viernes, abril 04, 2008

Venceremos nós

Logo dunha semana de apraza-
mento na data do peche inicialmente marcado, rematou a exposicón sobre as mobiliza-
cións estudiantís do 68 en Compostela que estivo aberta no pazo de Fonseca da Universidade de Santiago. Ricardo Gurriarán, comisario da mesma, está negociando agora que esta mostra se poda ver tamén nas cidades de Ferrol, Vigo e Lugo proximamente.
O acontecemento acadou a máxima audiencia de visitantes e tratamento mediático. Durante cinco semanas, máis de 10.500 persoas visitaron a mostra e moitas delas demóraronse horas contemplando o importante material (fotográfico, documental, sociolóxico, etc.) presentado. Foron moi numerosos os colexios da capital galega que levaron os seus alumnos ver como eran, e como se revoltaban, os estudiantes galegos de 1968. O Catálogo editado para a ocasión, auténtico corpus dunha etapa moi importante da vida galega, esgotouse varias veces e aínda agora os organizadores da exposición seguen recibindo moreas de peticións.
Entre as anécdotas a que deu lugar a celebración, hai varias de distintas persoas que se recoñeceron nas fotos correndo diante dos policías da época e que agora viron pasar diante dos seus ollos secuencias dunha vida que xa non lembraban nidiamente. Especial lembranza deixou nesta efeméride o presidente do goberno asturiano, VicenteÁlvarez Areces, un dos protagonistas máis importantes daquela época, nas dúas ocasións que acudíu a Compostela para conmemorar o maio do 68. A súa frase de que aquela foi “a epoca máis frutuosa” da súa vida impresionou a máis de un. Para que aprenda Touriño. E non só a falar galego.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Seredes carrozas. Non vos ten dito xa Daniel Cohn-Bendit que o 68 é unha chorrada que hai que liquidar?

Anónimo dijo...

Non lle chame carroza a don Perfeuto. Que se vai xubilar e andará moi sensible.

Anónimo dijo...

Liquidar o 68? Está tolo ese Con (en francés, conacho) Bendit. Foi o vendaval máis sano que houbo na política europea dos últimos 150 anos.

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, agora mesmo remato a lectura que tiña pendente do seu blog. Fágoo desde Panama City, de volta da aventura pacífica, e teño que decirlle que o seu blog e moito mais placenteiro que os xornais dixitais que non me quedou mais remedio que navegar para ir poñéndome ó día. Chegarei a tempo de celebrar esa xubilación na casa da esa amiga que sempre ten un curruncho para darlle de comer a catro famentos.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Atención, non pinchedes no "comentario" anterior, é un virus ou algo parecido.
O que localice primeiro ao Perfecto, que o avise.

Anónimo dijo...

Moitas grazas ao Anónimo anterior que avisa sobre o perigo de que puidera haber "un virus ou algo parecido" na entrada do comentarista que o precedeu a el.
Non era un virus. Se cadra case era pior aínda. Era unha desas publicidades basura coas que determinados desaprensivos enchen a rede. Neste caso, un vendedor sen escrúpulos de un inoperante sistema de seguridade contra virus e troianos. De cando en cando cólanse tamén no meu blog e procuro sempre darlles matarile en canto os detecto. Acostuman dicir se pinche here ou algo parecido. Como medida elemental de seguridade, cómpre non darlles pábulo e non pinchar neles.

Anónimo dijo...

Na mítica foto, estaba vostede moi chulo (no senso de bonito), don Perfeuto. Talmente parecía un existencialista francés escoitando á Greco, dona Xulieta.

Anónimo dijo...

Ricardo Gurriarán, por certo, un tipo fantástico, foi un dos mellores adestradores de atletismo que deu Galicia xamais.

El ocupábase, por exempo, da preparación de Xamín, un atleta magnífico que disputou moi brillantemente, entre outras competicións, o Campionato de Europa de Pista Cuberta na proba de 1.500 metros. Nun tempo no que facelo non era nada doado, porque entre os reus rivais estaban Abascal e José Luis González.

Non sei que sería de Xamín, miren...

Hai anos dixéranme que aprobara as oposicións de maxisterio.

Boas noites a todos.

Almiral Mouchez