martes, noviembre 17, 2009

Racismo lingüístico

Á cada vez máis encertada polémica polo idioma só lle faltaba algo como que un desaprensivo xuíz de Alcorcón (Madrid) se puxese a facer de sociolingüista dicindo que a lingua de Alfonso X O Sabio e de Castelao –e agora miña e dos que me están lendo, ou sexa, nosa– “non é útil”. Que un xuíz se poña a dicir trapalladas é grave en calquera caso, pero que esas trapalladas versen sobre materia de educación infantil ou xuvenil e sobre a utilidade dos idiomas pode resultar, ademais, grotesco.
Segundo acaba de facer público o deputado nacionalista Bieito Lobeira, portavoz parlamentario do BNG, un auto da citada autoridade xudicial mesetaria “négalle” a unha muller divorciada que se traslade a Vigo, coas súas dúas fillas, que estiveron escolarizadas nun colexio privado de Alcorcón, porque agora irán a centros públicos nos que se imparten asignaturas en galego. O xuíz sociolingüista non se para en barras e sostén que, fóra de Galicia, o galego “non se apreza que teña ningunha outra utilidade práctica”.
Bieito Lobeira calificou este caso de “racismo lingüístico” que “non se pode admitir” e anunciou que o BNG proponse levalo ás institucións internacionais. Para que se siga dicindo que a Xustiza é cega. Neste caso, o que fai é ir ás apalpadas.

15 comentarios:

Ramiro Cartelle dijo...

Verbo deste tema estarei atento aos columnistas de La Voz e o Faro, sen ironía teño gañas de ler a algún.

Anónimo dijo...

Desde logo, sexa xuiz, sexa catedrático, sexa o que sexa, o tipo está mal da chota.
Mais o deputado autonómico Bieito Lobeira non é a persoa máis aquelada para falar de "racismo", toda vez que non ten impedimento ético formal pra berrar "Sí, sí, si, españois pra Madrid" que, como consigna, é bastante penosa, e, como sinal de identidade, a que mellor retrata a este noso poítico.
Por certo, señor director, qué pasaría se investigase a etapa cando o deputado Bieito Lobeira e o actual Ministro de Fomento, José Blanco, eran membros do Consello da Xuventude de Galicia, e tiveron que ir declarar a un xulgado sobre o estado comatoso de varias VISAs-OURO abertas en canal?
Dígame, señor director, qué pasaría?

Luisfoz dijo...

Ils sont fous ces Espagnols!! como diria Goscinny

Anónimo dijo...

Pra ó Anónimo das 9:17:
Pois pasaría que se o maxistrado que os xulgase fose Galán (o de Alcorcón) lles metería unha agravante por ser galegos.

Anónimo dijo...

Pra o anónimo de máis tarde:
Refire-se á consigna, ao lío pasado do Consello?
E se o xuiz, ese-outro-o-de-máis-aló-tiver que xulgar a un deputado que contrata "chicas" en Pontevedra para unha despedida de solteiro?
Necesitariamos un maxistrado de País?
E quá cabeza xurídica xulgaría a un deputado que chamou "española", en público, a unha afiliada de Marín do chollo ese nacionalista, por cometer o grande delicto de falar "en español"?

De verdade, sabemos ben de qué tipo de sectario estamos a tratar?
Por se non resultara claro: o xuiz ese debería estar xubilado e afastado da carreira, non acredito nun tipo que sentencia así con tamaños argumentario.
Pero no outro racista, pois tampouco.

Anónimo dijo...

Os galegos de ben nos gostaría saber o nome a apelidos do xuíz. Os medios falsos deste país nada din sobre isto.
Algúns xuices pensan que son o obligo do mundo, non teñen responsabilidade ningunha, ninguén lles pide contas ante un grande erro que poidan cometer.
Carallo, se eu como profesional cometo un erro grave vou a puta rúa, ou un avogado, piloto, capitán da mercante, mecánico, albanel ou mariñeiro a que che agarda.
Estes da xadicatura se meten a un reo con cadena de 20 anos e logo pasados 5 anos demóstrase que foi iñocente, este elemento nada lle pasa, segue igual de xuíz, e a facer falcatruadas outra vez e quizais lle den unha medalla. Están por riba do humano e máis do divino. Que país de merda.
O que as fai que as pague, como os demais mortais nas súas profesións.
Non é de extrañar que en este país a xustiza sexa a menos valorada.
Como dicía o alcalde de Xerez fai anos: "a xustiza é un cachondeo", por estas palabras pouco lle faltou por ir á cadea. Que lles den...........

Anónimo dijo...

Anónimo das nonseicanto, vde fai como as luras ou os malos equipos de fútbol: cando as cousas veñen mal dadas, soltamos tinta ou enlamamos o terreo de xogo.

Touceda dijo...

Bieito Lobeira será o que sexa, pero neste momento representa unha das voces máis críticas da política galega, demasiado entumecida por deputados e outros cargos que forman parte da procesión dos caladiños para chegaren a fin da lexislatura. O resto dos mortais só chegamos a fin de mes.
Farían falta máis coma el.

Anónimo dijo...

