Mal se lle están poñendo as cousas ao goberno de Alberto Núñez Feijóo se atendemos ao impor-
tantísimo problema que creou coa súa proxectada reforma lingüística. Algo remolona pero contundentemente, o Consello da Cultura Galega púxolle a guinda a toda unha serie de críticas (Universidades, Real Academia Galega, Instituto da Lingua Galega, departamentos lingüísticos, etc.) que foron formuladas contra as bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino universitario de Galicia.
É certo que que o pao máis grande caeulle dende a Real Academia Galega, que nun pronunciamento ata agora inédito no que se refire á súa radicalidade, fixo pública unha posición irrevocabelmente defensora do idioma que lle é propio, pero non resultan menos contundentes as razóns expostas polo Consello da Cultura Galega contra as bases propostas por Feijóo, Xesús Vázquez e Anxo Lorenzo, que remataron véndose absolutamente sós no proxecto de reformar a política lingüística menoscabando o idioma galego.
Neste proceso hai algo que xa empeza a resultar mesmo patético. A comprometida posición dun sociolingüista como Lorenzo que se ve arrastrado pola maré conservadora ata praias moi lonxanas do que sempre pareceu ser o seu litoral. Resulta sintomático, neste aspecto, que o Departamento de Lingüística Galega da Universidade de Vigo, ao que el pertenece, tamén sexa un dos que se opoñen as bases presentadas polo goberno do PP e das que el resulta ser un dos principais autores intelectuais. Case todo o mundo universitario galego está contra esas bases. Seguramente, en circunstancias algo máis asimilábeis ao contexto democrático europeo, esta cabalgada en solitario podería ser motivo máis que suficiente para algunha dimisión, pero aquí as cousas van por outro lado coma sempre.
Neste contexto, non carece de importancia tampouco a actitude manifestada polo alcalde e a corporación do concello ourensán de Vilariño de Conso pronunciándose tamén en contra das bases. Precisamente alí goberna o PP e esta é a primeira vez que un goberno municipal do mesmo partido ca Feijóo toma unha determinación coma esta. Debe ter algo que ver co que acaba de pasar coa sucesión de Xosé Luís Baltar polo seu propio fillo na dirección do PP na provincia onde os conservadores aínda manteñen as maiores doses de galeguismo.
Entre unhas cousas e outras, o que resulta evidente é que Feijóo estase quedando só. Ou cambia a nevegación ou verase condenado a bogar contra o vento. Xa non recibe máis respiro co que lle chega de Madrid.
6 comentarios:
E que lles parecen as declaracións de Adolfo Domínguez a favor do despido libre...?
Boas tardes a todos.
Non penso mercar nada que leve marca de Adolfo Domínguez.
Non lle viría ben a Fijoo fcer unha remodelación do goberno para saír da estacada? Cultura e Educación complicáronlle a situación duramente (supoño Feioo foi o inductor), e en educación seguen perseverando na metedura de zoca, desprestixiando ao CCG,RAG, ... e a todo o muno que opina en contra do decretazo.
Remozndo o equipo pode saír algo airoso colgándolle o morto a outros, que para iso son conselleiros.
Xa que fala de Anxo Lorenzo, mire o debate que mantivo aínda o sábado pasado con profesores que se lle opoñen... Chega a decirlles que fan demagoxia barata! Aulas e despachos, titúlase sabiamente o vídeo
http://certo.posterous.com/lingua-galega-debate-dos-premios-de-innovacio
moi bom o video, aprendim muito. grazas. nom tinha duvidas e agora vendo a ise "home" ainda menos.
Agora mesmo, e remate como remate o asunto do decretazo da galegofobia, Feijóopus está seriamente desautorizado polas "élites", fortemente cuestionado polos profesionais e amplamente derrotado pola mobilización popular. O silencio dos correos, e os ouveos dos pandereteiros mediáticos non lle vai servir de moito.
Mister Bean é grande mas leva no cu
Publicar un comentario