miércoles, noviembre 26, 2008
Edelmiro
Se eu fose Anxo Quintana segura-
mente dimitiría do cargo de vicepresi-
dente da Xunta nada máis ler o artigo que hoxe publica Xosé Carlos Caneiro en La Voz de Galicia. Ou polo menos caeríame a cara de vergonza. Debería dicir despois de ler a segunda parte da estremecedora denuncia que fai o escritor de Verín sobre o caso de Edelmiro, un paisano que cobra 500 euros de pensión e que tivo que internar a súa muller nunha residencia na que lle cobraban 1.200 cada mes. O vicepresidente da igualdade que non existe e que, polo tanto, debería chamarse desigualdade, prometeulle unha axuda que nunca lle chegou. Agora a Edelmiro xa non lle fai falta, pola sinxela razón de que lle morreu a muller e non ten que seguir pagando a imposíbel fatura da residencia.
Di Caneiro que a Edelmiro “Quintana sempre lle pareceu un bo tipo ata hai algúns meses, cando se percatou de que pagar 1.200 euros cunha pensión de 500 é moi complicado”, e engade que “estas cousas, que son as que lle pasan á xente da rúa, non lles importan aos grandes políticos. As súas cifras son outras e os seus xestos, cando se sentan na poltrona do poder, tamén. Quintana, que é dos que repetiron toda a súa vida e con constancia a palabra xustiza, leva tempo preocupándose moito das grandes cifras e moi pouco polas pequenas. Moito polos abrazos en masa, e pouco polos abrazos íntimos, que son os que duran toda a vida”.
Caneiro, se soubera algo de dialecto siciliano, podería mellorar quizais esta última expresión botando man dun proverbio que utilizan moito os labregos da illa dos mafiosos, que di que Amicu cu tutti, confidenti cu nuddu (Amigo de todos, confianza con ninguén). Algo disto lle está empezando a pasar ao líder do BNG. Abrazos por aló, sorrisiñas por acolá, e pouco ou nada por acó. Calquera día os curas han ter que facerlle a súa bolla de componenda, que en latín se dicía taxa cancelleriae et poenitentiariae romanae, e descúlpenme que hoxe me sinta algo siciliano, pero é que acabo de volver de Buenos Aires e alí hainos a patadas, polo menos de ascendencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
Volve vostede da capital arxentina, seguramente que ben cheo de comer bifes de chorizo, e ponse a despotricar contra o vicepresidente da Xunta. Resúltalle que o bo viño de Mendoza que bebeu por alá anegoulle o cerebro até o punto de que agora non sabe distinguir o touciño da velocidade.
Hai que ser ben demagogo, e isto tamén vale para Caneiro, cando se apoveita un caso particular de discutíbel desatención social con tal de botar abaixo a primeira política real e progresista de igualdade que se aplica en Galiza. Quizais a Caneiro e a vostede lles gustaría que volvese gobernarnos o PP, pero poden ir esquecéndose. Agora, máis que nunca, nunca máis.
Arrecoño! Xa saiu o dos tópicos. Refírome a este Aqueloutro.
Após o DON im/PERFECTO (2)
__________________________
Por aquí, por alí, por acolá...Os tópicos xermolan en máis tópicos mesmo cando se lle pón á mala uva música de protesta.
A un home viaxado coma o articulista (e ao desta Voz mentada, que non lle quero ler este fraco argumento) o rigor non lles sobra.
Postos a solventar as degrazas do mundo, o mellor sería deixalo todo igual; porque o poder acáelles mellor aos de sempre. Eles - que van oa seu - nunca nos decepcionan.
E con estas, a frauta e o tambor.
Saúde e saúdos.
Baixo, moi baixo Caneiro, e demasiado precipitado e inocente a súa crítica, prezado Perfecto.
Podo compartir algunhas opinións súas acerca da acción do BNG no goberno ou do labor de xestión do Vicepresidente.
Pero facer bandeira dun caso particular, por humanamente triste que este sexa, paréceme simplemente rastreiro.
De Caneiro agardo calquera cousa. De Vostede non.
Parou a pensar en que se non hai paga é porque non chegan os cartos, e que se os cartos non chegan é porque o Goberno do Estado non os solta, porque ZP fixo coa Lei da Dependencia un brinde ao sol? É só un dato. Hai outros. E outras corresponsabilidades, en todo caso.
