)

Onde Ramiro (Fonte) está hoxe, os insultos dos blogs, foros e semellantes non lle fan mal ningún. El xa sabe, a esta hora, o que nós aínda ignoramos.

(Sabe ben iso do que, antes ou despois, tamén acabaremos nós por enterarnos. Non dubiden que será así.)

Pero hai persoas que seguen entre nosoutros, ás que eses insultos lles fan moito dano.

Un dano terrible.

Agradeceríalles que o tivesen en conta.

Nada máis.

Perfecto Conde dijo...

Teño que dicilo moi claro. Magóame enormemente que un espazo de liberdade, que me gusta manter neste recanto da arañeira, sexa utilizado algunha vez por desaprensivos que se esconden no anonimato pra ceibar parte da morralla que levan nos seus tan reducidísimos cerebros como amplos estómagos.
Refírome, por exemplo, aos ataques inxustos e covardes que lle dirixen a Ramiro Fonte, que ademais dun gran poeta e narrador era –e serao sempre– un bo amigo meu. Insúltanme a min tamén, polo tanto, os que tratan de desprezalo a el.
Non vou suprimir de momento esas aduanadas porque a Fonte non lle prestaría verme practicando ningún tipo de censura, pero insisto en que me magoa comprobar do que son capaces certas persoas.
Pola contra disto, anímame moitísimo a seguir abrindo esta porta a magnífica e aprezadísima participación da excelsa poeta Julia Uceda, quizais a voz máis sensíbel do momento actual da poesía española. E canta razón ten en todo o que di. Nunca serei capaz de agradecerlle abondo a atención que me presta. E non só a min. Tamén a Ramiro Fonte e a César Antonio Molina, que son máis importantes.
En fin que Ramiro, estea onde estea, seguro que nos comprende e nos ama como el sabía amar e entender coma ninguén.

Anónimo dijo...

É moi de agradecer, Perfecto, a túa intervención. O fenómeno dos blogs e dos foros en Galiza está chegando a un nivel de dexeneración extrema, que a miúdo entra de cheo no terreo do delicto. É incomprensible que as autoridades non actúen xudicialmente contra o que se está a converter nun espazo dedicado un día si e outro tamén á difamación e ao insulto. Nunca a regulación legal foi tan necesaria como agora. Pero a falta desa regulación legal, doe comprobar canta xente se agocha na internet para dicir barbaridades e canalladas. Nunca foi tan fácil insultar.

Anónimo dijo...

Dicir que Ramiro Fonte ocupou unha dirección do Cervantes pola súa amizade con Molina é simplemente ridículo. O ex ministro xamais se caracterizou por axudarlles aos amigos, ben ao contrario. Nunca o fixo, a pesar dos miles de ocasións que tivo de facelo. Nalgún caso, dun xeito bastante rechamante. Foi unha das sombras dun home que sempre foi, por outra parte, un gran xestor. No persoal, serviuse dos amigos. De vez en cando, directamente, ben que os utilizou.

Julia dijo...

Foi unha das sombras dun home que sempre foi, por outra parte, un gran xestor. No persoal, serviuse dos amigos. De vez en cando, directamente, ben que os utilizou.

20:22

Es posible que no merezca la pena, pero no puedo ignorar la insidia que, según creo, rezuman estas palabras. ¿No sería que teniendo César el cargo que tuvo, esos amigos de los que Anónimo dice que se aprovechó, no se brindasen "generosamente" a ayudarle un poco esperando cobrar esa ayuda de alguna manera? No será este Anónimo uno de ellos? ¿No será que C.A.M.no lo advirtió?Sus palabras, tan contundentes y de bien informado parecen transparentar cierto despecho.

Pepiniqui dijo...

Non foi Molina o protector de Ramiro Fonte, senón Antón Louro. Documéntense antes de falar.

Brais de Cortegada dijo...

¡César ninguneado en Galicia! (¿Quen o coñece como escritor fora dela?)

Almiral Mouchez dijo...

Boas noites.

Ramiro (Fonte) e César Antonio (Molina) eran en verdade amigos. Por tanto, irmáns.

