martes, noviembre 03, 2009

A columna dórica de César Casal

César Casal, xornalista con columna dórica en La Voz de Galicia a quen eu moitas veces, pero non sempre, non teño reparo en admirar, cóntanos hoxe que “somos máis falsos ca unha camiseta do Madrid de cor blaugrana” por diferenciar, segundo di el, entre o trato que se lle dá a un presunto delincuente común e a un personaxe público cando son detidos e presentados en público coas esposas nas muñecas.
Témome que o xornalista coruñés caeu esta vez na demagoxia que trata de esclarecer. "A los chorizos –dice– se les puede esposar y a los políticos, que ellos y sólo ellos decidieron ser personajes públicos con publicidad y propaganda en vallas gigantes en las elecciones, hay que ocultarlos y meterlos por la puerta de atrás del juzgado”. A ninguén dos que defendemos a exquisita prevención de que se salvagarden os dereitos relacionados coa presunción de inocencia se nos ocorre defender tamaña falacia. Ben pola contra, polo que nos pronunciamos é por unha rigorosa aplicación dos procedementos estabrecidos pola actual Lei de Enxuizamento Criminal que manda aplicar a prisión provisional de maneira que resulte a que “menos prexudique ao detido ou preso na súa persoa, reputación e patrimonio”. E isto, sen distinción posíbel pola natureza do presunto delito cometido. Para a xustiza non debe haber delincuentes comúns ou políticos, só delincuentes. Non estamos nos tempos de Franco.
Casal tamén trampea a realidade cando expón o seu criterio de que os políticos, e só eles, decidiron seren personaxes públicos. Moitos deles –é o caso dos de Lugo– chegaron a esa condición despois de seren elixidos mediante procedementos democráticos. En política non abonda con querer ser personaxe público, hai que revalidar esa vontade nas urnas. Diría máis, personaxe público quizais é máis aínda César Casal que Díaz Valiño ou Lara Méndez, polo menos para min. Da existencia do primeiro eu sei dende hai moitos anos. Da do alcalde de Castro de Rei só empecei a saber cando apareceu no xornal onde escribe o articulista no medio de dous uniformados, e da concelleira de Cervo a penas coñecía máis nada que algún dos artigos que veu publicando en A Nosa Terra. César Casal nunca se presentou nin gañou, polo tanto, unhas eleccións. Os outros, para seren personaxes públicos tiveron que facelo.
Quizais o que pasa é que do artigo que publica hoxe o xornalista comentado pinga algo dese zume antipolítico, que non apolítico, que tanto contribuíron a extender polo mundo europeo políticos tan caracterizados coma Berlusconi u Sarkozy, gobernantes desideoloxizados e pragmáticos que acostuman pensar que o mundo só é unha grande impresa ou un enorme chantier. E o mundo, mal que lles pese a Casal, a Sarkozy u a Berlusconi, é algo moito máis complexo. Felizmente.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Vostede defenderá agora a "exquisita prevención da presunción de inocencia" aplicada a todos, pero o debate esta das fotos con esposa xurde precisamente agora, cando son os políticos os que aparecen nas fotos esposados. Podería vostede telo dito moito antes, porque levamos unha chea de anos vendo "presuntos inoncentes" e "presuntos culpables" esposados dia si, día tamén, sin que ninguén dixera nada. O abrir este debate agora sí que semella demagóxico. Cando se detén a un presunta violador, por exemplo, ainda que tamén "presunto inocente", e o levan esposado, ninguén parece decir nada. Si só hai delincuentes, sin máis, por qué non falaron antes?

Perfecto Conde dijo...

Señor Anónimo:
Déixeme dicirlle, con todo respecto, que eu non teño a culpa de que vostede non saiba todo o que coorre no mundo. Eu non é que defenda agora a "exquisita prevención da presunción de inocencia". Defendina sempre, como imaxino que a defenderá vstede se acredita nas sociedades de dereito.
Defendina e díxeno en público moitas veces durante os últimos corenta anos, pero vostede ou é moi cativo ou vive moi lonxe ou non quere enterarse. Se cadra, calquera das tres cousas tamén pertenecen ao seu ámbito privado e merecen respecto.
No exemplo que me pon sobre presuntos violadores, permítame que lle reserve a miña opinión. Non é precisamente un campo polo que me sinta especialmente atraído, nin sequera cando hai que presumirlles a inocencia.
A partir de agora bedería vostede estar máis atento ao que ocorre ao seu redor. Para non reprocharlle a ninguén falsamente o non ter falado antes.
A min tamén me pasa ás veces. De Física Muclear, por exemplo, ou de Matemática Quántica case non se nada mási que haber hainas.

Anónimo dijo...

