Unha piscina de 12 metros, un campo de fútbol, dúas casetas prefabricadas e chantadas sobre solo de formigón e equipadas con aseos, mesa de ping-pong, mesa de comedor, neveira e televisión (ver El País). E todo isto construído ilegalmente no concello coruñés de Paderne nada menos que polo xuíz decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, e polo seu irmán Xavier, titular do Xulgado do Social número 4 da cidade da torre patrimonio da humanidade.
Segundo determinou a Axencia de Protección da Lagalidade Urbanística da Xunta de Galicia, mediante un expediente que foi resolvido o 18 de decembro, deben ser demolidas todas as infraestrturas construídas nesa finca, que é propiedade da nai dos dous xuíces que mandaron facer as obras, María Isabel Mandián Maceiras, sen permiso urbanístico da Xunta e sen licencia municipal.
A superficie afectada está no lugar de Tarreos, sometida á clasificación de chan non urbanizábel, debido a que se trata dunha finca rústica de especial protección das augas e declarada, ademais, como “sistema xeral de espacio libre de titularidade pública”. Por non respectar, a construcción non residencial dos Mandián nin respectou a obrigación de dispor de 5.000 metros cadrados de superficie, xa que a finca són ten 1.799. Trátase, polo tanto, de obras non legalizábeis que comprenderon a instalación dunha piscina, un pozo de auga artesán, unha fosa séptica e tres casetas prebaricadas de madeira e formigón. Os responsábeis da obra xa foran expedientados antes por levar a cabo traballos sen autorización e por desviaren o cauce do regato das Fragas.
En Sicilia as obras ilegais acométenas, sobre todo, os emerxentes da mafia. Aquí, polo que se ve, ademais dos emerxentes de calquera clase, tamén as fan algúns xuíces. Non parece precisamente un bo exemplo. Que farán estes dous representantes da Xustiza española cando lles toque resolver casos de ilegalidade urbanística? Botarán man da súa “xurisprudencia” familiar?
5 comentarios:
Neste país hai xustiza de varios tipos. A deste tipo é como a de Paco Vázquez, pode pasarse as leis polo forro. Leis como a de normalización lingüística, por exemplo... pero como nos dicía un profesor en Xornalismo, comézase copiando nun exame e acábase desfalcando na Xunta!
http://www.carloscallon.com/2009/06/xustiza-lingua-e-as-faltas-de.html
E logo teñen máis que dicir que o resto, e co seu corporativismo seguirán aí dando lecións, sobre todo de ética.
Se os xuices que se supón que teñen que ser os que velan pola xusticia, neste caso fan dela un pandeiro. Pero seguramente que foron dos que foron coa mula cargsda para que lles desen o titulo e daquela como pagaron por el xa teñen dereito a facer o que lles dea a gana
¿Qué opinará de esta noticia VENTURA PÉREZ MARIÑO?
El título hay que dártelo a ti, pero el de subnormal
Publicar un comentario