Retorne cando antes, que eses aires parece que non son tan bos como lle din.
Non vou ser eu quen saia en defensa de Perfecto Conde que, home viaxado ou sen viaxar, ben sei que ha saber defenderse el soliño. Pero quero responderlle a Calidonia que "facer bandeira dun caso particular" non é rastreiro nin nada que se lle pareza. ¿Que pasa, que a Calidonia non lle importan os casos particulares "por humanamente tristes que estes sexan"? ¿É Calidonia un deses que pensan que os dereitos non lles pertencen ás persoas senón aos pobos, ás institucións e esas zarandainas?
O caso de Edelmiro, de ser coma el o conta, debería facerlle ferver a cara de vergonza a calquera responsable político que administre a igualdade estando minimamente en contra da desigualdade.
Di Calidonia que había que pararse a pensar en que non chegan os cartos e que, se non chegan, é porque o Goberno do Estado non os solta. Cartos haber hainos. O que pasa é que se gastan en "merendiñas", coches blindados, viaxes a Arxentina e a Cuba, cidades da cultura e outros menesteres que non son precisamente os que solventan a igualdade. ¿Cal é a diferencia entre o salario mensual de Edelmiro e o de Quintana, por exemplo? ¿Non sudecerá que o 500 euros que nos custa Edelmiro aos contribuíntes é o equivalente ao gasta o vicepresidente de Igualdade en pagar libros, revistas e xornais que só le el?
Pensar en todo isto podería axudar a solventar as desgrazas do mundo, e non facéndose o longuis como parece facerse Rioderrareiro.
Saúdiños a todos.
Hildegart.
Até o da cidade da cultura e o das merendiñas podía entender e partillar a súa argumentación. Aí comezou Vostede a amosar a súa verdadeira inquedanza á par que obxectivo.
Saúde
Pois non entendo porque me entende todo menos o das merendiñas e o da Cidade da Cultura. ¿Ou é que acaso é diferente a política dos gobernantes actuais (PSOE+BNG) á que aplicaron os do PP no desaforo inconmensurable do Gaiás? E no caso das merendiñas, ¿non son as de Quintana igualiñas ás que facía Fraga cos vellos?
No se pase de listo, Calidonia. Eu non mostro ningunha "inquedanza á par que obxectivo" (que ben traduce vostede directamente do castelán). Se lle molesta ler sobre o que pasa, desculpe, pero a verdade é a verdadea dígaa Agamenón ou o que que cuida os vacuriños.
Saúdos de novo, e non se poña mal dos nervos que logo sube a tensión e hai que ir ao médico.
Moitos están fartos da demagoxia do quintana que xa parece do PP, e rabean cando o escoitan falar de polítuca de benestar cando agardan polas axudas ou polas residencias, ou pola aplicación real da lei de dependencia, pero quintana sí alá está el a bailar pasodobres, co superpiñeiro e os seus amigotes. gobeno do progreso... persoal
Moitos están fartos da demagoxia do quintana que xa parece do PP, e rabean cando o escoitan falar de polítuca de benestar cando agardan polas axudas ou polas residencias, ou pola aplicación real da lei de dependencia, pero quintana sí alá está el a bailar pasodobres, co superpiñeiro e os seus amigotes. gobeno do progreso... persoal
Bos días a todos.
Pois a min, a verdade, tamén me interesan moito os casos particulares.
Neste caso, e non nos poñamos máis espesos do necesario, pola súa significación...
(E iso tamén é aplicable aos políticos, naturalmente. Como dicía o pobre Pessoa, tan citado en van, hásenos recordar por un xesto.)
o que non interesa é Xosé Carlos Caneiro
Pois eu acho que, neste artículo, Don Perfecto da probas concluintes do seu compromiso co rigor informativo e coa ética e honestidade profisonais propios dun periodista de altura, coma él o é, regalandonos un retrato de Don Anxo Quintana tan axustado a realidade, tanto, coma o propio retrato fotográfico do aludido co que ilustra ésta súa,literalmente precisa e literariaramente preciosa, comunicación.
