miércoles, febrero 03, 2010

Adeus, Adolfo Domínguez, adeus!

Disque Adolfo Domínguez algunha vez foi progre e andivo polo París da Francia facendo algo de contestario. Quen te viu e quen te ve! Agora o modisto ourensán, vestidor orgánico da progresía española durante moito tempo, preconiza nada menos que “o despido libre, sen trabas admnistrativas nin xudiciais” para que os traballadores “gañen cada día” o seu posto e solucionar con isto a crise.
Nin o ínclito xefe da patronal española, Xerardo Díaz Ferrán, arruinador de empresas, se atreve a tanto. “Todas as medidas que se tomen para facer máis doado o traballo do emprendedor reflectiranse nunha menor taxa de paro”, dixo o deseñador que quixo ser novelista, na súa intervención no Forum Europa Tribuna Galicia. O emprendedor do textil sostén que “os empresarios precisan liberdade para reorganizar as súas empresas e que non lles custe unha barbaridade prescindir dun individuo que xa non é bo”. Hai que ver ata a linguaxe que nos gasta agora este rapaz falando de prescindir de “individuos” que xa non son bos. Ou sexa, que se volveron malos.
Domínguez está feito un auténtico reaccionario. Só nesa liña se entende que fale así e que despotrique con tanto noxo sobre o estado do benestar “tal como o teñen organizado os europeos e os españois”. Descubridor de ideas que non pariu el, arremeteu ata contra o xenro de Carlos Marx, Paul Lafargue (O dereito á preguiza), ou contra Tom Hoadgkinson (Eloxio da preguiza) cando tratou de desprestixiar ao “eloxio da preguiza” no que, segundo el, se instalou a esquerda “cando se viu obrigada a abandonar por inservíbeis as bandeiras do socialismo real”.
A Domínguez parécelle ben o proxecto gobernamental de retrasar a idade de xubilación ata os 67 anos, pero debe ser o único que lle gusta de Zapatero porque todo o demais desprézao olimpicamente. Pediu a convocatoria de eleccións anticipadas porque lle parece que España pode ir á quebra se segue gobernada pola mesma clase política.
Pois mire, don Adolf, sonlle dos que levamos comprando a súa roupa máis de trinta anos. Acabouse. O seu posicionamento político chéirame a podre. Que lle dean pola chaqueta, é dicir, por saco. Non volverei darlle un peso a gañar no que me queda de vida. En canto gaste os trapiños seus que teño, mirarei a ver se me vale Purificación García, Roberto Verino ou quen sexa (se cadra ningún), menos vostede. Tschüss, Adolf, tschüss!

12 comentarios:

Theo dijo...

E este elemento ía de progre?. Manda carallo na Habana, agora o Adolf quere a escravitude, pero non fala da súa empresa con soldos de 500 euros ao mes e xornadas de 12 horas e quizais teña algunha xente sen regularizar.
A preguiza Sr. Adolfito, a fomentades todos vos, que pagan unha merda e vivides coma dios,metedes os cartos nas SICAV, creades empresas superpostas e en paraisos fiscais e aínda tes a "jeta" de dicir que temos que xubilarnos aos 67 anos. Xubilate ti a eses anos pero con 600 ou 700 euros. Mal raio me parta se merco calquera cousa dos teus comercios e cada vez que vexa unha tenda túa cambiarei a vista para outra parte, non vai a ser que quede cego.
Xa veredes cómo os do PP lle van aumentar as contas, van ir mercar como tolos, con tal de fodernos son capaces de todo.
Que doado é votar a lingua a pastar.

Touceda dijo...

O rei das subvencións e da exportación obreira. Que se lle investiguen as súas finanzas e as súas relacións laborais, e que se pubriquen os resultados: onde se cose a súa roupa, onde se pagan e se defraudan os impostos, etc. Na miña vida escoiteu falar desa maneira nin aos máis retrógrados empresarios. Domínguez ou toleou ou está completamente chocho. Con dúas parrafadas botou a perder o prestixio e o respecto que lle custou décadas gañar. Boicot aos seus produtos e ás súas tendas. Hai que parar esta oleada insoportable de neofascismo.

MS dijo...

O día que os empresarios, TODOS, paguen o IVE, declaren a Facenda o que realmente facturan, e invistan parte dos beneficios en formar os seus empregados, ese día, eu tamén estarei a favor do "despido libre".

Anónimo dijo...

Xa tirei do armario a última camisa do Adolf, pero penso que Puri García e de Galicia Bilingüe, do Verino, non sei.

ocorsario dijo...

Non lle recomendo que cambie ós deseñadores que cita no final do seu "post". Se non lembro mal foron asinantes do "Manifiesto para la defensa del castellano" e non sentín nunca unha rectificación polo feito. (como si fixo Luz casal).
Se estou trabucado agradecería me corrixeran.
Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

CLIC

Luisfoz dijo...

C'est triste. Eu conheci-o em Paris.

Anónimo dijo...

Semella que os paises do terceiro mundo, donde os traballadores non teñen dereitos e inxustiza social é inmensa, é o modelo máis acaido para os plans empresariais do tal "modisto".
As loitas sociais máis exacerbadas dos séculos pasados tiveron lugar por actitudes como a súa.

Detrás de todo o glamour, estilo, moda, good look, etc. non hai máis que unha mentalidade miserable.

Anónimo dijo...

A min xa me vendeu todo o que me tiña que vender.
Ana

Anónimo dijo...

Eu non mercarei máis AD (Abaixo os Dereitos).

Carmen dijo...

este impresentable,non sabe que non e mesmo irse que votalo.non perdeu o xuizo ò que pasou que fixo un papel,cando o psoe,subvencionou a moda galega,è el levou moitos millons,coma outros que ian de progres.eu nunca merquei roupa de todolos que ian de galegos è explotadores.
haberà que buscarlle a qoscas,ò que esta è fodido porque perdeu moitos cartos na bolsa coma tantos ricos,a culpa è del por ambicioso.

Anónimo dijo...

Hostio, cómo sodes os progres.
Agora xa non lle ides mercar a este progre?