jueves, diciembre 24, 2009
A Aircomet(ida) de Díaz Ferrán
Viaxei unha vez nun avión da compañía agora arruinada Air Comet, da que é propietario o presidente da Confederación Española de Empresarios (CEOE), Xerardo Díaz Ferrán. Foi unha viaxe a Buenos Aires, no mes de novembro do 2008. Tanto no percorrido de ida como no de volta, chamaba a atención o mal estado dos avións. Agás dos mecanismos de navegación, que eles como é lóxico funcionaron, senón non estaría eu contando isto, nos aparatos de Air Comet pouco era o que cumpría a función para a que fora instalado. Empezaban o voo cobrando por ver a película e remataban tendo que devolver os cartos porque o sistema de a bordo non era quen de facer chegar a imaxe ás pantallas dos pasaxeiros, entre outras cousas porque moitas delas estaban escachadas co evidente perigo de que alguén se cortase se inadvertidamente pasaba a man polas estelas que seguían enganchadas nos resplados dos asientos ou se, por un accidente, se vise proxectado contra elas. Dende logo, eu teño motivos para comprender a frase que acaba de pronunciar o propio Díaz Ferrán: "Yo no hubiese elegido Air Comet para volar a ningún sitio" (Ver La Voz de Galicia). Manda carallo na Habana a propaganda que fan de si mesmos algúns empresarios que logo lle pasan as súas deudas ao Estado!
Daquela, a prensa de Buenos Aires falaba diariamente da crise pola que atravesaba outra compañía aérea, Aerolíneas Argentinas, que tamén era propiedade do dono de Air Comet. O goberno arxentino estaba a piques de embargarlla a Diaz Ferrán por importe de un único dólar, debido a que non fixo fronte aos compromisos adquiridos cando a comprou, e, de feito, o embargo rematou levándose a cabo. Díaz Ferrán recibira unha axuda pública por importe de 955 millóns de euros que non destinou á compra de avións, ampliación de capital e pago de deuda aos que se comprometera para lograr esa axuda, segundo logo salientou o Tribunal de Cuentas do Estado no ano 2006.
Cajamadrid, entidade da que era conselleiro o dono de Air Comet, concedeulle un crédito de 26,5 millóns de euros que nunca pagou e, por riba de irrespectar as incompatibilidades que lle podería marcar o seu cargo na entidade de aforro, Díaz Ferrán presentou como garantía dese crédito accións da súa empresa Viaxes Marsáns que xa foran pignoradas anteriormente por Banesto, algo que logo lle fixo laiarse ao presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, de que Díaz Ferrán se burlou deles con este comportamento.
Mentres tanto, Díaz Ferrán puxo á venda outra empresa da súa propiedade, Trapsa, concesionaria do transporte público madrileño, só mes e medio despois de que Esperanza Aguirre lle prorrogase por 15 meses as concesións mediante unha medida que revalorizou inmediatamente os seus activos.
Porén, o que quizais resulta máis chamativo deste alto representante da patronal española é a súa pertinaz morosidade demostrada coa Seguridade Social, á que lle adeuda dende 1996 –unha data na que non había crise económica– o pagamento de cuotas que sobrepasan agora os 16 millóns de euros. Air Comet, nacida das cinzas do grupo Oasis, a finais de 1997, acumula perdas que sobrepasan os 100 millóns de euros, das que máis de sete millóns corresponden a deudas contraídas cos seus traballadores. Outra empresa do seu grupo, Newco, tamén lle debe catro millóns de euros á Seguridade Social.
O cuiroso do caso é que Díaz Ferrán, na súa condición de representante da patronal española, sempre foi un acérrimo defensor de que o Estado debería rebaixar as cuotas da Seguridade Social. “Pero se ti non as pagas”, viuse obrigado a dicirlle alguén nunha desas constantes diatribas súas.
Mercurio, a aseguradora coa que traballaba a compañía aérea, tiña pendiente de recibir garantías por valor de 18 millóns de euros que lle permitisen pagar as indemnizacións comprometidas pola empresa de Diáz Ferrán e do seu socio Gonzalo Pascual, que tamén é vicepresidente da CEOE.
A última é que un xuíz de Londres mandou embargar o aluguer dos avións que utilizaba Air Comet porque Díaz Ferrán e Pascual tampouco lle pagaban a quen llos alugaba, co resultado xa coñecido de que o Ministerio de Fomento tivo que facerse cargo dos transportes aéreos comprometidos a egora incumpridos polo presidente da CEOE. Arnold Leonora, o inversor holandés que parecía estar disposto a comprar a compañía, botouse atrás ao coñecer o embargo.
Como ben dixo o ministro de Fomento, ao ter que facerse cargo da situación, “unha vez máis o sector público, tantas veces denostado, está tendo que facerlle fronte a un problema xenerado pola cuestión privada” (ver El País). E, a todo isto, nin Díaz Ferrán dimite nin a CEOE o manda a cazar cocerellos. Con empresarios así, non era preciso que chegase a crise. Maiormente, era inevitábel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
É de supór que esta noita na casa deste home cearán: canapés de Chourizo, 1º chourizo ó viño, e para rematar torta de chourizo, que noxo de xente.
Sen dúbida é como vostede conta, pero tamén haberá que saber por que os fondos ICO que lle prometeran adxudícarlle para refinanciar a débeda que acumulaba a cía. , non chegaron e lle esixiron novas garantías que non llas pediron a tódolos bancos aínda non fai moito tempo.
Doble vara de medir, perxuizo o canto.
O Díaz Ferrán e culpable por neglixente, indo a por unha naviera con escasas posibilidades que fora arriba, e agora paga o pato.
Este tío é o que dixo: "....la mejor empresa pública es la que no existe....". Tiene co....el "gachó", e el a chupar dos cartiños públicos. Estes son os empresrios creativos emprendedores deste país. Menuda tropa do carallo está na COE, son dos que sempre din que teñen que "conxelar" os soldos. Eu lles coxelaba os "coquitos" . ¿Cómo queremos que este país sexa algo na industria con empresarios así?.
A estes nin auga. Deste Sr. Ferrán coido que co franquismo tamén fixo das súas.
Publicar un comentario