martes, septiembre 01, 2009

En Navia, igual quéimase todo

Abondou que La Voz de Galicia publicase un gran titular, a catro columnas, dicindo que “se fan o parque, igual quéimase todo” para que en Navia de Suarna empezase a arder o monte 24 horas máis tarde. Esta vez o xornal de Santigo Rey foi polo menos premonitorio. Na edición do luns, asinada por J. Casanova, apareceu unha información na que se dicía o seguinte: “La frase del titular no es una expresión aislada. Es más bien una amenaza nada sutil que surge en cuanto se escarba un poco en las opiniones de los vecinos, de los más locuaces al menos. En cualquier caso, es una frase coherente con lo que cualquier visitante puede apreciar en una excursión por la zona, trufada de pintadas y pancartas contra el parque”.
O xornalista puxo a citada ameaza na boca dun anónimo que non é profesional do campo e que ten 45 anos, que se pronunciou da seguinte maneira: “O que é moi triste é que non poidas coller unha presa de leña ao lado da túa casa e que teñan que vir marcarte (sic) as árbores. ¿Onde se viu iso? Igual quéimase todo”.
Non serei eu quen faga agora a relación causa-efecto entre o que apareceu publicado en La Voz de Galicia e as actividades que prenderon o lume de Navia de Suarna, pero non vou ocultar que me sorprende que nun xornal tan aparentemente serio se dea pábulo de forma anónima a unha ameaza tan preocupante como é a de queimar o monte, sexa polo que sexa, que xa sei que nos Ancares hai quen anda adoecido polo proxecto de declarar oficialmente parque natural esta interesantísima zona de Galicia.
Xa teñen Feijóo e o seu conselleiro do ramo algo no que lucirse. Investigar ata o fondo de todas as consecuencias que pasou en Navia de Suarna. De non facelo, sentariase un mal precedente e, se cadra, a partir de agora, os que non lles gusta como vai a res publica volverían a botar man da caixa de mistos.

4 comentarios:

Ventoempopa dijo...

Non será esta a movilización da sociedade civil que anda buscando o patrón de La Voz de Galicia?

Anónimo dijo...

Enhorabuena por tu blog, te invito a que te pases por el directorio web/blog www.cincolinks.com podrás promocionar tu web, con tu ficha y tus votaciones y valoraciones, con un método de intercambio de visitas llamado 5links! con el que tu blog será visitado tanto como visites a los demas y que harán que tu blog se de a conocer por toda la red. Pásate ;)

Creo que tu blog encajará perfectamente en la comunidad, y el foro estará encantado de recibirte.

Saludos, espero verte por www.cincolinks.com.

Atodavela dijo...

Segundo La Voz (e moitos outros) a resposta de sociedade civil queimando o bosque en contra dun Parque Natural é resistencia popular (sen inductores mediáticos!). Seguro que se fose pola defensa do monte(queimando eucaliptos nun Parque Natural, por exemplo), lles chamaban terroristas.

un amigo do ilg dijo...

Igual SE QUEIMA todo, Perfecto. Non lle fagas caso ao Casanova, Perfecto, que igual que techea moi malamente, non coloca un pronome ben nin pa dios cando lle toca faguer "bilingüísmo harmónico"... Polo demais, noraboa polos Croques.