martes, diciembre 29, 2009

Tontos úteis ou discípulos de Friedman?

Eu son dos que pensamos que a nosa vida non vai cambiar nada porque se casen ou sigan vivindo arrexuntados Xosé Luís Méndez e Xulio Fernández Gayoso, é dicir, Caixagalicia e Caixanova. Tanto me dá que me dá igual, escriba o que escriba Antón Reixa, empresario audiovisual forzado polas circunstancias. Digan o que digan os mártires fundadores de Galicia, que agora tamén andan no PP e que parecen, entre todos, os sete santos fundadores de Irlanda, esta terra vai seguir sendo esta terra con fusión ou sen ela e mesmo con fisión ou sen fisión.
Porén, non entendo cara onde están a circular os actuais apóstolos do PSdeG-PSOE. Que Ricardo Varela saia agora falando de “tontos úteis” ou que Leiceaga, ese santo fundador de Irlanda, algo así como un Saint-Corentin de Compostela, nos veña falando ultimamente do perigo da intervención do “estado” galego, ou sexa a Xunta, no único no que aínda quedaba algo de público na actividade bancaria da nosa terra, paréceme polo menos cinismo político recalcitrante. Para unha vez que a nosa dereita de sempre, que é dereita pero é a nosa (xa saben aquilo de Flanklin D. Roosenvelt sobre o dictador Taccho Somoza), parecía apostar por algo público, ben puideron seren polo menos máis discretos. Ou volveu o PSOE a inciar outros cen anos de vacacións?
O de que Varela lle chame fatos e, ademais, úteis aos seus contrincantes políticos podía pasar como simple ocorrencia de taberna política, pero que o seu partido se empeñe en estigmatizar o intervencionismo público como Franco tentaba colgar dun pao os comunistas antóxaseme que xa é máis grave. Sobre todo, tratándose dunha tendencia política que se inclina pola intervención cando lle convén. Ou é que se volveron os socialistas galegos un fato de discípulos Milton Friedman?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa, pero cál é a razón para que PP e BNG vaian xuntos, tan acaramelados, os dous coa palabra "País" na biqueira?

Qué teñen en común ambas formacións no terreo da pasta?

Imeneo dijo...

1º A lei que se aprobou onte é do BNG.
2º A fusión é a única que garante que as caixas sigan a seren galegas.
3º Non é estraño que o Banco de España apoie fusións en Andalucía entre as caixas andaluzas e proteste perante a posíbel fusión das galegas?
4º Que fai o PP en todo isto? Non sei, por lóxica debería estar en contra da fusión, para algo tamén, ao igual que o PSOE votaron a favor do FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, -o nome xa o di todo, verdade?). Haberá que agardar para ver como evoluciona o PP nesta cuestión.
5º O do PSOE galego é dun seguidismo centralista que dá noxo, supeditando, coma sempre, os intereses galegos aos estatais. Son o brazo político de Botín.

Imeneo dijo...

O ramalazo Neocón do PSOE

A falta de poucas horas para que o Parlamento Galego aprobe unha reforma de caixas de aforro que blindará este sector sector financeiro estratéxico para Galiza, descubrimos con certo estupor e sorpresa que o PSOE asumen o papel Neocon que tradicionalmente tería o PP nestes casos, xa que denuncian que a reforma, que presumibelmente sairá adiante cos votos do BNG e do PP, e "intervencionista" e "pouco democrática". Sobre o primeiro sorprende que un partido que se di de "esquerdas" faga esta afirmación, xa que o control público é fundamental para que os investimentos se fagan en beneficio do país e non en beneficios duns espúreos interes especulativos. Sobre o segundo, maior sopresa aínda, xa que significa a xubilación forzosa dun señor, Gayoso (non é o de Luar), que leva manexando ao seu antollo Caixa Vigo e posteriormente Caixa Nova, desde a ditadura; por hixiene democrátcia non se pode consentir que un señor, que non é o dono da caixa, siga afianzando o seu poder nunha institución como é unha caixa de aforros.

Tempo haberá para falar do posicionamento do PP sobre a fusión das caixas de aforro e o apoio á reforma da Lei de Caixas do BNG, pero, que duda cabe, que este é un paso fundamental para que Galiza teña un sector financeiro de seu, sen inxerencias e interferencias foráneas.