domingo, agosto 30, 2009

As tronadas de don Santiago


Moito me mosquea a min o artigo que publica hoxe o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, sobre a voz da rúa que para el é calle, off course. Este home empeñouse en ser o gurú da sociedade galega e non perde comba. A última vez foi para apoiar o cambio de réxime na Xunta. ¿Qué se propón agora? ¿Quererá extender a súa influenza a Madrid?
De entrada, hai que recoñecerlle que leva razón en moitas das cousas que di e constatar que a súa peza xornalística está tan ben composta que habería que sospeitar que participaron máis mans cas súas na confección da mesma. É evidente que Santiago Rey quere ser o Émile Zola da Galicia dos nosos días, pero o que non se sabe é quen é o seu coronel Picquart nin por onde anda o espía Esterhazy. Por outra parte, que La Voz de Galicia poda equipararse aos L’Aurore e Le Figaro da época de Alfred Dreyfus está por verse, e o obxectivo do editor coruñés tampouco é asimiláble ao que representou o famoso capitán francés que foi xulgado en Rennes.
Iso si, paga a pena ler o artigo. Seguramente algunhas das cousas que Rey non lles deixa dicir aos seus articulistas, nin moito menos aos seus xornalistas, publícaas el porque lle peta ou porque lle convén. Entre outras cousas, sostén que “la gente habla, y mucho, de los gastos superfluos de la Administración, agudizados en España por la escasa responsabilidad contable de 17 administraciones autonómicas, que parecen incapaces de cooperar con lealtad y coordinación. En las colas de los parados gallegos resulta imposible entender que unos ayuntamientos que se declaran al borde de la quiebra dilapiden su dinero en festejos de verano en plena crisis”. O que non nos di é se as cuantiosas partidas que recibe a súa empresa das arcas públicas poden entrar ou non neses gastos superfluos ou na dilapidación municipal que él denuncia.
Santiago Rey pilloulle manía á Cidade da Cultura, contra a que volve cargar sen compasión, pero garda algo máis que silencio cómplice, ou se cadra verdadeira connivencia, respecto á tamén polémica construcción do novo porto da Coruña. Aquí é onde lle falla o sistema para ser un verdadeiro Zola galego. Outra manía súa segue estando moi claro que son os nacionalistas e concretamente Anxo Quintana, contra o que arrea sen citalo polo seu nome.
Claro que o que máis me sorprende é a súa autoafiliación ao “mellor galeguismo” (logo para el tamén hai o pior e, se cadra, o mediano), co que di que traballou man a man para que Galicia vise recoñecidos os seus dereitos. Ainda vai resultar que Santiago Rey é outro dos que se queren apoderar de Castelao, de Otero Predayo, de Risco, de Bóveda, de Losada Diéguez e de tantos outros. Parece un deporte que está de moda.
E, por último, toda unha frase para a hemeroteca tráxica: "Por eso vuelvo a reiterar que si queremos evitar una tragedia debe reaparecer la sociedad civil y se debe fraguar una acción concertada que sume los esfuerzos de todos". Hai anos, tal diserto só podía aparecer no desaparecido El Imparcial, firmado por Pérez Varela, e todos andariamos preguntándonos a que cuarteis e a que xenerais ía dirixido. Don Santiago, están moi ben algunhas cousas que conta no seu artigo, pero, home, non queira vostede acaudillarnos e, sobre todo, non invoque tanto as tronadas.

35 comentarios:

Hildegart Canido dijo...

Hai que ver! Agora resulta que Santiago Rey frecuenta a cola do paro.

Chousa da Alcandra dijo...

Ter unha tribuna na que sermonear cada domingo a unha parroquia -máis ou menos fiel- é o que ten. Non che farán caso, pero escoitar escóitante.

Caralladas dijo...

E digo eu... por qué vos empeñades en darlle aínda máis audiencia a este paiaso?? Se non falamos del e das súas megalomanías nacionalcatólicas, remataríamos antes.

Perfecto Conde dijo...