Evidentemente, non o sigo a vostede desde os seus inicios no xornalismo, non son tan siareiro. Pero lembro que no caso da detención de Toñi Vincente non se andaba vostede con tantos remilgos co tema da presunción de inocencia ao conto do apoio dos intelectuales da vieira. Anoto textualmente o que escribira vostede:
"Como acaba de dicir o biólogo Victoriano Urgorri, director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña (Ferrol), “se os furtivos collen a vieira é porque alguén a compra”, e Toñi Vicente AINDA NON DEMOSTROU que non sexa ela unha dos que efectúan esas compras, segundo sospeita e denuncia a Garda Civil e investiga un xulgado de Ferrol"

Neste caso, ao parecer, Toni Vicente aínda non demostrara a súa inocencia, ven dicir vostede. Eu pensaba que o que se tiña que demostrar era a culpabilidade, pero debo estar equivocado. Certo é que todo rematou como rematou, pero cando vostede escribía esto a presunción de inocencia debíasellE a esta muller, e o escarnio xornalístico foi evidente nesas datas, ou non?

Pablo dijo...

"Además de ser insuficiente, el Derecho tampoco abarca todos los tipos de violencia que hay. Por ejemplo, la violencia doméstica no existe en el Derecho Penal. Si un hombre priva a una mujer de su capacidad de decisión respecto al dinero, no tenemos un tipo penal que lo castigue". Di esta xuíza en
http://elprogreso.galiciae.com/nova/21112.html

O malo é que José Luís López Vázquez xa morreu. A ver quen fai agora o remake de "Todos a la cárcel".

Fóra bromas: hai un grave problema coa xustiza neste país, que quedou enquistada no franquismo e no antigo réxime en case todos os eidos. Que haxa aínda a estas alturas asociacións de "Jueces para la Democracia" é un síntoma, por exemplo. E de que pé coxean o 80% -o famoso 80-20 cúmprese de sobra nista caste social- dos xuíces xa o sabemos.

En canto a esta nova "estrela", retrátase en moitas cousas nesta entrevista. "Pero no es cierto eso de que si una mujer denuncia a su pareja, éste pasa la noche en comisaría. Cuando alguien es detenido es porque hay indicios de la comisión de un delito". Unha mentira como unha catedral, e sei do que falo, non por vivilo eu, senón por estar ao pé de quen traballa nestes casos.

arume dos piñeiros dijo...

Non desexo entrar no cerne da polémica das esposas (na que probablemente anónimo e anfitrión non están demasiado alonxados) senón en algo que creo que acerta a considerar ao final do seu post don Perfecto: o estilo perigosamente demagóxico das columnas xornalísticas.
Coas gañas de agradaren aos lectores menos informados e máis gustosos das brochas grosas, certos xornalistas xogan a abandeirados de proclamas e consignas con menosprezo de subtilezas e análises máis finos. En troques de alertar sobre as aristas das cousas, eles tiran polo doadísimo, con estilo ademáis enfebrecido e vehemente (a poder ser con frases simples, cortantes) para gañar adeptos e lectores reconfortados. Este suposto xornalismo, propio da esfera futbolística onde é inocua calquera galdrupada, é moi perigoso aplicado ao orbe político onde se require fiar miudo e xulgar prudente.
Pero no caso concreto nin é a primeira vez nin ha ser a última. Temo.

Xaime dijo...

Quixera aclarar, aínda que non é o lugar nin naide me pide que o faga que a xente sae na TV e na prensa de paseo cas esposas postas por que o asunto ten importancia mediática e todos queren ter un soporte visual da nova.
Quen lle pon as trabas o imputado non é o xuiz, é a Policia Xudicial cando se teñen que facer dilixencias fora do Xulgado ou cando se lle conduce a presencia xudicial -vaia sarcasmo cando se pasan días agardando polo xuiz - e é, en previsión de fuga, obrigatorio poñerllas en ámbolos casos.
Por certo viron a Madoff con esposas?, a que non...

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Xaime, vostede que anda por eses xulgados de Lugo: cal é a norma para os casos de roubos de luva branca ou para aqueles que veñen con violencia? Hai normas?

Xaime dijo...

Amigo Arume, cada maestrillo -comisario- tenlle o seu librillo

Anónimo dijo...

Pois iso é o que non pode ser. Ten que haber un respecto escrupuloso á lexislación e a normtiva vixentes. Ante a lei e os seu encargados de que se cumpla, todos iguais: ricos, pobres, polítios, non políticos, negros, brancos, homes, mulleres... Os "librillos" están ben para liar porros, pero non deberían usarse para aplicar a lei.

Carlos Luis Rodríguez dijo...

Pois volvendo ao título do post do noso anfitrión, yo les soy más de Vientoso.

reis dijo...

tu es muuito giro. Carlo luiz.

Almiral Mouchez dijo...

A min gústame moito o que fai César Casal.

Con independencia de que unhas vez poida coincidir coa súa opinión, e outras non tanto...

Creo que escribe cunha vontade de estilo que xa non é común na prensa de hoxe.

Xaquín dijo...

Periolistos hainos, pero os ollos están para demostralo. Eu vin (na TV, prensa...)con estes olliños a máis dun presunto ou enxamonado chourizo (mesmo violadores!) coa cara e as esposas tapadas. Debían ser VIP! A que narices ben a demagoxia barateira do César Casal, no escrito aquí comentado?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,