lunes, junio 28, 2010

Le Monde non se españoliza


Un homosexual, un play-boy e un pai de familia van ser os novos amos de Le Monde. A oferta presentada conxuntamente por Pierre Bergé, Xavier Niel e Matthieu Pigasse foi maioritariamente elixida polas sociedades de redactores e empregados do xornal francés de referencia, que deixaron fóra a alternativa na que participaba a empresa española Prisa, editora de El País, comandada polo patrón de Le Nouvel Observateur, Claude Perdriel. A decisión final tomarase hoxe en París.
Foi o propio Pierre Bergé, personaxe moi coñecido na cultura, a moda e actividade empresarial francesas, quen se expresou aludindo ás caraterísticas persoais dos tres participantes da alternativa presentada para facerse co control ecnómico de Le Monde. Bergé, en efecto, foi compañeiro sentimental do modisto Yves Saint-Laurent, do que tamén foi socio empresarial. Convertido en mecenas do socialismo francés dende hai tempo, apoiou a François Mitterand e a Ségolène Royal nas súas campañas electorais á presidencia da República Francesa, e financiou boa parte das actividades públicas levadas a cabo polas fundacións de Danielle Mitterand.
Xavier Niel pasou en pouco tempo de empresario emerxente no mundo da informática a representar a fortuna número doce de Francia, con 2.680 millóns de euros. O seu gran éxito é a empresa proevedera de acceso a Internet denominada Free. Coma Bergé, Niel móvese no campo político do socialismo francés.
Pola súa parte, Matthieu Pigasse, pai de tres fillos, desempeñou altos cargos na administración socialista de Dominique Strauss-Kahn e Laurent Fabius. É codirector xeral delegado e vicepresidente para Europa da Banca Lazard e propietario e presidente do magasín Les Inrockkuptibles.
A alianza destes tres grandes empren-
dedores franceses deixou fóra de combate a alternativa presen-
tada polo patrón de Le Nouvel Observateur, Claude Perdriel, en compañía da empresa francesa Orange e da española Prisa. Polo menos iso é que decidiron por inmensa maioría os xornalistas e empregados de Le Monde, en contra tamén dos desexos do presidente Nicolas Sarkossy, que ultimamente moveu algunha peza tentando favorecer a alternativa encabezada por Claude Perdriel.

3 comentarios:

carqueixa dijo...

Oiga, don Perfeuto, ultimamente no Mozila Firefox sáenme un monton de letras raras, tipo grego; probei tamén co Google Chrome e segue igual. Non sei co que está a escribir os posts, pero a min costame lelos. Faga o favor, se é que cambiou, voltar ao de antes. Se non e culpa do meu computador. Mais négome a usar o Explorer.
Desculpe o comentario.

Perfecto Conde dijo...

Recentemente actualicei o navegador Firefox co que estaba actuando. Carguei a versión 3.6.3 Se cadra é por iso.
A próxima entrada vou procurar colgala mediante Safari. Xa me dirá se recibe correctamente.
Grazas,
Perfecto Conde

Luisfoz dijo...

Muito boa a notícia