Dirixido A Caralladas:
Equivócase vostede en dúas cousas. Primeiro, en insultar chamándolle o que lle chama a quen non o insultou a vostede. E segundo, en pensar que hai que silenciar a quen e o que a vostede non lle gusta. Iso non é debate senón simplemente o que vostede indica no alcume: caralladas. Gustariame que a súa intervención fose máis intelectualmente sostíbel. Para intercambio de insultos xa hai outros foros.

Hildegart Canido dijo...

Boísimo o do López. O malo vai ser cando "el país" teña que falar de La Voz de Galicia.

Zola dijo...

A de hoxe é unha columna obscena, vergoñenta, un insulto á intelixencia.

Touceda dijo...

Que columna? A do egrexio coruñés ou a de Perfecto Conde?

Anónimo dijo...

O señorito este da Coruña non debería mostrarse tan bragado. Non vaia acontecer que alguén se poña a facer unha tese doctoral sobre o comportamento do seu xornal (e, por tanto del) ao longo dos anos. Claro que o autor da tese, ademais de emigrar para presentala nalgún lado, tería que quedarse alí toda a súa vida. Aquí non llo perdonarían el nin os intereses que representa e aos que pertenece.

Hendrix dijo...

Que mais quixera ser Santiago Rey que un pallaso, e quen lle dera, sería mais feliz e mais beneficioso para o pais, a xente quereríao e non lle faría a pelota por diante e o poría a parir por detrás, non habería sempre conspiracións ao seu arredor e reiríase de si mesmo en vez de cair nunha lamentabel egolatría napoleónica, e non temería os idus de marzo, nin os de abril.

Santiago Rey é un dos males de Galicia, algo moi triste, que non fai rir, canto mellor estaría de pallaso!

Anónimo dijo...

Non hai que darlle moitas voltas ao asunto. Quere máis cartos.
Pregúntelle a Touriño ou a seu equipo de asesores como funcina o tema.

Hendrix dijo...

O peor é facerlle o xogo dándolle mais publicidade a un individuo tan danino para Galicia, eu pola miña parte corto e non penso falar mais del mentres non se adique ao humor.

Ferrol dijo...

Perfecto:Esquecíchesche da Planta de Gas de Ferrol onde La Voz fixo o máis infame e esperpéntico papel dun medio de comunicación negándose a todo debate da poboación sobre esta peligrosísima instalación. A Voz perdeu na zona e por esta causa, centos de lectores. Dise que a man de D. Santiago estivo neste asunto. Os jornalistas da Delegación de Ferrol gozaron facéndolle as grazas a este cabaleiro. Isto é o máis detestable.

Ruggiero dijo...

Ata agora nunca tomei en serio os que preconizan boicotear o xornal de Santiago Rey, eses do Boicoz, pero empezo a pensar que hai que considerar as súas propostas. Este Berlusconi de silveira xa está chegando demasiado lonxe. Definitivamente, eu vou comprar "El País" e que lle dean á Coz.

Xan Dacó dijo...

Lamentable o artigo de Xosé Luis Barreiro lambéndolle o cú ao seu editor. Unha mostra máis de como anda certa intelinxencia galega.

andresrguez dijo...

O artigo ten algunhas cousas boas e certa caña (moi pequena) pero certa caña contra Frijolito, aínda que o certo é que debería de deixar as tronadas para o asilo, que xa vai por 71 anos.


Sen embargo, noutros xornalistas; os da última páxina, onte estaban resentidos con Feijóo, polo tema de facer nada contra a crise, etc... Parece que unha vez cobraron a subvención, ¿agora toca comezar a darlles caña?

Anónimo dijo...

Boas tardes,
hai tempo que deixei de mercar ese "periódico de la prensa libre" e un pouco menos de leelo.
As opinións editorias de ese "señor galleguista" só poden estar motivadas por necesitar mais cartos, pareceralle pouco o millón de euros que recibiu da Xunta, este defensor do libre mercado e a concorrencia competitiva....

Anónimo dijo...

Pois esta claro BOICOZ!
Por outra parte hai que ver no que caiu o galeguismo cando elementos como Feijoo e o Mesmo Santiao se din galeguistas.

Anónimo dijo...

