jueves, noviembre 26, 2009

A dignidade de Cataluña



A práctica totalidade dos xornais que se editan en Cataluña, e unha parte moi significativa das emisoras de radio, publican hoxe un editorial titulado La dignidad de Catalunya no que se pide ao Tribunal Constitucional que respecte o novo Estatut por ser froito dun dobre pacto político estabrecido entre o Parlament de Catralunya e as Cortes Xerais do Estado, que foi sancionado polos electores. Publican esta importantísima declaración de principios unha ducia de xornais: La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Avui, El Punt, Segre, Diari de Tarragona, La Mañana, Diari de Girona, Regió 7, El Nou 9, Diari de Sabadell e Diari de Terrasa. Adheríronse ao seu contido as emisoras RAC1, Catalunya Ràdio e COM Ràdio.
Mediante esta iniciativa, que pode calificarse de inédita na historia da prensa catalana e española, segundo salienta hoxe La Vanguardia, os medios de comunicación que sustentan o editorial expoñen a inquietude de amplos sectores da sociedade fronte á posibilidade dunha sentencia do Tribunal Constitucional de carácter fortemente restritivo. “A expetación é alta e a inquietude non é escasa ante a evidencia de que o Tribunal Constitucional fose apuxado polos acontecementos a actuar como unha cuarta cámara, confrontada co Parlament de Catalunya, coas Cortes Xerais e coa vontade cidadá libremente expresada nas urnas”, proclama o editorial conxunto que aparece na prensa catalá de hoxe.
En termos moi críticos, pero respectuosos, o manifesto lembra que só seis dos doce membros do Constitucional se atopan fóra de percance ou de prórroga do seu mandato (catro deles agotárono e están á espera de seren substituídos, un foi recusado e otro faleceu). En termos moi contundentes, o editorial ditamina que “hai quen volve soñar con cirurxías de ferro que cernan de raíz a complexidade española”.
Para os responsábeis dos doce xornais que publican o editorial pola dignidade de Cataluña, “hai motivos serios para a preocupación, xa que podería estar madurando unha manobra para transformar a sentencia sobre o Estatut nun verdadeiro cerramento institucional”. Para rematar, lanzan dous avisos moi claros: “Que ninguén erre o diagnóstico, non estamos diante dunha sociedade débil, postrada e disposta a asistir impasíbel ao menoscabo da súa dignidade” ; “Se fose necesario, a solidariedade catalá volverá articular a lexítima resposta dunha sociedade responsábel”.
Confeso que observo con envexa, admiración e enorme respecto a actitude valente, responsábel e progresista dos medios de comunicación cataláns que acaban de dar unha histórica mostra da súa propia dignidade defendendo a dignidade do seu país. Por desgraza, en Galicia as cousas non transcorren do mesmo xeito.

25 comentarios:

Touceda dijo...

En serio, agora si que hai que ir pensando en boicotear a prensa estranxeira que hai en Galicia (dende La Voz a Faro, pasando por todos os demais) para ver se pechan dunha vez e veñen os cataláns facernos os xornais que precisamos e merecemos.

Touceda dijo...

En serio, agora si que hai que ir pensando en boicotear a prensa estranxeira que hai en Galicia (dende La Voz a Faro, pasando por todos os demais) para ver se pechan dunha vez e veñen os cataláns facernos os xornais que precisamos e merecemos.

arume dos piñeiros dijo...

Pois os do faro son cataláns.

Hildegart Canido dijo...

Arume: Hai que viaxar máis –ou mellor– por Internet. Os dos Faro teñen de cataláns o que teño eu de monegasca. Francisco Javier Moll de Miguel, o seu patrón, é aragonés.

Touceda dijo...

Arume, se che parece ben, segue lendo ti o Faro e La Voz de Galicia. Eu, por de pronto, pásome a La Vanguardia e a El Periódico. E non me paso a Avui porque non sei abondo catalán. Xa non me vale nin El País, que ficou atrapado nas súas propias contradiccións cando houbo que defender a dignidade de Cataluña.
Mentres tanto, que lles dean a Faro, a La Voz, ao Correo, a La Región e a El Progreso -o resto non paga a pena citalos– e que disfruten do fondo de cobras de Feijóo.

Anónimo dijo...

Iso é impensable nesta Galicia. É unha utopía irrealizable.
Nin con bipartitos de progreso nin cos privatizadores do PP.
Hai conciencia en todo, marinos do Alakrana:os bascos negáronse a vir no avión das forza armadas, falaron o que sentiron. Marinos galegos:viñeron nese avión e falaron en consonancia do disco raiado oficial. Todo un expectáculo. Somos así que lle imos facer.
Iso o comprovei nos meus anos navegando, barco que estiven con bascos o único galego era eu, os mellores amigos e con moito respecto. barco con cantidade de galegos, eu metido no camarote, problemas a mangallo, ironías e invidias que remataban en liortas, era un caos. Que temos dentro de nós, somos como gando e pasamos de todo en especial de ser galegos.
Este país de Galicia xamais terá solución.