E os irmáns non están para servirse un do outro, senón para camiñar xuntos.

Iso foi o que fixeron.

É a miña opinión.

Ata mañá.

Para o anónimo das oito e 22 dijo...

Parece vostede esquecer, amiguiño, que Molina foi un político, aínda que agora renegue desa condición. Talvez vostedes ¿desde as súas herculinas aulas? non o advertiron. Concordo co señor ou a señora Julia.

Anónimo dijo...

Creo que nesas aulas herculinas tamén o ían facer doutor honoris causa. Pero non o fixeron.

Abadín dijo...

Ningunha falta lle facía semellante doutoramente. El xa ten os seus.

O das oito e pico dijo...

Parécenme a min que o Anónimo das oito e pico non falaba de amizades de intercambiar libros e tomar licor café, como vos parece aos culturetas, senón de amizades doutro tipo: das que se fan nas listas electorais. Porque o señor Molina encabezou a candidatura ao congreso pola provincia da coruña.

Anónimo dijo...

Ramiro Fonte estivo entre os escollidos por José María Aznar de entre o elenco de representantes de la variedad regional española (sic) como representante da región gallega para, entre todos, elaboraren a posible letra dun novo himno español. E síntoo moito, pero son incapaz de borrar da miña imaxe a Sánchez Mazas, Foxá, Ridruejo e Primo de Rivera escribindo a coro o Triunfa España...

lobo neghro dijo...

Perdoade o atrevemento, pero se se fala de César Antonio Molina como candidato a alcaldía da Coruña, non sei se de bromas ou de veras, por que non falar da Alcaldía de Madrid?.

Claro, ó mellor son inxénuo ou vexo deforme desde iste recanto aillado do mundo pero a mín paréceme un bó candidato.
Mellor que o que hai, "de cuyo nombre" non nos acordamos, e mellor que os covardes que non se atreven , por exemplo a raposa petardeante "Bono".

Por outra parte, a mín personalmente non me parece un insulto que se fale de Ramiro Fonte neses términos. Paréceme normal, e non poño "o grito no ceo". Son pareceres. Ou implicacións emocionais.

Anónimo dijo...

Paréceme interesante que se coñezan os lados amables e non tan amables das persoas que teñen ou tiveron responsabilidades públicas chámense César Antonio Molina ou Ramiro Fonte, estean vivos ou mortos, sexan amigos ou non.

Interesante o que di o autor deste blog que non vai censurar, de momento, comentarios que amosen aspectos pouco gratificantes de amigos seus.


Toda unha demostración de xornalismo de Perfecto Conde.

Anónimo dijo...

Non creo que o PSOE lle volva a ofrecer a Molina cargo político ningún.

Anónimo dijo...

¿Que pasou, son o de antes, para que a universidade da coruña non fixese a molina doutor honoriss causa cando llo tiñan tan prometido?

Xosé Luís dijo...

a historia de molina co mundo universitario coruñés é de encontros e desencontros, pode que moitos dos que alí estaban e que o apoiaban cando era ministro se afastasen despois vendo que non obtiñan del o que agardaban, mais o que importa é que na coruña a xente de a pé lle quere moito a molina, e iso é do que se trata.

Anónimo dijo...

A estas horas, Molina estará aprendendo unha das mellores leccións da vida. Sabendo quen son os seus amigos verdadeiros. Ten que ser tremendo ese día no que a un ex alto cargo lle deixa de soar o teléfono. O día no que o chófer que vivía pegado á porta co coche oficial xa non está, nin volverá máis. Pero é o que hai.

Observador dijo...

Seguro que a estas horas Zapatero xa ten lamentado máis dunha vez ter cesado a Molina. Coa súa marcha perde sobre todo a cultura.

Anónimo dijo...

No foro de Arroutada Noticias teñen unha discusión sobre este fío.

Esta é a última das mensaxes colgada no foro de Arroutadas dijo...

Estou flipando, realmente.

Sigo pasando por Croques para ver como vai a cousa, aínda que non volvin participar despois de ser baneado.

