Nunha terra tan pródiga en homenaxes de circunstancia, se hai alguén que mereza unha de verdade, ese é Xosé González, Pepiño de Teis, que é como lle chamamos os amigos dende os tempos da longa noite de pedra. Poucos traballaron tanto e tan ben coma el a prol da normalización da lingua galega. A súa constante e eficaz axitación levada cabo no terreo da administración pública, sobre todo, xa é digna de que lle vaian facendo algunha tese universitaria. Sen Pepiño de Teis hai moitas cousas que non serían igual en Galicia.
O día 13 recibirá merecidamente o Premio San Martiño nun acto que terá lugar ás 19,30 horas no Teatro Principal. Despois o homenaxeado reunirase cos amigos nunha cea a que non poderei asistir por seguir aínda en Buenos Aires. Parabéns, Pepiño.
5 comentarios:
Por el pasou unha parte moi sobranceira da historia (oculta) do próximo pasado de Galiza. Xosé González foi cociñeiro antes que frade.
¡Parabéns!
Xa era hora de que a Xosé González se lle recoñecese publicamente o que leva feito por Galicia. A súa laboura, o seu compromiso e o seu ben facer fanno merecente deste premio e de moitos máis.
Noraboa e adiante.
Pepiño foi o chefe da UPG ata que Paco e Suevos o defenestraron, non é?
Pero Pepiño non purgou a Deus e a súa nai cando estaba na UPG?
Terá moitos valores este home... pero se lle van todos os que receberon o seu mazo estalinista enchen o local.
Si, el tamén foi a hostia en verso cando mandaba na UPG e andaba con pipa (e non de fumar).
Publicar un comentario