Carqueixa dijo...

Home, Touceda a "La Región" deixema en paz. Sabe, é o único xornal que se principia a ler pola parte datrás; o motivo é que as esquelas están nas ultimas follas.
Xa sabe, os que pasamos dos 50 temos que ir pensando en asistir aos enterros dos outros para que veñan ao noso.
Ademais, cómo carallos nos iamos enterar da axenda social de Baltar "El Joven", alias "O Baltarín", se non existise "La Región".

Xaime dijo...

Saltarse a lixeira e pór en entredito a sentenza do Tribunal Constitucional sobor do Recurso contra do Estatut, para mín, pon a toda esa xente fora da Lei. É a miña opinión, o que non quita que nesta cuestión teña criticado publicamente ao T.C.

Anónimo dijo...

Penso que al leises teñen que estar o servizo da xente e non o revés. Neste momento o TC está o servizo de certa xente que pouco ou nada teñen que ver con Cataluña.

Segafredo dijo...

Non se pon entredito ningunha sentenza, entre outras cousas, porque aínda non hai tal sentenza. O que fai a prensa de Catalunya é por en cuestión a composición actual dun tribunal que ten as carecterísticas que ten, e erguer a voz a prol da dignidade dunha nación, Catalunya, á que se deben eses xornais que, no caso catalán, si que son dun tempo e dun país.
E non se alarme tanto porque alguén puidese porse fóra da lei, que aínda non é o caso. Fóra da lei tiveron que porse moitos no franquismo e, grazas a eles, vostede pode opinar na democracia na que opina.

Anónimo dijo...

Non me lembro ben pero coido que os votos afirmativos do novo estatuto foron pouco mais do 35 %¨"Todos" os periódicos de Cataluña dicindo o mesmo? De "opiniones reinantes" sexan as que sexan eu estou farto... e por certo: a lei e a lei por moitos parlamentos que voten o que lles pete. O que hai que facer é separar de verdade o poder xudicial do político e que os políicos, todos, deixen de meter a zoca onde non deben.

Anónimo dijo...

E o que hai que facer é recoñecer dunha vez o dereito de autoderterminación. Os cataláns teñen dereito a organizarse como queiran e cando queiran sen que nos seus asuntos se teña que meter ninguén de fóra. Non é de recibo que as iniciativas do parlamento de Cataluña refrendadas pola poboación non sexan integramente respetadas.
Os escoceses están tentando organizar un referendum pola independencia. Se consiguen os apoios suficientes dos partidos escoceses, levarano a cabo. A ninguén en UK se lle ocorre limitar ese dereito democrático.

Xaquín dijo...

Empecei co Reino de Aragón (Condado Barcelona) e rematei cos escoceses pedindo outro WW. Non sei se ficar vendo Braveheart ou voltar ó de Galicia pegadiño ó de León... Ás veces os comentarios ándanlle un pouco liados...(será cousa galega?).
E pensar que Britannia ven de Bretaña.:-(

Anónimo dijo...

Sr. Xaquín:
Explíquese. No se lle entende nada.

arume dos piñeiros dijo...

1. Hildegart Canido: ignoro todo sobre a súa orixe monegasca, pero convirá conmigo en que o feito de non ser catalán o dono do xornal non impide que a empresa poida ser catalana por ser de orixe catalana a meirande parte do seu capital. En internet fun incapaz de saber onde ten a súa razón social Prensa Ibérica, o grupo ao que pertence o Faro de Vigo. Sei que editan a revista Magazine en Barcelona, que teñen rotativas en Barcelona, que teñen algunha editorial tamén en Barcelona, que controlan dous diarios cataláns e algún mallorquín e outros moitos xornais entre os que destacan La opinión de Granada e, por suposto, La nueva España. Se alguén ten o dato relevante (non a orixe maña do dono), sería interesante que o trouxera aquí.
2. Amigo Touceda, vostede pode ler o que queira, que eu farei o que considere máis oportuno (e ler a Voz e o Faro entra nesa categoría), pero conviría que desenvolvera a súa escrita con menos aspereza. Polo ben da cordialidade característica deste foro.

detective crepuscular dijo...