Como póde ter forza moral e credibilidade para falar de despilfarro alguén que recibe do goberno un millón de euros ( sumados a todos os que recibiu antes) e utiliza toda súa influencia e capacidade de presión para conquerilo ano tras ano?
Os periodistas que visitan esta casa pensan que non hai outra prensa posible máis que a subvencionada polo poder?

Anónimo dijo...

"La voz de la calle.. Juan Flórez"?..

Anónimo dijo...

paiaso? ... non da a talla. É un felón que so lle interesa a súa carteira. Nunca atacará ós que lla enchen.

Antón dijo...

Que si, que é un felón, un desgraciado, un cabrón e todos os improperios que queirades, pero con ese millón habería que ver a cantas familias lles dá de comer (maís que o resto de xornais xuntos, e con moita diferencia).

Pero bueno, aquí, coma sempre, o fácil é falar mal da Voz e dicir que o bloque perdeu as eleccións pola súa culpa. Claro que os chiringuitos feitos polo BNG e todo iso durante tres anos e pico, non tiveron nada que ver na derrota. Claro que cambiarlle o nome e todo o que conleva ao SERGAS tampouco influíu, e etcétera etcétera. Hai que deixar de mirar para fóra, e mirar para dentro, que falta fai. E senón a caída seguirá, por desgracia.

Zola dijo...

Touceda, por favor, a columna obscena é a de Rey... os escritos de Perfecto Conde son máis sensuais, non son vulgares.

Héctor Sánchez dijo...

As cousas non son blanco ou negro e menos as cousas de política, economía,medios de comunicación...
Quen lea La Voz todos os días, puido ver que nas últimas semanas, pouco a pouco, ían aparecendo cada vez comentarios máis críticos -contra a Xunta de Feijoo- de diversos xornalistas do periódico. O domingo o seu editor saca ese escrito e na última páxina, un Subdirector fai unha crítica dura.
Por qué?
Dende logo que un cambio tal, non é por un só motivo. Ten que haber moitos motivos e moi poderosos.
Para qué?
Non o sei.
Eu leo La Voz todos os días -e Xornal de Galicia, e o País....- e lémbrome perfectamente de cando empezou a brutal campaña da Voz contra o Bloque -foi cando saleu Xornal de Galicia, que o fixeron en gran parte para apoiar a vía quintanista do Bloque- igual que agora apoian a liña de +BNG.
Eu son afiliado do Bloque, e nalgunhas xuntanzas houbo afiliados que comentamos que un erro brutal de Quintana foi o de que saira un xornal para apoialo, 4 meses antes das eleccións. Iso, tal como funciona esta sociedade, implicaba un "ataque" a un poderoso poder fáctico. Qué pensaban?. Que ese poderoso poder fáctico non ía reaccionar apoiando máis fortemente aos que son os seus amigos políticos e económicos?
Outra cousa é a valoración que nos mereza a atitude da Voz e o seu patrón. Que Santiago Rey a estas alturas quera presentarse como a voz da rúa é demasiado. Ou o de criticar unhas cousas e oculte as que lle interesa...., pero sería un erro despachar unha realidade tan importante dunha maneira simplista. No fondo das cousas debe estar ocorrendo algo moi serio e convén estar atentos, para saber o que pasa da verdade e se queremos intervir na acción pública -con comentarios coma os deste blog, por exemplo- intervir con coñecemento de causa e así interviremos mellor.
Saúdos
Héctor

Loureiro dijo...

Señor Perfecto COnde: Chámame a atención a min tamén a súa defensa de Santiago Rey. Evidentemente que alguén lle chame "paiaso" pode ser censurábel, pero que vostede o defenda dicindo que "non insulte a quen non o insultou a vostede" é unha falacia: Santiago Rey leva anos insultando á sociedade galega. Mexando por riba dela.

Non sei porqué o defende vostede, a verdade. Non vexo en vostede unha liña moi crítica e, se cadra, si unha certa admiración polo uso desvergoñado do poder mediático. ¿Reminiscencias da súa estancia en Interviú, señor Conde? ¿Admira vostede a Santiago Rey, señor Conde? ¿Ou está a lle facer as beiras para convertese en articulista de La Voz?

Loureiro dijo...

