Estremece ler o que publica hoxe El Mundo sobre o caso de Diego Pastrana, o albanel que foi acusado falsamente en Tenerife de ter violado e golpeado a filla da súa compañeira. Dá medo pensar en como poden funcionar ás veces determinados poderes da sociedade actual (Policía, Xustiza, Sanidade, etc.) con absoluto desprezo da presunción de inocencia e ignorancia total dos dereitos individuais. E tamén asusta terribelmente comprobar como están funcionando algúns medios de comunicación respecto a estes temas.
Segundo denuncia Plácido Alonso Peña, avogado de Diego Pastrana, axentes da Guardia Civil de Playa de las Américas levaron a cabo “un macabro exercizo de tortura piscolóxica” co seu cliente. Logo de telo a pan e auga durante cinco días nun calabozo de catro metros cadrados, obrigárono a ver as fotos da autopsia da nena falecida por causas que non teñen nada que ver coa súa actuación, segundo demostrou a autopsia. Mentres que o forzaban a mirar gritáronlle: “Olla, olla, cabrón! ¡Olla o que fixeche coa nena”. ¡Vas papar 40 anos por cabrón!”.
E o malo de todo, como dí a avogado: Que pasaría se a nena non morrese? Que pasaría se só existise aquel informe de Urxencias demoledor? Onde estaría Diego daquela? E, sobre todo, con que ollos mirariamos para el?
10 comentarios:
Xa sei que vostede está de volta pero non se deixe levar polas apariencias. Dende que hai políticos nas inmediacións dos Xulgados escomézase a pensar que por riba de todo a presunción de inocencia, que non está mal, pero oiu o do rapaz canario é unha excepción que cumpre a regra do estropicio que lle poden facer a un en canto merodea a xustiza.
Estou horrorizado.
Lin iso esta mañá, e non me pasa o susto!!!!
Estou horrorizado.
Lin iso esta mañá, e non me pasa o susto!!!!
Non se esqueza vostede da portada no monárquico diario o sábado con foto includia do malpocado rapaz e un titular arrepiante:"A mirada do asasino dunha nena de tres anos".
Que llo pregunten a Dolores Vázquez...que era "moi galega", como decía a fiscalía.
Que llo pregunten a Rafael Ricardi...que llo pregunten os condenados polo 11-M que foron postos en libertade polo TS tras 13 meses en prisión e expulsados de España...que lle pregunten a eses 2 músicos colombianos...
La Xusticia en España é unha merda, está feita para os Albertos de turno....Xuices desbordados, funcionarios desganados, procedementos lentos,a quen lle importa???
Despois non hai torturas nas Casas da Leña (desta maneira lle chamabamos aos Cuarteis da Garda Civil nos tempos da "Longa noite de pedra"). O que pasa que ante as novas de torturas por AI, pasamos moito dese tema, e o goberno de quenda trata de que os medios non falen nada ou case nada diso. ¿Que pensades? . Por que veu a "democracia" xa rematou os vicios deste corpo. Non estará o cuadro de Franco nas academias por cousa imperativa, pero os métodos son os mesmos, os vicios os mesmos, e sona moito nos entrenamentos aquilo de ¡Rojos de mierda!. Atado e ben atado quedou esta merda borbónica.
De la betanceira Doña Dolores Vázquez Mosquera, dijo un Fiscal "andalú" que tenía un caracter "pusilánime y muy gallego".........
El caso de Ahmed Tommouhi
lamentablemente hay que hacer el ave a galicia, antonio miguel carmona, la sexta, al rojo vivo, 28 de febrero de 2012
para serafín castro, el electricista castiñeiras es un hombre de carácter cerrado, oscuro, gallego.......
Publicar un comentario