jueves, noviembre 19, 2009

De aforrar, nada de nada

Unha cousa foi facer demagoxia cos Audi de Touriño (que aínda eran máis de Fraga e, polo tanto, do propio Feijóo) e outra ben distinta é demostrar que se está por apretar o cinto en época de vacas fracas. A operación dos coches blindados, lonxe de representar aforros substanciais para a economía pública, significou novos gastos innecesarios. O novo presidente fixo que se comprasen outros coches, agora dunha marca francesa en vez de alemá, e os vellos apodrecen nas garaxes da Xunta ou foron vendidos por catro perras chicas.
Paralelamente, por terceira vez en mes e medio, o grupo parlamentario do PP bloqueou a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular, promovida pola CIG e avalada por máis de 19.000 firmas, para que se suprimise o plus de complemento salarial que lles foi aprobado aos altos cargos da Xunta, no ano 2007, para premiar os funcionarios que durante un mínimo de dous anos desempeñen postos electos ou de confianza na Administración.
Foi esta unha tan desgrazada como rechamante herencia que deixou o goberno de Touriño da man do seu conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, e que agora queren correxir, sobre todo, os nacionalistas pero tamén algún socialista. Unha medida que resultou no seu día arrogantemente impopular e que agora, co agravamento da crise económica e social, case parece un insulto público lanzado pola Administración galega aos contribuíntes. En todo isto e non mediante a demagoxia dos Audis, é onde Feijóo demostra que de aforrar cartos que son de todos, nada de nada.

PD: Queren ver como lambe cús un ex ministro socialista despois de beber unha botella enteira de grappa e comer un enorme plato de spaghettis bolognese moi cargados de cebola? Lean o artigo que publica hoxe César Antonio Molina, en La Voz de Galicia, sobre o inefábel Paco Vázquez.

26 comentarios:

Balonga dijo...

Don Perfecto, obrigado polo que di e pola xoia do artigo de Molina (Antonio cantaba moi ben), mais este canta de carallo!

Anónimo dijo...

Don Perfecto, vostede fixo non hai moito un panexírico de Molina. Desengánese,este é o Molina máis auténtico; non houbo exceso de grapa nin de cebola.

Amalfitano dijo...

En cambio eu non recoñezo a CAM neste artigo. (Tampouco a Santiago Casares Quiroga: ¡quen lle dera a Paco Vázquez semellarse a tan alto exponente de republicaneidade!) CAM non estaba inspirado, e foíselle a grappa por outro lado. Pero se de algo peca o bo de CAM é de ser pouco palanganeiro (por iso tivo de liscar do Ministerio). Á parte de que escribe mellor, pero que moito mellor que o que denota tan infumable panexírico.

Hildegart Canido dijo...

A CAM pásalle o que lle pasa por beber grappa. Se bebese beaujaulais, que estamos no tempo, sería outra cousa. Será posible que este paisano aínda siga pensando que pode ser alcalde da Coruña?

Luisfoz dijo...

Triste o de César António Molina, a verdade não esperava isso dele; "coisas veredes..."

Anónimo dijo...

Luís, en francés queda mellor...

Anónimo dijo...

Tamén eu quero lembrar un dos momentos máis sobranceiros do do gran coruñes e gran galego que é Paco Vázquez: O corte de mangas na tribuna de Riazor adicado a Vigo e acompañado de sarna para todos.

Milingo dijo...

Perfeutiño, se queres participantes no blog, xa sabes, saca a pasear de cando en vez a César Antonio Molina. E é que neste país cainita a elegancia (intelectual e humana) sigue pagando peaxe.

Anónimo dijo...

E... ten razón, Milingo. Haille moito Caín, Caín-eu-mesmo, por exemplo, ou Caín-Molina.

Herculina dijo...

Amalfitano, igual vostede non sabe que se Casares Quiroga ten rúa coruñesa é porque Francisco Vázquez así o quixo. Con dous collóns.

Anónimo dijo...

Dous collóns que se levan moi mal e non se falan: Un é guerrista e profundamente republicano (sector descamisados), o outro e Sir, filo opus e promotor da bandeira española monárquica máis grande do mundo (quesefoicoventoecasenosmataotodos)

Herculina dijo...