Por certo, señor Héctor Sánchez: non me creo que sexa vostede militante do BNG. En caso de selo, sería vostede un deses militantes inútiles que tanto dano lle fixeron ao nacinalismo neste bipartito: "as cousas non son nin brancas nin negras", di vostede.
Equivócase: la voz é negra. Totalmente negra. NUNCA, NUNCA, NUNCA se lle pode perdoar as que leva feito, polo menos non seu unha petición de perdón pública e clara.

Se Perfecto Conde quere pasar á historia do xornalismo galego, agora que non ten nada que perder, que faga unha investigación en profundidade das mentiras de La Voz. Pode ir moi lonxe, ata a fichaxe de Amancio e máis alá. NUNCA LA VOZ defendeu os intereses da Coruña, nin de Galicia. So defende os intereses do seu amo e dos amighiños do seu amo.

E non saber distinguir o branco e o negro neste caso resúltame curioso: ¿é vostede de verdade militante do BNG? (O único que está a ocurrir é que a difusión de La Voz comeza a ter problemas. Se se quere vostede facer afiliado case lla regalan. O seu descrédito é grande, e con comentarios como o seu o único que consegue é que poida recuperalo. Ten tres alternativas, señor Sánchez. deixar de ser parvo, deixar de defender La VOz ou deixar de ser militante do BNG. Xa moito mal teñen feito militantes aparvados do BNG como para aturar un máis.)

Saúdos.

Anónimo dijo...

Vale.
Fica claro que os males todos de Galiza teñen como última causa La Coz de Galicia.
Vale.
O BNG, que está cheo de anxos e de espíritus puros, que non erra nen muda de opinión, ten que atopar un causante da súa derrota eleitoral, e, quén mellor que o xornal de don Santiago.
Feble BNG debe ser ese.
Os demos familiares e de Nazón son os noso demos, porén non nós comprendan, non, son os demos cos que hai que contruirmos País... ou queremos un País como o que vende (pouco) o "Xornal", inspirado polo BNG, ou o seminario, perdón, semanario patriótico-ladrllero de "A Nosa Terra"?
Eis, así sería moito máis doado construir Nazón, sen opinións contrarias, sen pontos de vista diferentes.

Vaia coa imaxe de don Santiago entre os nacionatas.
De ser propietario dunha empresa que, cando ía mal (agora non anda tan ben, pero bon), era un motivo de preocupación para certos sectores nacionalistas (lembran cándo "La Coz" estaba en oferta e o Grupo Zeta quería tricar por un moderado prezo?), que temían que o País (pronuncien País como se beberan un cubata) perdera un medio de comunicación non sei ben se galego ou de Galiza, que tristemente podía pasar a mans "alleas", ou sexa, españolas.
Ai, este nacionalismo cativo e ruín que temos non erguerá a cabeza (se a ten) polo camiño que leva.
E menos con ese boicote calado a "La Coz de Galicia" que vai pregoando polas ruelas.

Por certo, interesante artigo de Alfredo Conde onte en "El Aporreo Gallego".

Anónimo dijo...

Desde logo non son os nacionalistas os únicos que len xornais neste país, pero sí é verdade que entre eles hai moita xente que os le, incluso varias cabeceiras. Na miña opinión co libelo de Rey non hai máis que un camiño: non mercalo, non lelo, non falar del. Eu é o que fago. Creo que outra moita xente tamén. Igual o notan, igual non. Pero nós, cando menos, quedamos máis satisfeitos, co deber cumprido de ser consumidores responsables e non mercar a quen te insulta, que menos? Hai vida fora das súas páxinas, sexamos consecuentes.

Loureiro dijo...

Eu non dixen que La Coz sexa a orixe de todo mal en Galicia. Tal afirmación corresponde a alguén que pretende ridiculizar as críticas a La Voz.

Non: eu non digo que sexa a orixe de todos os males, so digo que é UN DOS MALES que asolan a nosa terra.

E, se lese un pouco a miña crítica, vería que poño de volta e media á militancia consentidora do BNG.

