jueves, septiembre 06, 2012

A concelleira masturbadora

Veño de pasar doce días magníficos nas illas Terceira e de Sao Miguel, do arquipélago dos Açores. Podíalles contar como é que coñecín o paraíso nestes dous lugares privilexiados pola natureza no medio do océano Atlántico, pero prefiro mergullarme de novo na realidade cotiá desta Europa que está en completa decadencia senil.
Por exemplo, ese célebre video pornográfico dunha concelleira socialista de Los Yébenes (Toledo), que se gravou a si mesma mentres que se marturbaba, segundo ela para ofrecerlle as imaxes ao seu home. Hai cousas que non se entenden ben. Marturbarse para o seu marido? E non sería mellor facelo in live e sen necesidade de por unha cámara diante? Utlizando, ademais, un sistema tan inseguro como é o Whatsup? Hai que ser algo parvo ou un bocado exhibicionista, se cadra.
Pero o que é realmente grave é que houbese alguén disposto a difundir con escurísimas intencións o tal produto pornográfico. Di a afectada que o video foi enviado o 13 de agosto dende un correo electrónico da Alcaldía de Los Yébenes, rexida por un militante do Partido Popular. É curioso comprobar como os integrantes desta formación conservadora española, herdeira directa do franquismo, son auténticos e constantes expertos en remover na merda. Se non é por unha cousa, é por outra, pero sempre andan agarrados á manivela do ventilador. Como se eles non fosen os primeiros en formar a tona da fosa séptica.
Dito isto, tamén quero engadir que sigo botando de menos políticos e gobernantes máis centrados no servizo público e menos engaiolados no seu propio egocentrismo e, coma neste caso, na súa propia complacencia. Hai cousas íntimas –foder, masturbarse, rascarse a barriga– que simplemente deberían facerse polo simple placer de sentilas e non pola avaricia egoísta de transmitírllelas aos demais. Todos ou case todos gravamos algunha vez esceas íntimas das nosas vidas –e non digamos dármonos ao manubrio–, pero case sempre gardamos esas produccions "cinematográficas" no fondo dalgún baúl herdado das nosas aboas. Os franceses non quixeron que Dominique Straus-Kahn fose presidente da súa República. A min tampouco me gustaría que Olvido Hormigos fose a primeira presidenta da República española cando chegue. Frivolidades na vida pública, as xustas.

4 comentarios:

Carqueixa dijo...

Don Perfeuto, eu que son un lusófono ou aportuguesado perdido e que teño programado visitar todos os países da lusofononía, adiei este verán a miña ida as Açores por causa do traballo da miña muller, pódolle pedir o favor da súa andaina nas illas? Meu e-mail searadetoran@gmail.com.
Sobre o artigo dacordo co que vostede di. A vida privada só lle corresponde a propia persoa que a ten, ainda que non parece ter moito sentidiño quen fai un video deses e termina nos mediospúblicos.
E por outra banda, actualícese máis a miúdo que hai veces que tarda unha morea de tempo.
Cumprimentos

bemsalgado dijo...

Mas turbadora pode ser, a que xoga aos médicos, non creo.

XMS dijo...

Xenial ese tal López!

Anónimo dijo...

Non creo que masturbarse e ter a mala idea de grabalo e a peor sorte de caer ñas mans dun o impresentable Invalide a esta moza para nada. E, encanto a cor política da indecencia recórdolle don Perfeuto o papel dalgúns socialistas no asunto Pedro J.,