Xosé Lastra Muruais, Pepe d’Eladio, como lle chamamos aínda agora os amigos na Pontenova (Lugo), que é onde naceu, é un profesor de Ferrol que durante moito tempo andivo na política do BNG. Era, por exemplo, concelleiro-delegado de Urbanismo cando se levou a cabo a remodelación da praza de España retirando a estatua do ditador Francisco Franco.
Herdou do seu pai unha enorme afección polos coches. É un condutor case de rally, e da súa nai un aínda maior apego á música. Dende o centro escolar que dirixe na cidade departamental, o CEIP Manuel Masdías, hai anos que ven promovendo un grupo musical denominado Ledicia no que participan alumnos, profesores, pais de alumnos e algunha xente máis relacionada coa música e co folklore. Lastra, ademais, é presidente de Nova Escola Galega.
O Grupo Ledicia (www.grupoledicia.org) acaba de sacar un novo disco que merece a pena. Chámase Endiñada e leva o selo de Edicións Xerais. Como din eles, sirve “para que as nenas e os nenos sigan gabeando polas notas e polas palabras”.
4 comentarios:
Mágoa que por ter unha coartada para retirar a ecuestre de "Paco da calle (sic) María" os munícipes daquela consentiran destragar con semellante desfeita un espazo urbano que tanto xogo dera a vellos e novos. Non tería sido mellor recuperar a fonte e as fontelas e non venderse (de novo) ós intereses capitalinos?
This blog was really amazing, thank you so much for sharing this blog. picbear
Publicar un comentario