O caso é que comezou unha descusión sobre Cesar Antonio Molina (laudatoria, claro) e se introduciu o nome de Ramiro Fonte. O debate mantíñase nun tono maniqueo (era boísimo ou era o demo) como adoita suceder nos debates en internet, lugar de debates curtos e simples, non de longas disquisicións etéreas (para iso están as Uvas na Solaina, e únicamente en lóxica solipsista).

Non comparto nin as louvanzas extremas nin as críticas feroces. Penso que CAM é un intelectual do PSOE, válido como xestor madrileño pero que pouco ou nada fixo pola cultura galega. De Ramiro FOnte eu so podo dicir cousas boas, aínda que -ideolóxicamente- estabamos moi afastados. Penso que foi utilizado e se deixou utilizar.

O caso é que, de súpeto, don Perfecto intervén dicindo que, se non censuraba as intervencións críticas a don Ramiro, era porque Ramiro Fonte nunca o tería aprobado.

¿Debe iso significar que cando me censurou a min por criticar a certo amo multimedia galego, significaba que ese amo aprobaba esa censura? ¿Ou significa que garda por ese amo multimedia máis amor aínda que polo propio Ramiro Fonte?

Cada vez vexo máis claro que as críticas ao bipartito que fixo don Perfeuto eran axustes de contas persoais, e non un exercicio limpo de liberdade como eu -parvo de min- cheguei pensar.

"Leva coidado cun cabalo por diante, cun burro por trás, e cun xornalista por tódalas partes" (vello adaxio inglés)

Anónimo dijo...

Ramiro, e parece que aquí case ninguén o lembra, está morto. Pobre país o que nin aos seus defuntos respecta.

Anónimo dijo...

Os mortos poden ser criticados. Aquí e no resto do mundo. Canto complexos teñen algúns...

Andrade dijo...

Mal coñecen a Ramiro Fonte os que pensan que non dixería ben as críticas. Era un exemplo impecable de intelectual honesto. Como seu irmán Molina (e ten razón o señor Mouchez na metáfora que nos plantexa). Fonte estará a sorrir desde algures (se é que algures existe) diante de tanta pólvora como este blog gasta.

Anónimo dijo...

Si, ben máis pólvora que magnolias.

ramon pernas dijo...

Sigo a solprenderme cando leo opinions reduccionistas amparadas nun alarmante anonimato. Debo ser masoquista por seguir asomandome a ese universo pequeno burgés dos blogs. Concordo con Perfecto. CAM fixo en cada momento nin mais nin menos que o que tiña que facer. Desde a libertade, a coherencia e a independencia intelectual. Vaia para el o meu respeto.
Ramón Pernas

Almiral Mouchez dijo...

Tamén para ti, irmán!

Palmira dijo...

Abraiada estou eu de ler o que leo. Este "post" sirve para que se definan os paniaguados do chamado CAM (¿onde SEM e XAFET?),os seus inimigos e -o máis simpático- os que algo agardaban del e,ao ben visto, non o deron atopado. De paso, e isto xa doe, hai quen aproveita para darlle leña a Ramiro Fonte. Quen nada ten que ver co que aquí se preitea, por exemplo, se o chamado CAM (¿onde SEM e XAFET?)tiña (ou non) compromiso cos seus eleitores coruñeses. Que igual agardaban que mirase polos seus intereses no Congreso,¿non era?

Anónimo dijo...

Concordo, Palmira, no de Ramiro. O demais dígolle, desde o respecto, que me parece unha tontería.

Palmira dijo...

¿Tontería que prantexe se CAM defraudou a quen o elexiron como o seu representante en Madrid? Home, agradézcolle o respecto, pero non me chame tonta, por dios, que eu non lle falto a ninguén. ¿Ou é vostede, como me malicio, un dos paniaguados de CAM?

Anónimo precedente dijo...

Nada máis lonxe da miña intención que chamarlle tonta. E non, non son un dos seus paniaguados. Nin coñezo ningún.

Anónimo dijo...

