viernes, noviembre 20, 2009

Alakranadas

O máis importante de todo o que había arredor do secuestro do Alakrana, a vida e a saúde dos mariñeiros apresados, resolveuse felizmente. Están todos en terra e camiño das súas casas. Presentan bo aspecto –algún mesmo parece máis un play-boy das Rías Baixas ca un mariñeiro de verdade– e todos contentos.
A ver se así volve todo pronto á normalidade. Incluídas as propias vítimas do secuestro e as súas familias, que non están dando precisamente mostras excesivas de viviren o que lles pasa con normalidade. Empezaron dicindo que o Goberno quería que os mariñeiros regresaran mortos e remataron ameazándoo con demandalo se permitía que se tomasen imaxes das vítimas e dos familiares. Precisamente eles, que non pararon de chamar aos medios de comunicación, cando lles conviña, para que fixesen “toda a bulla posíbel”.
Se cadra non se percataron aínda estes pesacdores de primeiro mundo que no barco tamén ían outros menos afortunados por perteneceren a países e sociedades onde non hai gobernos que manden fragatas nin paguen rescates e ata pode que miren para o lado cando traballan codo a codo con eses mariñeiros pagados pior ca eles polo mero feito de pertenceren a outras circunstancias.
Polo ben de todos, quizais debe pasar xa esta “alakranada”, e a ver se volvemos a fixarnos outra vez na nosa propia piratería doméstica, que tamén a temos.

2 comentarios:

Apolinar dijo...

perfeutiño: o tema do Alakrana, tan tripado polos medios, xa non provoca ao persoal. Este sigue no post anterior enleado con CAM, Psco Vázquez, Ermelinda, o ciclán do seu home ou González, o que non se agacha so de seudónimo algún. E ben está. A xoldra, queridiño, é o que nos mantén vivos. Tamén o amor. Pero non se trata de que mudes en Perfecto Francis ou Corín Conde, claro. Apertas.

Anónimo dijo...

Tes moita razón Sr. Director, sempre estiveron a falar dos galego e bascos, pero dos autros ren de ren. Hay moito pirata nos medios, nos gobernos e na oposición, e non digamos nos barcos.Ollo ao o piollo: meses atrás, porto de Riveira, atunero preto para sair, a Panga estaba no mar con dous negros abordo, intentaban subila pola rambla do barco, fixeron tentativas e a Panga non subía. Gritos no ponte a grandes voces do patrón "negros de merda" e moitos máis insultos, de mágoa. Corre como un tolo pegando saltos desde o ponte e pola cuberta , ía como un tolo que sae dun manicomio, todos espectantes no barco e en terra, pega un salto de tolemia á Panga, quita aos negros cunha mala hostia e pónse ao mando da Panga, sube pola rambla do barco e como un chulo vaise para o ponte de mando. Foi todo un espectáculo de circo e de prepotencia. O máis resaltante foron os gritos deste "muchacho" que se oiron na outra parte do peirao Amigo Director, é o que hai e o que temos. Donde nada temos nada se pode sacar. Todo o demais que se fala, que se conta son historias para non durmir, goberno,oposición,medios de información. Pero o máis chamativo de todo isto é que os armadores que son os máis culpables por mandar aos barcos a zonas conflictivas, os que ordenan e mandan, pouco ou nada se falou, os culpables da historia estiveron agochados.
Para maís carallo, estes da empresa do Alakrana, no seu logotipo di a lenda: "Nuestros barcos aplican la pesca con sostenibilidad". ¡ Hai que foderse !