Sexamos positivos e quedemos co collón da esquerda,o descamisado, ¿nonsi?

Xosé M. González dijo...

Non pode ser, miña señora: se así, a cousa quedaría en medio polvo. Desculpe a procacidade, que lle aseguro puramente metafórica e sometendo o meu nome a pública reprensión.

Xosé M. González dijo...

De ben nacidos é ser agradecidos. Os amigos coñécense nos momentos, e pouca cousa menos obxectable haberá ca alegrarse polo éxito dos amigos. Así e todo,

...perseverancia, madurez, constancia, firmeza, gravedad, agradecimiento, cortesía, gracia, benignidad, afabilidad, mansedumbre, paz, misericordia, caridad, clemencia, honor, gloria, felicidad, liberalidad, magnificencia, nobleza, victoria, valor, orden, magnanimidad, buena fortuna, consejo, vigilancia, sabiduría, providencia, templanza, justicia, fortaleza, prudencia y autoridad..

Ostras.

Ermelinda dijo...

Señor González, meu home é ciclán e nunca me faltou un polvo enteiro (e non lle estou falando de cefalópodos, claro).

Xosé M. González dijo...

Os meus respectos (en plural) para vde. E en singular, enfático, para o seu home.

O home da Hermelina dijo...

Que non lle conte historias, da metade a metade

arume dos piñeiros dijo...

A erudición de CAM. Son sete virtudes maiores coas súas catro correspondentes. En total deben sair unhas 35 virtudes. Creo. Aquí hai aínda algunha máis.
Seica o virrei promoveu a pintura de tales frescos para deixar constancia das virtudes dun bó gobernante (repetidas nos variados tratados políticos da época). E non sei (creo que non) se sería daquela Virrei de Nápoles o Conde de Lemos, de fausta memoria por alá. De ser así, a referencia en apariencia erudita convirtiríase nun tácito parangón entre o eximio gobernante de Monforte e o non menos da Coruña.

arume dos piñeiros dijo...

De todas maneiras para ser inefábel ("que non se pode explicar con palabras"), moitas palabras se empregan para definilo.
Será ao mellor por iso. Como as mesmas experiencias místicas.

Anónimo dijo...

E o señor CAM non estaría de cachondeo?

Anónimo dijo...

Si, de cachondeo coma Fernández Latorre, Núñez Feijóo e todos –incluído o descorbatado do BNG– os que asistiron á mascarada de distinguir como gran defensor do ben común a quen desprezou toda a vida o idioma e a cultura galegos. Un acto de vergonza e de ignominia dificilmente superable.

Amalfitano dijo...

CAM é un home íntegro, capaz de pararlle os pés a Rosa Regás, Moratinos ou ao cine español en pé de guerra. Ese artigo ten a mesma retranca que Cervantes (rúa en Nápoles) adicaba aos seus amos. Pero é que, ademais, Paco Vázquez é un miñaxoia ao lado de César, o que fai máis absurdo todo.

Generoso dijo...

O tipo que se fai pasar por mín é un pavero. Eu son o verdadeiro home da Ermelinda e non consinto brincadeiras coas miñas carencias. As mesmas de Armstrong e aí teñen o ben que facía o múiño, na bici e coa Shirley Crowe. Así que a calar, que hai moitas envexas.

Generoso

Xosé M. González dijo...

Arume, estas cousas que vde. trae a distintos medios case eximen a un de viaxar. Vexa ben a burrada que digo, pero é que tales fotos abraian e fan dubidar da mellora en presenza, sobre todo tendo en conta o murcho esplendor que me fornecera máis dunha visita artística e italiana.

Sobre o resto: virrei de Castro ou rei Magnánimo aínda que sexa, en parangón co residente entre Roma e non sei se aínda Gandarío? Ostras de novo, ou, máis ben, ostrás.

Anónimo dijo...

Premer

O Quirindaino da Ermelina dijo...

Non se faga o fuertote, Generoso, a Ermelinda tenme suficientemente informado das súas eivas e do choio do molinillo non sei si sabe pero funcionaba con viagra.