Hoxe mesmo, a directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo da Xunta, Ana María Díaz López, salientou que Galicia debe enforntarse a un “outono complexo”, tras analizar as cifras do paro do mes de agosto, que reflicten unha subida respecto a xullo dun 1,24 por cento, é dicir, 2.382 parados máis. En concreto, agosto pechou o desemprego con 195.241 desocupados.
Mentres que isto sucede, o Ministerio da Cidadanía e da Inmigración de Quebec e a Corporación Comercial Canadiana anuncian que están dispostos a recibir cadros e diplomados xoves procedentes de outros países. "Por ser escasa a man de obra en Canadá –din no comunicado que me enviaron tamén hoxe– abrimos o noso mercado cara o resto do mundo a fin de permitir aos diplomados de outros países que están sen emprego fixo que podan realizárense”.
Buscan personal experimentado en auditoría de empresas, control de xestión, peritación contable, xestión de recursos humáns, montaxe de proxectos de marketing, calefacción, fontanería, dereito dos negocios, comercio internacional, agrícola, agroindustria e transformación de alimentos, xestión de calidade, transportes e loxística, secretariado, operadores bancarios, finaciamento de proxectos, seguros, hostelaría, restauración, enxeñería, informática, servicio público, agronomía, relacións públicas e publicidade para traballar no novo inmoble que acaba de ser inaugurado en Quebec.
Deben ser persoas comprendidas entre os 25 e os 55 anos, de boa moralidade, que estean dispostas a viaxar, que podan certificar o dominio da informática, saiban falar e escribir en francés e, a ser posíbel, en inglés, e que posean polo menos o título de Bachellerato.
Os interesados deberán solicitar na dirección de correo electrónico secretariat.ccc01@gmail.com un formulario de inscripción para envíar logo o seu currriculum vitae, cunha carta explicado as súas motivacións e dúas fotos de identitade. Unha vez aceptada a candidatura e validada a súa admisión pola Dirección Xeral de Recursos Humans de Canadá, serán convidados a viaxar, regulamentar a súa visa e o resto de papeis de inmigración e seren hospedados con cargo á citada Dirección Xeral.
3 comentarios:
"de boa moralidade"???????
vaites! Só van poder traballar en Canadá os do Opus! Igualiño que en Galicia! ;)
Ese anuncio é unha fraude. O explican moi ben na auténtica Corporation Commerciale Canadienne, abaixo á dereita, acó en ingles e acó en francés.
Vaia, don Perfecto, metéronlle un gol os do spam! por toda a escadra! Onte a min quixeron devolverme uns euros os da Axencia Tributaria. O malo é que a mesma cantidade tamén lla querían voltar ao propietario do meu segundo correo. Non paran de argallar!
Publicar un comentario