Pois eu hoxe no traballo boteille unha ollada a La Vanguardia (lin a entrevista con Paul Auster e algunha cousa mais), El Periódico, o Avui (que hoxe é o día que mais me interesa polo suplemento de literatura e que, non esquezamos, ademais da "dignidade" vive das subvencións, que senón non sei como lle iría) e El País (do que fixen o sudoku). A El Público, que tamén chega ao traballo, hoxe non lle vin o pelo e quedou sen a ollada pertinente. Logo acabei comprando El País, polo QUADERN de libros, hoxe dedicado a L´ALTRE CARLES RIBA, e onde ven un artigo de Jordi Llovet (EL RIBA DE JOSEP PLA), que sempre paga a pena ler, e unha crítica de Jordi Gràcia do libro SEDUCTORS, IL.LUSTRATS I VISIONARIS. SIS PERSONATGES EN TEMPS ADVERSOS, de Josep Maria Castellet, que haberá que comprar custe o que custe (22 €). Os que non leo nunca, aínda que mos regalen e me insistan que algúns deles teñen uns estupendos suplementos de libros (pois que os teñan), son El Mundo, ABC, etc. Sigo cos demais días da semana ou xa estades fartos? Vale, pois déixoo para outro día. Iso si, mañá tocaralle entre outros ao Faro, polo artigo de Ferrín. Home non. E o domingo que non falte El País, sobretodo pola páxina onde ven o sudoku difícil e pola outra onde ven o Ken Ken (demasiado fácil), o sudoku killer e aquel outros dos sudokus cruzados, que sempre teñen a sua cousa e fica un mui satisfeito despois da heroicidade de rematalos. Un é un sudokista profesional e ten moita "dignidade" numérica e alí onde haxa un xogo destes que se quiten os propietarios. O sábado que non falten El País, o Faro e El Público, polo libro que dan por 1 €. Que conste que este menda, supoño que como todos, lé aquilo que mais lle presta ou convén dos periódicos que compra. Eu a politiquería e as editoriais como que non. Bona nit a tothom.

arume dos piñeiros dijo...

Moitas gracias polo aviso do libro de Castellet. Tomamos nota.

Anónimo dijo...

O novo estatut nace da vontade popular. De que outro xeito, se non? É unha obviedade. O TC é o encargado de xulgar se unha lei nacida da vontade popular se axusta á constitución ou non. É outra obviedade. Por todo isto considero que o que pasa en Catalunya é normal, non hai que alporizarse, amigos.
Que os tipos que están no TC non son favorables aos intereses de Montilla e compañía? Hai que joderse, que diría ao outro. Se o foran habíanse queixar? Non, claro. Pois iso.
O TC está a ser presionado por forzas estrañas que non queren a Catalunya? Logo o do editorial conxunto que é? Unha manifestación expontánea xurdida da vontade do pobo catalán? Comungar con rodas de muiño pode facer moito dano ao estómago. E á cabeza.
E digo eu: se o TC dá a sorpresa e vota a favor da constitucionalidade do novo estatut... valerá ou non valerá? Porque segundo ese editorial, a metade dos membros ou están mortos ou vendidos. Habería que ver, logo.
A min paréceme que os políticos cataláns están a facer o mesmo que os entrenadores malos: queixarse do árbitro antes de que empece o partido.
Outro anónimo

Anónimo dijo...

Teñen hoxe os cataláns posibilidade de exercer en plenitude os seus dereitos democráticos? só en teoría, na práctica o estado español imponlles un teito de cristal que impide que teñan a última palabra no tocante a definir as súas institucións, o xeito de organizarse e as relación co resto do estado.
Esta forma restrictiva e limitada de concebir a democracia non se poderá manter moito tempo. Se as forzas políticas e cívicas catalanas queren ir máis alá, irán, que ninguén se engane. En esencia a democracia é cumprir a vontade popular. Se ésta é crara e manifesta terá que prevalecer.
A dereita política e mediática española entraron nunha espiral peligrosa de odio a Cataluña. Eso non frenará o proceso pero fará as posicións irreconciliables. O que queira ter un adianto, que se dea un paseo por Bélxica.

Ensimesmado dijo...

Intelixente reflexión a que nos fai o último anónimo: que se dean un paseo por Bélxica. Ou polos Estados Unidos. E que aprendan dunha vez. Mentres que iso non suceda, seguiremos rañando na vella cántiga do españolismo que só nos leva ao pasado. É dicir, ao infuturo.

Anónimo dijo...

Quizais o futuro sexa voltar ao pasado, ao pasado primixenio.
http://mondeguinho.com/master/visual-experimentations/visualizing-empires

Anónimo dijo...

O anónimo das 18,30 ten razón. Hai que facer en Cataluña un referendum pola independencia...Mais, non creo que se a lei o permitira, se atrevera o tripartito a facelo. Hai que loitar por unha lei que permita estes plebiscitos. En Galicia por suposto tamén habería que facelo...Non teño dúbida ningunha do resultado...e vostede, tampouco...

Anónimo dijo...

E nós, sen Estatuto de Nazón...

Xaime dijo...

Parto da idea de que asumo que non sei cando pero Catalunya será un país independente.
Pero hoxe para que esto non sexa a selva teremos que observala Lei e o que iso supón, acatalas sentenzas, as maiorías e os resultados electorais.
Hoxe, estando a mil kilómetros daquela terra, se se sometera a referendo a independencia, iñoro o resultado, pero a historia nos ensina que as proclamacións de soberanía adoitan ser por feitos consumados e non precisamente polas furnas.
Por que non pensan que todo este movimento é pola próxima cita electoral, e o posible relevo no Goberno.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.