Sábado, 14 de novembro, tres e media da tarde. Acabo de ver o Telexornal de TVE1, dando conta de que xa embarcaron gardas de seguranza privada nos barcos españois que se dirixen ao Índico, dende as Seychelles, para pescar nos procelosos mares da piratería de Somalia. Segundo a información oral que acompañou as imaxes, trátase de equipos debidamente entrenados para levar a cabo o seu cometido.
Por desgraza, un dos planos que cmpoñían esas imaxes presentou a un deses “expertos” dirixindo á cámara un estrepitoso “corte de mangas”. Xa se sabe, iso que a Real Academia Española define como “ademán de significado obsceno y despectivo que se hace con la mano, extendiendo el dedo corazón entre el índice y el anular doblados”.
Empezamos ben. Ou sexa, dando unha mostra da boa educación e respecto que nos caracteriza. Agora só falta saber como rematamos.
7 comentarios:
Sería un fillo da ESO.
"Pertenecen a una Agencia Española de Seguridad. Todos ellos son españoles. La mayoría son ex militares y su principal motivación es el dinero. Su sueldo son unos 400 euros al día": non agarde bos modais.
Logo de ver esta cifra eu estou indeciso entre o de "aínda din que o peixe é caro" ou "moita graxa ten esta xarda!". E vostede?
Tamen eu vin as imaxes, e permitanme que lles faga unha observacion sobre un aspecto que talvez lles pasase desapercibido: as tatuaxes que lucian (por dicir algo) dous dos protagonistas da reportaxe, confirmaban -non entremos en detalles- que xamais formaron parte da Adoracion Nocturna.
Se eu fose xornalista, que non son iso nin practicamente nada, se cadra preguntariame:
-Ex, din...? E por que XA NON SON militares?
(Por saber, vamos.)
Teremos que mirar como se cocinhan gardas de seguridade fascistas e máis espanholistas en buques "arrantxales" nos que ondean ikurrinhas e galegas con estrela...
A ver se vão ir "combater os piratas" elementos com os que não ousaríamos tomar um vinho.
Ese xesto, segundo onde se vexa, é case arte. Xulguen se non:
http://imgur.com/Uyy8C.jpg
Pero que carallo estámos a dicir. Estes son mercenarios asasinos pero tapados coa careta de empresas de seguranza.
Fai anos, en Londres reclutábanse asasinos mercenarios en oficinas medio clandestinas. Hoxe se lle troca as palabres e xa temos a legalidade. Palabras como: Danos colacterales, os bos e os malos, os que están con deus teñen a licencia para matar.
Para que vexades a terminaloxía dos medios falsos e o que somos de occidente:Despois da Guerra do Golfo, o xornal de Londres The Guardian publicou un estudio de comparanza de toda a terminoloxía que estivo usando os medios de masas, escritos e radio-televisivos, para referirse aos aliados e iraquís. Os aliados “eliminan”, Iraq “asasina” Os aliados tiñan “exército, mariña e aviación”, Iraq unha “maquinaria de guerra”. Os aliados daban “directivas xerais” aos xornalistas, Iraq “censura” e “propaganda”. Os soldados aliados eran tratados como “os muchachos”, os iraquís como “hordas”. Os primeiros eran “profesionais, heroes e prudentes”, os segundos “carne de canón”, “covardes” , “bastardos fillos de puta” e “fanáticos”. Os mísiles aliados fixeron “danos colacterales”, os “asasinos” mísiles iraquís “víctimas civís”.
Non vos extrañar da parafernalia que nos están montando sobre estes Mercenarios -asasinos e a súas empresas de matar, que imos pagar a metade os que pagamos o IRPF. Ou sexa nós imos contribuir a encher as bolsas dos armadores e ao mesmo tempo a matar seres humanos. Que cojonudos somos, e para máis carallo a barcos con bandeira "pirata". Isto vai trair moita consecuencias negativas onde ao estar con estes tíos abordo, os patróns meteránse onde non tiñan que meterse. rematará como "El rosario de la aurora". Ao do Alakrana non lle avisou o barco de guerra de que estaban en augas perigrosas. Nin puto caso. Haber se pasado un tempo se sabe algo e o patrón cometeu esa neglixencia ou non. pero os medios falsos nada dirán.
Sr. Perfecto, tamén Vd. caiu nesa trampa de frases moi rimbombantes que inventaron os gobernos de Occidente, coa axuda de algúns sicarios dos medios máis importantes de EEUU, Europa e España. Non lembra esa funesta gran empresa de matar e torturar como é Blackwater Worldwide.
Non son "gardas de seguranza privadas". Son simples mercenarios que matan por diñeiro, neste caso con licencia para facer o que queiran.
Cando fale ou escriba algo sobre isto, acórdese do noso diccionario da palabra mercenario xa que non entre iso dos seguranzas.
Publicar un comentario