O Ramón Pernas este que apareceu por estes lares imaxino será o mesmo que dirixe "Ámbito Cultural" de El Corte Inglés. Un home que sempre atopa palmadiñas no lombo e críticas simpáticas para a súa obra literaria. Por que será?

Mohamed dijo...

Para a miña sorpresa atopei que o que se di, en comentarios anteriores, sobre Ramiro Fonte é certo.


http://www.abc.es/hemeroteca/historico-13-01-2008/abc/Nacional/en-busca-del-consenso-politico-que-no-encontro-el-ex-presidente-aznar_1641555352711.html

Polo que parece Jose María Aznar, cando era presidente do goberno, encargou unha letra do himno de España a un grupo de escritores e poetas (Jon Juaristi, Luis Alberto de Cuenca, Abelardo Linares, Ramiro Fonte, José Jiménez Lozano e Joan Margarit). Algúns tiveron a decencia de abandonar o proxecto desde o inicio (Jiménez Lozano e Margarit). Ramiro Fonte non.

A miña visión de Ramiro Fonte, polo que teño admiración na súa obra literaria, si queda tocada cando o vexo asociado cuns nomes e nun asunto de pésimo gusto.

lobo neghro dijo...

En definitiva foi valedor C.A.M. de Ramiro Fonte para o I. Cervantes de Lisboa, ou foi Antón Louro?.

E de ghobernare o PP non tería posibilidade de caerlle tamén a dirección do Cervantes de Lisboa o mesmiño Ramiro Fonte?.

3º preghunta: e se for certo a primeira que?. Non tiña curriculum dabondo, ou que?. Alguén tiña que ser o director do Cervantes de Lisboa. A quen lle pisou inadecuadamente a praza?.

Nótase que moitos non ghobernastes, e todo o mundo tería que ghobernare alghuna vez, para que vexades o duro que é. Faghas o que fixeres has de ter sempre críticas.

Guillerme dijo...

A envexa, que é a que nos leva a crer, ou polo menos a afirmar, que todo canto teñen os demais é inmerecido, segue a ser, trstemente, o vicio nacional.

J. Antonio López Castro dijo...

O odio que espertaron e espertan entre un sector moi amplo da cultura galega dous dos poetas que máis a enriqueceron, Ramiro Fonte e César Antonio Molina, non é doado de entender. Despois eses mesmos sectores da cultura de Galiza reivindican a Suso de Toro (o autor da haxiografía de Zapatero do que Martín Prieto dixo, case con lástima, que non valía nin para propaganda electoral) e a Santiago Jaureguizar (famoso polos seus insultos a Caneiro). Poño eses dous exemplos, porque son autores, loados por Loly Vilavedra e reverenciados por Manolo Bragado, que aos seus anos teñen problemas graves ata para colocar as comas. No noso país, mentres se cantaban as alabanzas de Teresa Moure ¿que foi dela? e demais autores-xeraisianos-o-freixanianos-fieles-a-la-camarilla-de-guardia, Ramiro Fonte sobrababa e C.A.M. non existía. Pois é o que hai, nenés.

Anónimo dijo...

Pero á xente dalle igual todo iso. O persoal non é tonto.

Anónimo dijo...

A obra de Ramiro Fonte e a de Antonio Molina están por riba das miserias deste país cainita, que vive para a difamación, o insulto e a habitación das miserias.

Melquiades Álvarez dijo...

¿E González Tosar? ¿Por que non saeu aínda neste "post"?

Angelillo dijo...

¿Antonio Molina? ¿O de "Soy minero"?

Anónimo dijo...

O Martín Prieto que J. Antonio López Castro reivindica para falar de Suso de Toro imaxino que será o mesmo que se inventou un falso secuestro :

http://www.tiempodehoy.com/default.asp?idpublicacio_PK=50&idioma=CAS&idnoticia_PK=46101&idseccion_PK=612&h=

Firmino dijo...