DenosiñaFlip
Resulta evidente que hoxe todos os políticos (e Quintana non é ningunha excepción) teñen unha irrefreable tendencia a vender o becerro antes de cebalo. As súas promesas xeran grandes espectativas que, moitas veces, rematan en frustración dos cidadáns. O obxectivo é non perder comba, é estar no candeleiro, nos medios, polo motivo que sexa. Esa sobreexposición mediática leva a que falen sen parar, a que fagan promesas que logo non van ser capaces de cumprir, a estar todo o día dalle que dalle (que algún novo votante poderei convencer). A política convértese, en non poucas ocasións, en simulacro, nunha feira a ver quen vende máis e mellor, aínda que só sexa aire. Pero non é tanto que os políticos sexan uns vendedores de fume, que o son, senón tamén que non lles queda outro remedio que facer o que fan se non queren quedar fóra de xogo. É unha necesidade sistémica da que ninguén se pode arredar. De aí que postos a falar moitos sexan uns botados palante. O resultado é un divorcio cada vez máis grande entre os políticos e os cidadáns, que non vén cumpridas as súas necesidades reais e concretas.
Eu, co permiso de don Perfecto Conde e dos que non están de acordo co comentario que fai do señor vicepresidente, voume permitir corrixir e, por suposto, mellorar, o tal proverbio siciliano: "Amigo de ninguén, confianza en todos, vellos e novos, para que me voten." Non o saberei eu. O que pasa é hai moita xente que ten unha confianza cega na "clase política" (igual que na "clase financieira", eses gurús que tan ben governan o mundo e reparten a riqueza entre os pobres, como podemos ver) e que non quere ver o que ten diante, porque é mais cómodo mirar para outra parte. Deixamos que nos poñan a etiqueta de nacionalistas, progresistas e non sei que mais, e a vivir, que son dous días. E os parvos e as parvas a encher as urnas de votos para o/a mozo/a mais xeitosoA do baile. Veña, a votar aos nosos, que son os mellores e toda unha garantía "nacional" e social para os intereses dos mais desfavorecidos. Como os de ERC, outros que tal bailan. Canta mentira e papanatismo. Manda carallo cos nosos.
Após o DON im/PERFECTO (3)
__________________________
Hoxe, Don im/Perfecto, o éxito só cabe celebralo con viño de Mendoza. E logo - para rematar a faena -, se lle com/praz, morrer, que non é obrigado .
Do PP e do PSOE eu xa ben pouco agardaba. Do BNG agardaba moito máis.
Aínda que os políticos (coma Quintana) teiman en utilizar os medios de comunicación e a publicidade institucional para vender o seu produto, é cada vez máis evidente que a xente do común desconfía deles.
Precisariamos de políticos realistas, que nos contasen o que está a pasar sen silencios ou medias verdades. Con honestidade. Mesmo dicíndonos cousas que non nos gustaría oír. Sen medo a desgustar a "opinión pública" e correr o risco de perder votos nun primeiro momento.
Gustaríame que eses políticos fosen galegos e que non dependesen para o seu nomeamento de Madrid (como é o caso de Feijoo e Touriño). Nos os vexo por ningures. Galicia non está a desenvolver os sectores produtivos nos que aínda poderiamos facer cousas.
Con tantas outras veces, sempre concordante co manual do perfeto progre, a persoa que osa criticar aos progresistas que gobernan en Galiza debe receber os paos archi-coñecidos consistentes en ser acusado de traballar para a dereita.
Importa menos se o señor Quintana actúa como se dun cacique se tratara, importa menos se deseña e leva adiente unha política sectaria e valeira, importa cada vez menos se antes defendía o dereito de autodeterminación e hoxe limita-se a recoller escritas con sinaturas ao pe solicitando a construción dunha discoteca para a terceira idade que non teña... escaleiras (isto é certo, aconteceu en Pontevedra.O da discoteca, non o da autodeterminación).
Triste destino no universal o do nacionalismo galego.
lendo o artigo de Caneiro, teño varias dúbidas. O sr tiña unha pensión de 500 euros e a residencia da muller valía 1200. A muller non cobraba nengunha pensión, axuda? Non había unha residencia máis económica(a cantos galegos lle gustaría cobrar 1200)?
A muller morreu na residencia dos 1200 euros, ou morreu fora por non poder pagala?, porque é case o que dá a entender Caneiro. Que por culpa de Quintana non está viva...
Se isto non é demagoxia...
Podo deixar un lío de faldas? a ver se o publica o autor deste blog
Publicar un comentario