Os amigos lectores deste blog tenen que disculpar a despedida a francesa que lles fixen fuxindo de Galicia sen avisar. Mais ainda me ten que disculpar o meu amigo Ramiro Fonte por non terlle asistido a homenaxe que lle fixeron en Ferrol o pasado luns. Sucede que ando de don Henrique o Navegador por mares de Grecia. Cos meus amigos Alexandro Dieguez, Jobo e Carlinos estou tratando de emular a Ulises na busca de Penelope na illa de Itaca.
Comenzamos o periplo ao norte de Atenas, na Grecia continental, nun lugar case perdido que se chama Oropos. Baixamos polo Exeo, dobramos o cabo de Marathon e recalamos en Lavrion, antes de de pasar fronte a Atenas e bordear a illa de Salamina, onde xa empezamos todos a entrar na historia desta magnifica parte do mundo. Cruzamos logo o canal de Corinto para entrarmos no golfo do mesmo nome, camino da xa total inmersion na historia que nos toca de preto. E dicir, na batalla de Lepanto, onde todos botamos de menos non ter un exemplar do Qixote para homenaxear a don Miguel. Tinamos, pola contra, duas edicions da Odisea de Homero que nos repartimos para emborracharmonos coa cultura local-universal.
Foi, durante todo este tempo, un paseo triunfal. O mar estaba tan calmo como que, as veces, atopou Ulises cando regresba a sua illa para librar a Penelope das acometidas amorosas dos itaquenos. Iso si, antes de chegarmos a Vathi, capital da illa, coa noite mediterranea caida sobre os nosos corpos, xa empezamos a comprobar como e o "escuro ponto".
E aqui andamos. Hoxe sudamos a camisa subindo pola estrada de Filantro na busca do Drosia, un restaurante moi recomendado pola Lonely Planet. Magoa d camkinata porque agora so abre pola noite, e tivemos que voltar a vila para finalmente reparar o estomago no primeiro garito que topamos. Como diria un portugues, "tudo bem". Mesmo "benissimo", diria eu por ir aprendendo o idioma do proximo pais.
Vathi e un lugar marabilloso, esplendido. Esta nunha bahia que se enchede veleiros e de iates que desaparecen pola mana e volven a entrar na vila cando empeza porse o sol. Se por min fose, faria comoa Lord Byron que veu aqui hai moito tempo e deixou escrito que dexexaba queimar todos os seus libros se iso lle servise para ficar aqui.
Seguiremos mana os pasos de Ulises polo mar, daremoslle unha volta a illa de Itaca, antes de emprender a travesia polo mar Xonico rumbo a Calabria. Na medida do posibel -isto e, se hai posibilidades de transmision- volverei a estar en contacto cos meus queridos lectores, aos que lles pido que desculpen a ortografia obrigada polos teclados gregos. Antes de despedirme, so unha notina. A unica cousa que boto de menos son os vinos galegos e, en xeneral, espanois, Nista materias que lles ganamos aos gregos por goleada. Ata agora ainda bebemos bo Mencia que cosecha o meu adorador de Baco de Ourense, pero os quince litros que traiamos xa se esgotaron. Habera que agardar a que pasemos por Trapani para volver a homenaxear as nosas gorxas.
12 comentarios:
Concentrate to the things that could give information to the people.
It could widen my imagination towards the things that you are posting.
Baw ah, kasagad sa imo maghimo blog. Nalingaw gd ko basa.
Benvido, meu amigo...!!!!
(Benvido a esta súa casa, quero dicir, porque vexo que a xeografía aínda nos separa un tanto...)
Saúdos a Calipso.
Os meus parabéns, desfruta!
Pois moi mal.
A conto de qué ides veranear fóra da Galiza?
E estades bastante feos os dous "Neptunos".
use a "nh" Ulises xa que non ha ñ. Os lusistas seguro que o agradecen...e coidado: achégase vostede a Scilla e Caribdis
Ola Perfecto, Nito, Jobó, e Carlos. Coidado cos tiburóns pero os de terra. Cando cheguedes a Palermo o Perfecto me dixo que ía tomar unha botella de viño a miña saúde, que sexa dese viño branco de Sicilia que é moi bo.Se os fai falla un remolcador en calquera intre contade que estaremos ao momento con vos, soamente tendes que agardar uns seis días.
Voa singradura.
Aproveitando a vosa ausencia o Capitán Ugarte aproveitou para zarpar cara o País de Nunca Xamais.
Erguede un vaso ou dous por él...e por mín...
Ola, amigos!
VOS ESTADES NAVEGANDO NO MAR MEDITERRANEO.
TEDES BOA VIDA, VERDADE,
UN SAUDO, TAKE ASAKA
Ola, amigos!
VOS ESTADES NAVEGANDO NO MAR MEDITERRANEO.
TEDES BOA VIDA, VERDADE,
UN SAUDO, TAKE ASAKA
Publicar un comentario