A xente de Madride non é como a outra.
Penso que teriamos que facer unha plegaria para que nos teñan apartados o máis lonxe posible desa xente.

Reimone dijo...

Tranquilidade a todos...
Seguramente o Sr. Feijoo e o Sr Rueda formaran unha "comisión de seguimento" para pedir "explicacións" o Consello do Poder Judicial" por esta sentenza que vai contra o "Bilinguismo Cordial" e porque os pais teñen "libertad para elegir", como decía o Sr. Rueda na mani de GB en Santiago...
pois menudo e o Presidente 009...ou non se lembran en Madrid de que apagaba lumes con mangueira de xardín e zapato "castellano"....

Anónimo dijo...

"Anónimo das nonseicanto, vde fai como as luras ou os malos equipos de fútbol: cando as cousas veñen mal dadas, soltamos tinta ou enlamamos o terreo de xogo".

Non, se está visto que sempre será así.
Repito: o xuiz está mal da chota.
Teimo: porén Bieito sexa do País, esa condición nacional non implica que sexa o que non é (voz crítica?, será voz que non traballou na súa vida e fixo da política un meio de ben viver) nen que a súa ideoloxía racista sexa mellor ou menos mala ca dun racista con toga de Madrid ou Burgos.
Esa é a diferenza entre o seu argumento e o meu: ou sexa, non fago como aquel presidente ianki que, cando se refería a un mandatario centroamericano que tiña en nómina o imperio, dicía: "Vale, será un..., pero é o noso... ".

Xosé M. González dijo...

Tres (que considero) evidencias:

Primeira, españois para Madrid resulta consigna -por certo que en bastante desuso- de ámbito e intención político-institucional, seguramente proferida nalgún momento por diversas persoas con coñecidos, amigos e eventualmente mesmo familiares madrileños ou españois.

Segunda, español como insulto -non sei se moito máis vixente ca o anterior- leva o mesmo camiño, aínda que por veces medie tamén un importante desafecto cultural. Na súa intención infamatoria está lonxe de resultar amigable, pero de aí a racista vai un treito que leva tempo andar.

Terceiro, o motivo deste fío seica non era Bieito Lobeira, político certamente combativo e que na súa énfase non descoñece a hipérbole.

De todo o cal se infire (sigo sendo declaradamente subxectivo) o axeitadísima que para o caso resulta a metáfora da lura e maila súa tinta. Se lles deixas, lévante ata o mutis ou a luz de gas aínda dándoche a razón. Ou, igual, por iso mesmo.

E non é persoal.

Anónimo dijo...

Vale.
Estará en desuso a consigna:
Por motivos puramente tácticos.
A ver se non cómo pactamos cos españois o apoio á Ministra de Fomento española, unha tal Magdalena, e os orzamentos españois...

Ser español, (cultural ou de nazón), onde manda Bieito, ou sexa, en Marín e na Península do Morrazo (Lobeira tiña que ter nado aí, precisamente), seguramente será unha eiva disculpábel, pero asegura que, aquí, non se pilla.
Pregunte-lle á empresaria marinense (española e afiliada ao BNG) que tivo que escoitar os insultos do deputado de Nazón, en público, tras un mitin da formación nacionalista galega.

Vale, outravolta.
O asunto non era Bieito Lobeira, político certamente combativo que declarou na Universidade da Coruña, en público, que tivo que elexir entre ser preso por insubmiso ao exército español (él declarou tamén que iso da insubmisión, no canto de dispor dun exército galego, era un conto a non ter moito en conta, coma en Cuba, darling), e se converter en deputado de Nazón: fica claro qué elexíu, sempre a prol da Nazón.

Non, claro, o asunto non era ese, eran as declaracións ou a sentencia dun xuíz de Alcorcón (non foi aí onde o Real Madrid perdeu a galaxia? E, teimo, o xuiz está mal da chota (esta afirmación é un delicto), cualificada polo noso director como "racista".
E, sí, pero de racistas culturais e políticos teño abondo na Galiza, un dos primeiros, o noso combativo Bieito Lobeira.
Entre o xuíz e o deputado, poucas diferenzas racistas atopo.
E a ver se es máis claro, que de galegadas neboentas estamos cheos, sendo "declaradamente subxectivo".

Xosé M. González dijo...

'Declaradamente subxectivo' quere dicir que eu opino o que me parece, sen pretensión de verdade absoluta; engadirei que o digo como teño a ben. Sobre o resto, recollo con gusto o termo galegada, por certo non sorprendente -vindo de quen vén, aínda que non use nome- con ese valor costumista e despreciativo que non compartirei.

E xa que o tema orixinal do fío seica non suscita máis debate, para min morreu. É decisión subxectiva.

Anónimo dijo...

Valor costumista e despreciativo?
Vostede, ai, non repasa as súas escritas. Menos mal que están aí.

E, xa sabe vostede, que ameazar con velo con sacar a pasear os nomes dos anónimos é algo 'declaradamente subxectivo', pero dun pésimo gosto, que, xunto ás disculpas que se atopan para os racistas de País, tampouco poden sorprender de persoas coma vostede.