Claro que... ¿para que ler todo, se o único que importa é que alguén ouse criticar a La Voz, que como todo o mundo sabe está enriba do ben e do mal? (E menos mal que non fun acusado de non respectar a libertade de prensa, que é a seguinte falacia que sacarán para defender a ese adefesio)

Anónimo dijo...

Pode que La Voz de Galicia non sexa a orixe de todo o mal de Galiza pero os medios de comunicación propiedade de Berlusconi si son a orixe de todos os males de Italia e fíxense que ali, primeiro foi o control dos medios e despois o control do poder político.
A min preocúpame que semellante persoaxe (Santiago Rey) lle cobre aos gobernos galegos o seu "imposto revolucionario" (sen contar a publicación do DOG que se mantén en papel somentes porque a súa edición representa un bon negocio para el) e ademais, agora pretende ser portavoz de sectores descontentos da opinión pública e liderar a movilización da sociedade civil.
Non cheira todo esto un pouco mal?
Realmente é ese o papel que lle corresponde ao editor dun xornal nunha sociedade democrática?

Loureiro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Supoño que pronto se saberá cal é o negocio en disputa que motiva este novo artigo de Santiago Rey. Quen coñeza un pouco a este home e á empresa que dirixe sabe como funcionan aí as cousas. Se Rey Fernández etc. lle manda a Feijó eses recados non é porque lle importe moito que o faga ben ou mal, senón porque hai algún negocio en litixio. Será algo coa TVG, ou co Xacobeo, ou algunha concesión millonaria... Non sei o que é, pero algo de pasta é.
E de paso, o home este intenta congraciarse con esa parte do electorado de esquerdas que se tomou en serio o BOICOZ, entre os cales me atopo. Dá en ferro.
A liturxia é a de sempre: Rey escribe a súa perorata megalómana e ao día seguinte Barreiro Rivas faille a eséxese (por chamarlle educadamente) como se o artigo o escribise Platón, Kant ou Einstein. Supoño que un día destes aparecerá tamén o exercicio peloteril correspondente a cargo de Blanco Valdés.
E así vai o país.

Anónimo dijo...

-srl é un prepotente indecente que nos quere tomar o pelo.
-xa fai tempo que non leo, merco, accedo as páxinas (dixital/papel) da voz... redistribuo o meu pouco tempo entre outros xornais... non perdo ren e por iso iste debete para min é un tanto marciano.
- Cómo se pode decir que srl di "cousas interesantes" ...dígame unha sola frase que sexa de interese. A non ser que o seu interés veña do continente e non do contido (como decía o macluhan... o medio é a mensaxe)
-A voz interésalle máis estar que vender... o seu "negocio" vai en mater "influencias" e a certa escala non lle vai tan mal: está en todo-los concellos, bares, bibliotecas, centros sociais... maiormente con diñeiros públicos.

Balonga dijo...

Non mesturamos allos con bugallos.Até 1910 Galiza tiña máis poboación ca Cataluña. Hoxe Galiza ten 2,7 millóns e Cataluña 7,5 millóns, ou sexa o 36%. Madrid era una pobo coma Pinto ou Valdemoro cando Felipe II levou eili a Corte no ano 1561. No censo de 1530 tiña 4.060 habitantes . Hoxe ten 6 millóns de persoas, máis do duplo ca Galiza. Un Pais que medra en poboación é un Pais que vai ben. No comezo do século XIX tiñamos o 15 % da poboación de España,no comezo do século XX, eramos o 10 % e hoxe somos o 5,6 %. Una Pais coma nós, que perde poboación sen parar, é un Pais que non vai. Canta máis emigración menos Pais. E nos gobernos xa estiveron de quenda uns centralistas e os outros, e nós a recuar.Non lle dixeron nos ultramarinos quen mandou sempre, Don Santiago,por que o cala, vostede ao seu enriquecemento, coma sempre.

É mester darmos unha oportunidade coma galegos.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,

Samuel dijo...

Olá, gostaria de te convidar para participar de uma rede de conteúdo para blogueiros.

Chama Ocasional, se você tiver interessa veja como funciona a rede aqui em www.ocasional.com.br/howto.aspx ou então pode enviar um email no smatosjr@gmail.com

Abs,
Samuel