jueves, diciembre 24, 2009

Outro ano en arrandeo


“Outro ano en arrandeo, e detrás nosa,
os nosos pasos de onte xa sin voz.
E os nosos xeitos, xa con non sei que
de doce señardá de cousas orfas”.

Sírvanme estes versos de Aquilino Iglesia Alvariño para dirixirme a todas as persoas que coñecín, coñezo ou poda coñecer no futuro en días de tanta tradición como os que estamos a vivir. Especialmente, aos “croquianos”, pero tamén a todos os demais, sexan tirios ou troianos. E de maneira especial, tamén, a eses dous xornalistas da Cadena Ser, Daniel Anido e Rodolfo Irago, que un xuíz desxuiciado quere mandar á cadea por teren contado a verdade.
Para o xuíz, Ricardo Rodríguez Fernández, só lle desexo que os Reis Magos lle traian unha boa tonelada de tizóns. Por ver se lle alumean o espírito, que boa falta lle fai.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Graciñas, o mesmo che desexo.
Para o xuíz, o castigo de suspensión de empleo e soldo durante 5 anos, e a cabar as leiras co legón, pra curarlle a próstata mental durante ese tempo. Son compasivo, xa que aínda peréceme pouco tempo. Beuno, cómo é Nadal, tiven un pouco de compasión.

Anónimo dijo...

Saúde e forza para ti e para todos.

Anónimo dijo...

Ánimo, señor director, que o ano que ven aínda vas ter máis traballo.

Almiral Mouchez dijo...

Magnífico, Aquilino, sempre...!!!

Aínda que para o meu gusto particular, o Seminario de Mondoñedo deu dous poetas aínda máis grandes ca el: Noriega Varela, autor por certo duns versos que me conmoven fondamente cada vez que volvo e ales (Fillo do corazón, que nas meniñas / dos teus ollos levache os meus amores / descansa eternamente sobre frores / que eu non tei hei de olvidar entre as espiñas...), e por suposto Crecente Vega.

Que teñan todos, meus amigos, un Feliz Ano: un MMX cheo de venturas.

Unha aperta inmensa, Don Perfeuto.

Luisfoz dijo...

Feliz solstício de inverno, Perfeutim.
P.S. Somo-me ao carvão para o citado juiz.

Vicente Araguas dijo...

Hoxe subín ao Coto de Ancos; limpísima perspectiva (ben diferente á cousa neboenta aquela do verán pasado). Que o ano que ven poidamos revisitar o Coto; señores Conde, Foz e Mouchez, e os "croqueiros" que desexen sumarse.
Teñan todos vostedes un 2010 espléndido. Saúde e República.

Almiral Mouchez dijo...

Que o visitemos cen anos seguidos, irman!!!

Luisfoz dijo...

Estou desejando vê-lo depois do fracasso que tivemos. Saúde e Republica galega!

Anónimo dijo...

Foz, cando aludes ao fracaso... refíreste á República Galega?

Luisfoz dijo...

A República galega ainda não fracassou, quando chegar veremos; se calhar podia falar daquela que durou um dia em tempos republicanos, Alonso Rios e demais, mas não quero dar lições de história gratuitas. O fracasso foi quando subimos ao Coto de Ancos e não vimos nada por culpa do nevoeiro. Bom ano à comunidade croqueira!!!