Por centrar un pouco o debate e seguir a liña argumental de Perfeuto. ¿Que perde o PSOE deixando marchar a un señor que non é de esquerdas nin de dereitas senón todo o contrario? ¿Un bo xestor? Hainos a eito. O que xa non abondan son pólíticos de verdade, que transmitan á xente unha mensaxe nidia. Socialista cando se trata do PSOE. E Molina non é político, nin no senso estricto nin no figurado. Polo demais este "post" está viciado desde o principio. Aquí hai moita xente levando a auga para o seu rego. Coa idea de facer méritos diante de Molina, quen algún poder terá aínda, ou para ceibar vellos rencores; así os que se ceban no pobre Ramiro Fonte.

Anónimo dijo...

César Antonio Molina, amigo de Paco Vázquez e de Federico Jiménez Losantos. Por que será?

Anónimo dijo...

Que hai, lúa chea?

Sen convidar dijo...

Home, hai que recoñecer que para ser este o blog dos de la créme de la créme, tamén sabedes botar boas paladas de merda, ¿eh? CARALLO COAS EMINENCIAS.

Anónimo dijo...

que simpatico!

Suetonio dijo...

Casares dicía que este é un país de necios. Hai quen di, sen máis requiloquios, que é un país de fillos de puta. Eu engado que é un país de criados que lle sorrín ao amo por diante e falan mal del por detrás. A gran maioría dos anónimos deste blog pertencen a esta caste, o cal non é en absoluto óbice para que tamén participen amplamente das dúas primeiras. É unha constatación lamentable, pero creo que indiscutible.
Saúdos para Perfecto, Ramón Pernas, Julia Uceda, Almiral Mouchez e, por suposto, para ese gran tipo e excelente ministro de Cultura que foi César Antonio Molina.
Suetonio

Ausonio dijo...

Suetonio, cariño, non te poñas estupendo.

Anónimo dijo...

Vai dar unha volta, Ausonio, anda.

Ausonio dijo...

Veña, ladrón, que agora es ti o que ten que dar a volta.

Uncle Oscar dijo...

¡Señor Conde, isto semella Sodoma!

Anónimo dijo...

Alguén se parou ler os poemas de C.A.M?

Ausonio dijo...

Eu si, e tamén a súa ficción, disfrazada de memorialismo (ou ao revés). C.A.M. é un moi bo poeta, en español e en galego, o que pasa que é nesta lingua, só ou coa axuda dos seus amigos, onde acada o nivel lírico superior. Pois é aquí cando se desfai de certa vestimenta épica que agachaba as súas partes pudendas (líricas, c´est a dire).

Anónimo dijo...

Canto che cobrou, Perfeuto?

Anónimo dijo...

Molina......¿Se portó bien con el Archivo de la Guerra Civil de Salamanca, la Salamanca de Don Gonzalo Torrente Ballester?

Anónimo dijo...

Parece mentira que la ignorancia sea tan arrogante. Pocas personas habrá en nuestro páis que hayan tenido un dominio tan exhaustivo de la cultura lusa como fue Ramiro Fonte, al margen de su extraordinaria calidad como artista de la Literatura. CAM conocedor de ello, lo nombró Director del Cervantes. Ojalá todos los cargos públicos electos respondieran a los parámetros de idoneidad de torma tan certera como este cargo. Al necio que le llama rapsoda de Aznar evidentemente no se ha leído nada de su obra, una obra tan exquisita que hasta los que no tenemos sensibilidad para la poesía desconcierta por su proximidad y profundo lirismo. Si participó en ese proyecto... fue llamado como otros poetas de distintas autonomías.... el poner de ejemplo a Sánchez Mazas y Ridruejo no viene al caso pero eran grandes de la Literatura independientemente de sus convicciones. No están descalificados como artistas todos aquellos que no comparten las ideologías de uno... El arte es universal.
Y aún así tampoco es el caso, pués a los hechos me remito... si Fonte fue llamado a colaborar con Aznar y es nombrado por un ministro del gobierno de izquierdas más radical que ha tenido la historia de la democracia española... no puede ser más evidente su independencia ... su talento artístico y su persona estaban por encima de adscripciones y esta debe ser la razón principal por la qu no se le haya reconocido com debiera. María Fidalgo Casares